O Consello da Cultura Galega ofrece o acceso en liña a unha cumprida cantidade de información arquivística. Para facilitar a recuperación de maneira máis eficiente expóñense a continuación unha serie de indicacións e informacións prácticas que poden resultar de utilidade. Esta aplicación utiliza o software de xestión de arquivos AtoM que inclúe un potente motor de busca.
Recomendación: usa sempre a barra dereita para desprazarte pola páxina...pode haber datos que escapen á vista na túa pantalla.
- PODES BUSCAR EN TODO O REPOSITORIO
O cadro de busca situado no centro da pantalla é a maneira máis rápida de acceder á información.
Imaxe1
Busca simple
O sistema buscará os termos ou frases que utilices nas fichas descritivas dos documentos. Aínda que estean dixitalizados, non buscará no seu contido. O nivel de detalle das fichas descritivas varía, polo que en ocasións deberás recorrer a varias estratexias de busca para localizar a documentación máis axeitada aos teus intereses.
Aconsellamos escribir palabras sen preposicións nin artigos, incluso sen acentos, na orde que consideres conveniente. Preme “Intro” e os resultados da busca aparecerán. Verás que ao escribir neste cadro, AtoM amosa suxestións de rexistros de fondos, documentos, nomes, lugares ou materias (exemplo: centros galegos) que che poden axudar:
Imaxe2
Se desexas que a busca sexa o máis exacta posible á frase que utilizas, usa comiñas. Exemplo: "centro de estudos galegos".
Á esquerda, verás unha columna (Filtrar resultados por) con máis información para concretar máis a túa busca limitando os resultados por fondos e/ou coleccións, persoas ou entidades creadoras, materias etc.
Busca avanzada
Se desexas realizar dende o primeiro momento unha busca máis complexa, tes a opción de facelo a través Busca Avanzada. Preme no mesmo cadro da busca simple para elixir esta opción:
Imaxe3
Aparecerá un menú no que podes combinar varios termos de busca, usando os operadores booleanos E/ OU / NON, nos campos que che interese.
Imaxe4
Tamén ofrece máis filtros nos que podes limitar a busca a un fondo ou colección concreta, recuperar só os rexistros que teñan asociados o documento dixital ou non, seleccionar un nivel de descrición concreto, ou ben centrar a busca nun período cronolóxico.
Para filtrar por un intervalo de datas usa os calendarios que aparecen cando premes en "Inicio" / "Final" ou escribe a data completa ou o ano. Ademais, tes a opción de facer esta busca aínda máis específica cos botóns "Exacto" ou "Superposto". Hai máis información sobre os filtros de datas aquí, na páxina web de AtoM.
Imaxe5
Navegación por puntos de acceso: Persoas e entidades/ Materias/ lugares
Preme nunha destas tres seccións que se atopan debaixo do cadro de busca e atoparás unha lista de descritores. Explorándoas poden darche unha idea do tipo de documentos que hai nos fondos.
Navegación por Obxectos Dixitais
A navegación por obxectos dixitais amosarache un mosaico de miniaturas dos documentos (imaxe / texto) dixitalizados. Ao premer en cada un deles accederás ao rexistro completo coa súa correspondente descrición e o documento dixitalizado.
Imaxe_OD
Hipervínculos (palabras, frases, imaxes en miniatura)
Calquera elemento resaltado en cor ou con man hiperligada abrirá novas posibilidades para buscar e ampliar a información.
Volver ao Inicio
Se nun momento dado desexas volver á páxina de inicio podes facelo no menú superior premendo no logo do CCG .
Imaxe6
Tamén podes facelo dende o botón Imaxe7
Portapapeis
Se queres gardar as descricións dos documentos, fotos ou información dos ficheiros que atopaches, usa a función clip: selecciona as descricións que che interesen e que teñan unha imaxe dun clip á dereita. Cando un rexistro está seleccionado o clip aparece en azul. Imaxe8
Os elementos seleccionados gardaranse no Portapapeis. Podes ver o reconto no menú superior da pantalla.
Imaxe 9
Ao pechar a sesión do ordenador elimínase esta lista, polo que che recomendamos imprimila ou o gardala en PDF. A vantaxe de gardar os resultados en PDF é que se conservarán as ligazóns e poderás acceder a eles directamente, sen repetir a consulta en AtoM. Tamén podes exportalos en formato CSV ou XML.
Ao gardar unha lista no portapapeis, o programa asígnalle un número de ID. Anota este número por se antes de gardala en PDF queres recuperala no futuro e fusionala con novos resultados (lembra que deixará de funcionar cando peches a sesión no ordenador). Para facelo tes que seleccionar a opción do menú “Cargar portapapeis”, introducir o número ID que anotaches previamente e elixir se queres fusionar os resultados das dúas listas (gardada e actual).
- PODES ACCEDER DIRECTAMENTE A UN FONDO OU COLECCIÓN
No inicio, podes acceder directamente a algúns fondos e coleccións concretas.
Imaxe10
Dende ese espazo, podes navegar xerarquicamente pola árbore de descricións, ou ben utilizar o cadro de busca na parte superior, a través da busca simple ou busca avanzada.
Imaxe11