Mulleres de diferentes organizacións e independentes xúntanse para crear esta plataforma no outono de 1979. A finais da década de 1980, está formada unicamente por Mulleres Independentes.
VÍNCULOS CON OUTRAS ORGANIZACIÓNS
-
Integrada en: Coordinadora Feminista Galega, Coordinadora de Organizacións Feministas do Estado Español
-
Organizacións integrantes: Asociación Galega da Muller de Vigo, Asociación Democrática da Muller Galega, Movemento Democrático de Mulleres, Mulleres Independentes, Feministas Independentes Galegas.
-
Organizacións que apoian as súas actividades:
- Feminismo: Grupo de Estudos sobre a Condición da Muller Alecrín, Feministas Independentes Galegas, Movimiento Democrático da Muller, Mulheres Nacionalistas Galegas, Coordinadora Feminista Donicela
- Sindicalismo: Comisións Obreiras, Unión Xeral de Traballadores, Confederación Xeral de Traballadores Galegos, Sindicato Galego de Traballadores do Ensino, Intersindical Nacional dos Traballadores Galegos.
- Políticas: Bloque Nacionalista Galego, Partido Comunista de Galicia, Unión do Pobo Galego, Partido Socialista Galego-Esquerda Galega, Movimento Comunista Galego, Mocedade Galega Revolucionaria, Liga Comunista Revolucionaria, Unión Comunista, Partido Socialista do Traballo, Esquerda Galega, Assembleia do Pobo Unido, Fronte Popular Galega, Galiza Ceibe
- Xuvenis: Galiza Nova, Xoven Garda Revolucionaria.
- Outras: Asociación de Veciños Cristo da Vitoria, A Revolta.
Esta agrupación artística foi creada por emigrantes galegos residentes na capital arxentina. Reúnense para ensaiar e organizar actuacións de música popular galega.
En xullo 1939 destaca pola súa actuación no festival na homenaxe que a colectividade galega de Bos Aires lle fai a Rosalía de Castro, con motivo do centenario do seu nacimento, no Teatro Avenida.
Esta entidade edita nos anos 30 a revista "Alalá", voceiro social.
Este grupo coral foi creado en novembro de 1946 polo "Centro Orensano de Buenos Aires" coa intención de defender e espallar a cultura e a música galega na Arxentina, participando coas súas actuacións nas festas da coletividade galega.
Esta asociación cultural e artística foi fundada por un grupo de mozos galegos, emigrados na Arxentina, "empurrados pola saudade e polo amor á Terra-Nai con afinidade vocacional polo folclore galego".
Creado este coro de música galega dedicábase fundamentalmente a actuar nos diversos actos recreativos e culturais organizados polas entidades galegas asentadas na Arxentina, na radio e noutras asociacións de emigrantes.
Este grupo folclórico tivo a súa sede durante moitos anos nas instalacións do "Centro Betanzos" de Buenos Aires.
Un dos seus máis destacados socios e secretario xeral foi, durante moitos anos, Xoán Santos.
O Coro Universitario Galego de Barcelona (CUGAB) foi un coro e asociación coral que desenvolveu a súa actividade dende 1992 até 2004, na Universidade de Barcelona (UB). Fundárono o músico, e quen foi primeiro director do coro (1992-2001), César del Caño e mais Camilo Fernández, profesor da Área de Filoloxías Galega e Portuguesa, entidade esta que, xunto co Vicerrectorat d'Activitats Culturals da mesma Universidade, lle proporcionou respaldo institucional entre 1992 e 2001.
A súa presentación pública tivo lugar no Paraninf da Universitat de Barcelona e en 1995 acadou personalidade xurídica propia.
O ideario fundacional que inspira o proxecto céntrase no compromiso co idioma galego e coa linguaxe musical de Galicia consonte ó espírito universitario que insta a afirmar a universalidade das culturas a través do mutuo coñecemento.
Son directrices da agrupación coral:
- A investigación sobre o folclore galego
- O estudo e proxección de pezas cultas de compositores autóctonos
- Aprofundar na procura do máximo rigor musicolóxico dun repertorio tradicional e polifónico no que se inclúan mostras líricas de diversas culturas, entre elas as de expresión portuguesa e catalana dos países de pertenza dos seus cantores membros, así como pezas de propia creación.
O CUGAB é un colectivo musical políglota e multinacional, aberto a toda a comunidade universitaria catalana e á comunidade galega residente en Barcelona. Un grupo con vontade de servizo cultural e intercambio musical entre Galicia e Cataluña.
En abril de 2006 fúndase Galeuzcamerata, coro continuador do proxecto polifónico galego na UB, que desenvolveu a súa actividade na universidade ata 2016.