Aviso legal sobre propiedade intelectual dos fondos documentais
1. Titularidade e natureza dos fondos
O arquivo xestionado polo Consello da Cultura Galega conserva e xestiona fondos documentais procedentes de doazóns, cesións, depósitos ou outras formas de incorporación de arquivos privados ou institucionais, coa finalidade de garantir a súa conservación, organización, difusión cultural e acceso para fins de investigación e estudo.
A titularidade dos dereitos de propiedade intelectual sobre os documentos, obras ou materiais que integran estes fondos pode corresponder aos seus autores, aos seus herdeiros ou a terceiros titulares de dereitos, salvo nos casos en que estes dereitos fosen cedidos expresamente o Consello da Cultura Galega ou cando as obras se atopen en dominio público.
2. Marco xurídico aplicable
Os documentos, obras, fotografías, manuscritos, publicacións, gravacións ou calquera outro material conservado no arquivo están protexidos pola normativa vixente en materia de propiedade intelectual, en particular pola Real Decreto Lexislativo 1/1996.
Así mesmo, o tratamento dos datos persoais que poidan figurar nos documentos ou materiais rexerase polo Regulamento Xeral de Protección de Datos e pola Lei Orgánica 3/2018.
Cando proceda, tamén resultará de aplicación a normativa sobre patrimonio cultural e arquivos públicos, incluída a Lei 5/2016 do patrimonio cultural de Galicia.
3. Acceso aos fondos documentais
O acceso aos fondos documentais do arquivo poderá realizarse con fins de:
- investigación
- estudo
- uso persoal ou académico
- actividades culturais ou científicas
O acceso poderá estar suxeito ás limitacións derivadas da normativa sobre propiedade intelectual, da protección de datos persoais, da conservación dos documentos ou das condicións establecidas polos doantes ou depositantes dos fondos.
4. Reprodución e reutilización dos documentos
A reprodución dos documentos conservados no arquivo poderá ser autorizada para fins de investigación, docencia ou estudo persoal, de acordo coas normas e procedementos establecidos pola institución.
Queda prohibida a reprodución, distribución, comunicación pública, transformación ou explotación dos documentos con fins comerciais ou para a súa publicación sen a autorización previa e expresa dos titulares dos dereitos correspondentes. Cando se trate de documentos cuxa autoría corresponda a terceiros ou procedan de arquivos ou coleccións de orixe privada, a reutilización pode estar condicionada por avisos específicos ou limitada ao uso privado, quedando prohibida a súa reprodución, distribución, comunicación pública ou transformación salvo autorización expresa do Consello da Cultura ou das persoas titulares dos dereitos.
A reprodución dos contidos do portal institucional poderá realizarse con fins non comerciais sempre que se cite a fonte e se respecte a integridade da información, salvo que se indique expresamente outra condición de uso.
A reutilización realízase baixo a exclusiva responsabilidade da persoa usuaria, que responderá fronte a terceiros polos danos que poidan derivarse, o Consello da Cultura Galega non será responsable do uso que fagan da información nin dos danos que poidan producirse directa ou indirectamente pola reutilización.
No caso de utilización de documentos do arquivo en publicacións, investigacións ou traballos académicos deberá indicarse expresamente a procedencia dos materiais mediante a seguinte referencia: Fonte: Consello da Cultura Galega_ Nome do arquivo_ fondo ou colección.
5. Responsabilidade das persoas usuarias
As persoas usuarias comprométense a facer un uso adecuado dos documentos consultados ou reproducidos e a respectar a normativa vixente en materia de propiedade intelectual e protección de datos. O uso dos contidos deberá respectar en todo momento os dereitos á honra, á intimidade persoal e familiar, á propia imaxe.
A institución non se fai responsable das posibles infraccións derivadas dun uso indebido dos documentos por parte das persoas usuarias.
6. Condicións de uso da información publicada no portal
A información e os contidos publicados neste portal teñen carácter informativo e cultural.
Os documentos e imaxes dispoñibles neste portal forman parte dos fondos documentais do Consello da Cultura Galega e están protexidos pola normativa de propiedade intelectual e demais lexislación vixente. Calquera persoa usuaria que acceda a este sitio acepta as condicións recollidas neste aviso legal.
Este portal e as presentes condicións réxense pola lexislación española. Para a resolución de conflitos que poidan xurdir en relación co acceso ou uso do portal, as partes sométense aos xulgados e tribunais competentes de conformidade coa normativa aplicable.