América do Sur

Área de elementos

Taxonomía

Código

Nota(s) de alcance

    Nota(s) de fonte

      Nota(s) de despregue

        Termos xerárquicos

        América do Sur

        Termos equivalentes

        América do Sur

        • UF Sudamérica

        • UF Suramérica

        • UF América Meridional

        • UF Amércia del Sur

        Termos asociados

        América do Sur

          1267 Descrición arquivística resultados para América do Sur

          1 resultados directamente relacionados Excluír termos específicos
          ES. GA 15078 ACCG AEG-01-AE-AR-CorBre-07-05-01 · Subserie · 1958
          Parte de Fondos do Arquivo da Emigración Galega (AEG)

          Esta publicación cultural está editada con motivo do quinto aniversario do Coro Galego Brétemas e Raiolas. Contén colaboracións literarias e traballos sobre diversos aspectos da cultura galega, especialmente sobre a música e os coros e inclúe artigos nos que se fan varios chamamentos á mocidade emigrante para que non esqueza as súas orixes e participe nas actividades da colectividade. A revista complétase cunha breve descrición da historia do Coro e doutras institucións culturais galegas e un programa dos actos que van ser celebrados.

          Número conservado en papel:

          1958: n. único (5º aniversario da institución)

          Coro galego Brétemas e Raiolas
          Coral Terra a Nosa
          ES. GA 15078 ACCG AEG-01-AE-AR-CorTer · Fondo · 1946-11-01 -
          Parte de Fondos do Arquivo da Emigración Galega (AEG)

          Este fondo contén a seguinte documentación conservada en formato microfilme:

          Libros de actas das reunións da Subcomisión Coral "Terra a Nosa" dos anos 1946-1947, 1949-1954, 1956 e 1960

          Coral Terra a Nosa
          Coral Galega Os Rumorosos
          ES. GA 15078 ACCG AEG-01-AE-AR-CorRu · Fondo · 1933 -
          Parte de Fondos do Arquivo da Emigración Galega (AEG)

          Este fondo consta da seguinte documentación:

          Conservada en formato papel:

          Carta mecanografada de José Ares Miramontes (1957)
          Carta manuscrita de Ramón Otero Pedrayo (1958)
          Recorte de prensa no que se anuncian os gañadores dos Xogos Florais do Idioma Galego (1968)
          Recorte de prensa no que se anuncia a traducción ao galego da epopeia arxentina "Martín Fierro" (1978)
          6 programas de actuacións (fotocopias)
          5 partituras musicais (fotocopias)
          2 fotografías de actuacións da coral (fotocopias)

          Conservada en formato CD:

          1 número da revista "Alalá"

          Coral galega Os Rumorosos
          Conxunto Artístico Galego Breogán
          ES. GA 15078 ACCG AEG-01-AE-AR-CxBre · Fondo · 1967-03-31 -
          Parte de Fondos do Arquivo da Emigración Galega (AEG)

          Este fondo consta da seguinte documentación en formato papel:

          1 catálogo sobre unha feira de artesanía galega
          1 convite a un acto en conmemoración do Día das Letras Galegas de 1968
          1 manifesto apoiando o plebiscito do ano 1936 a prol da Autonomía Galega
          1 memoria de actividades do grupo relativa a 1967-1968

          Conxunto artístico galego Breogán
          ES. GA 15078 ACCG AEG-01-AE-UR-PaCulGa-05-02-01-26 · Unidade documental composta · 199?
          Parte de Fondos do Arquivo da Emigración Galega (AEG)

          Convite da "Embajada de España" e o "Instituto de Cooperación Iberoamericana" en colaboración co "Patronato da cultura galega de Montevideo" para asistir á conferencia da poetisa galega Luisa Castro titulada "Laberinto de lenguas, laberinto de culturas" na sede do padroado.

          Patronato da cultura galega de Montevideo
          Convites a almorzos
          ES. GA 15078 ACCG AEG-01-AE-AR-JVia-05-04-01 · Unidade documental composta · 2000
          Parte de Fondos do Arquivo da Emigración Galega (AEG)

          Convites a almorzos con motivo de:

          • 46º aniversario (09/2000) (2 páxinas)
          • Fin de ano (05/11/2000) (1 páxina)
          Juventud de Viana, Trives y Valdeorras, asociación cultural, social y recreativa
          Convites
          ES. GA 15078 ACCG AEG-01-AE-AR-CLal-05-04-01 · Unidade documental composta · 1985-2001
          Parte de Fondos do Arquivo da Emigración Galega (AEG)

          Convites orixinais do "Centro Lalín de Buenos Aires" conservados:

          • Convite ao "Gran Banquete de Confraternidad Lalinense" o día 11/08/1985
          • Participación de Lotería de Nadal para o día 22/12/1993
          • Convite da Comisión Directiva a un asado familiar o día 01/04/2001
          Centro Lalín de Buenos Aires
          Convites
          ES. GA 15078 ACCG AEG-01-AE-AR-Lume-05-02-01-02 · Unidade documental composta · 1970 -
          Parte de Fondos do Arquivo da Emigración Galega (AEG)

          Convites:

          • 2 convites conminando á adhesión polo Día das Letras Galegas
          • 1 convite a unha exposición na Galería Lucense os días 17-30/09/1970 de artesanía e postais galegas
          • 1 convite a unha exposición na Galería Lucense entre o 21/04/1972 e o 04/05/1972 de affiches sobre motivos galegos realizados polo debuxante Manuel Cordeiro
          Lume novo
          Convite a romería
          ES. GA 15078 ACCG AEG-01-AE-AR-AURVigL-05-04-01 · Unidade documental simple · 1951-01
          Parte de Fondos do Arquivo da Emigración Galega (AEG)

          Convite á "Gran Romería Gallega" (28/01/1951) no "Recreo Rivadavia" organizada pola Asociación Unión Residentes de los Ayuntamientos de Vigo y Lavadores

          Asociación mutualista Residentes de Vigo
          ES. GA 15078 ACCG AEG-01-AE-UR-CaGa-05-02-01-05 · Unidade documental simple · 1985
          Parte de Fondos do Arquivo da Emigración Galega (AEG)

          Convite á conferencia "Galicia y los gallegos en la literatura uruguaya" de Carlos Zubillaga Barrera o día 17/10/1985 en conmemoración do 68º aniversario da fundación da Casa de Galicia de Montevideo, conservado en formato papel.

          Casa de Galicia de Montevideo