Área de identidad
Tipo de entidad
Forma autorizada del nombre
Forma(s) paralela(s) de nombre
Centro Galego de St. Gallen
Forma(s) normalizada del nombre, de acuerdo a otras reglas
Otra(s) forma(s) de nombre
Centro Gallego de San Gall
Centro Galego de San Galo
Identificadores para instituciones
Área de descripción
Fechas de existencia
Historia
O centro fundouse a primeiros de outubro de 1971. O seu fundador foi Antón Couceiro Beade, mestre chegado no mes de setembro para impartir clases de Lingua e Literatura Españolas aos fillos dos emigrantes. Couceiro decátase axiña de que a maioría dos emigrantes procedentes do Estado español en St. Gallen e bisbarra son galegos, polo que poñéndose á cabeza dun grupo deles, deciden fundar unha sociedade galega.
Os comezos da sociedade foron díficiles. Couceiro, de ideas nacionalistas, foi acusado de comunista por outros socios, porque a circular que enviou para a convocatoria dunha Asemblea estaba escrita en galego, polo que viuse obrigado a pedi-lo seu traslado a España. A sociedade estivo a piques de desaparecer cando no ano 1975, debido a que algúns dos seus membros fundadores decidiron o pasamento do Centro. Pero nese intre fixose cargo da sociedade Nicolau Torea, que con grande esforzo conseguiu sacala da súa maior crise.
No ano 1996, na conmemoración do XXV aniversario da sociedade, dos máis de douscentos socios fundacionais só quedaban tres: Felicindo Barbazán, Domingo García e Nicolau Torea.
O Centro Galego naceu coa idea de ser o aglutinador dos galegos de St. Gallen e a súa bisbarra, e o mesmo tempo desenvolver todo tipo actividades a prol da cultura e da lingua galega. Os seus Estatutos, redactados en galego, sinalan ademais:
- Desenrolar actividades culturais, artísticas e conferencias sobre temas preferentemente galegos.
- Facilitar medios educativos e de recreo os socios
- Prestar asistencia moral e material aos galegos que o necesiten (sexan ou non socios).
A súa sede social conta cun local destinado a bar e tamén para “xoga-la partida”, sala de xuntas (que fai tamén a función de comedor para banquetes nalgunha efeméride da sociedade), cociña con despensa, secretaría, biblioteca e outras dúas dependencias menores para almacén e trasteiro. Ademais, a sociedade aluga para as grandes actividades
pavillóns de deportes e salas de grande capacidade en hoteis.
Conta co grupo folclórico "Lembranzas", organizan recitais de poesía galega, conferencias, celebran o Día das Letras Galegas e unha romería polo Día de Galicia e organizan torneos de fútbol.
Lugares
Europa
España
Galicia
Suiza
San Galo
Estatuto jurídico
Asociación civil de emigrantes
Funciones, ocupaciones y actividades
Culturais e recreativas
Mandatos/fuentes de autoridad
Estructura/genealogía interna
Contexto general
Área de relaciones
Área de puntos de acceso
Puntos de acceso por materia
Puntos de acceso por lugar
Profesiones
Área de control
Identificador de registro de autoridad
Identificador de la institución
Reglas y/o convenciones usadas
NOGADA
Estado de elaboración
Nivel de detalle
Fechas de creación, revisión o eliminación
Creada por Adriana Cousillas o 15/07/2019
Idioma(s)
gallego
Escritura(s)
latín
Fuentes
Bases de datos do AEG
Sixirei Paredes, Carlos. Asociacionismo Galego no exterior. Santiago de Compostela : Xunta de Galicia, 2001