O CUGAB publica en 1996 este disco compacto co título "Porgaleuzca", resultante de PORtugal - GALiza - EUZkadi - CAtalunya, acompañado dun libro (95 páxinas) no que aparecen, ademais das partituras corais de tódalas cancións interpretadas, un estudio histórico sobre o Movemento da Canción Galega do ano 1968, as fichas técnicas das cancións e mais dos cantantes versionados así coma un inventario da súa discografía, un guieiro da rapsodia e outros datos de interese.
UntitledBarcelona (Cidade)
35 Archival description results for Barcelona (Cidade)
Esta revista de difusión interna está escrita pola xuventude da Agrupación Saudade, co obxectivo de achegar a cultura galega aos emigrantes de Cataluña. Inclúe artigos sobre literatura, historia, lingua, tradicións, turismo e gastronomía, que se completan con páxinas de ocio.
Número conservado en formato papel:
1996: n. 1
UntitledRevista societaria que, como din no seu editorial do nº. 2 recolle "o espírito da nosa antecesora "Saudade Xove", converténdose no voceiro social da entidade do mesmo nome. Foi creada para manter informados aos seus socios das diversas actividades culturais organizadas pola entidade e tamén aparecen noticias xerais sobre Galicia e Cataluña: "A vontade desta revista é sobre todo encher o tempo de lecer de aqueles lectores que a poidan ter nas súas mans. Intentaremos ofrecerlles en cada número temas de actualidade, con entrevistas a músicos, escritores, políticos que poidan aportar a súa opinión, artigos que nos acheguen temas de toda índole, historia, xeografía, literatura, turismo etc., para descubrir aspectos da realidade galega dos que ás veces non nos decatamos, e tamén estarán presentes as actividades que a nosa agrupación está a facer".
Números conservados en formato papel:
2002: n. 2
2004: n. 3
2005: n. 4
2006: n. 5
2008: n. 6 (XXV anos de historia)
Folleto co programa da "Festa galega : 4º aniversario" organizada pola Irmandade Galega de Sallent para os días 15 e 16 de xuño de 1991, conservado en formato papel.
UntitledEscudo da Irmandade Galega de Sallent, conservado en formato papel.
UntitledFolletos co programa do Festival Musical Galego organizado anualmente pola Asociación Cultural Cova da Serpe, conservados en formato papel:
- Cartaz do V Festival Musical Galego (628 x 418 mm) para os días 21 e 22 de abril de 1990.
- Folleto do VIII Festival Musical Galego (216 x 154 mm) para os días 24 e 25 de abril de 1993.
- Díptico do XXII Festival Musical Galego (216 x 100 mm) para os días 20 a 22 de abril de 2007.
Políptico do "Gran encontro de gallegos del mundo" celebrado en Barcelona en 2005 organizado pola AEGA-CAT, conservado en formato papel.
UntitledBoletín donde informan das diversas actividades da asociación e dos negocios dos galegos residentes en Cataluña e Andorra.
Número conservado en formato papel:
1998: n. 23
UntitledFolleto "Ofrendas ao Apóstolo Santiago : homenaxe de O Penedo Fogar Galego", publicado con motivo do Encontro Mundial da Xuventude que se ía a celebrar en Santiago no mes de agosto de 1989 e que ía contar coa presenza destacada do Papa Xoan Pablo II, conservado en formato papel.
UntitledConvite ao nomeamento como Presidenta de Honra da sociedade "O Penedo Fogar Galego" á Condesa de Fenosa, Carmela Arias Díaz de Rábago, o día 01/12/1990, conservado en formato papel.
UntitledFolletos do festival de música galega en Barcelona organizado pola Escola de gaitas e danzas galegas Toxos e Xestas, conservados en formato papel:
- Tríptico do II Festival de 1984 (214 x 105 mm)
- Folleto do XXV Festival de 2009 (tamaño A4)
Documento mecanoscrito no que se recolectan as noticias aparecidas en prensa sobre a Escola de gaitas e danzas galegas Toxos e Xestas, dende 1974 ata 1985, conservado en formato papel.
UntitledCartaz deseñado polo Coro Universitario Galego de Barcelona para buscar novas voces, conservado en formato papel.
UntitledEsta publicación societaria foi editada en 1994 coa finalidade de informar sobre as actividades, proxectos e preocupacións da entidade editora, e servir de vieiro de comunicación entre os seus socios. Inclúe artigos sobre diversos aspectos da cultura e da actualidade galega: literatura, folclore, vilas e localidades, actividades do Día das Letras Galegas, etc.
Números conservados en formato papel:
1994: n. 0
1995: n. 1
1996: n. 2
1998: n. 4
2000: n. 6
2001: n. 7
2003: n. 9
2004: n. 10
2005: n. 11
2006: n. 12
2009: n. 15
2010: n. 16
Folletos publicitarios da Escola de gaitas e danzas galegas Toxos e Xestas, conservados en formato papel:
- Folleto da escola en Font-Trobada (199?) (222 x 154 mm)
- Folleto da escola (1994) (214 x 150 mm)