Listaxe de socios da "Sociedad de Instrucción de Naturales de Puentes de García Rodríguez", conservada en formato dixital (4 páxinas)
UntitledCuba
531 Archival description results for Cuba
Libros de contabilidade da "Sociedad de Instrucción de Naturales de Puentes de García Rodríguez", conservados en formato dixital:
- Libro de caixa dende o 29/04/1912 ata o 31/12/1927 (180 follas)
- Libro de caixa dende o 01/01/1928 ata 07/1948 (150 follas)
- Libro de balances de tesourería dende 08/1948 ata 12/1963 (97 follas)
Recortes de prensa conservados en formato dixital:
- Recorte sobre a "Importancia de la Fábrica de As Pontes de García Rodríguez para el campo gallego"
- Recorte sobre "Las explotaciones protegidas de Galicia"
Copia literal mecanografada da Acta de constitución da "Unión Mugardesa de Instrucción" do día 12/11/1909 (3 páxinas), conservada en formato dixital e impreso. Esta copia foi feita na Habana o 22 de outubro de 1917 e asinada polo presidente e secretario da entidade para presentar ante o Gobernador provincial por un imperativo da Lei de Asociacións vixente ese ano.
UntitledDiplomas e certificados da "Unión Mugardesa", conservados en formato dixital:
- Modelos de diploma de socio de mérito e de socio fundador
- Diploma de premio á constancia outorgado a José Pico Corral (1919)
- Diploma pola participación no IV día de Galicia Exterior (12-13/08/2004)
- Nota informativa sobre a festa da Merced (01/04/1982)
- Certificado do Concello de Mugardos, asinado polo seu secretario, Francisco Galán Castro, coas normas a seguir para as delegacións da sociedade (23/06/1911)
Revista de tirada mensual que comezou a súa andadura o 1 de xullo de 1912, "consagrada á los intereses de la Sociedad Unión Mugardesa de Instrucción establecida en La Habana", como indica na súa portada.
Números conservados en formato dixital e impreso:
1912: n. 1-2
UntitledEsta publicación societaria foi editada pola sociedade Unión Mugardesa para informar aos seus asociados das diferentes actividades organizadas pola entidade en pro da instrución na súa terra natal, prioridade da sociedade, ademais de salientar todo o que acontecía na súa terra natal.
Números conservados en formato dixital e impreso:
1918: n. 4 (extraordinario)
1922: n. 5-6
Este xornal escolar informa sobre as actividades dos alumnos das escolas de Mugardos (moitas delas subvencionadas ou creadas polos emigrantes naturais deste concello e residentes en Cuba), da súa problemática e necesidades. Publican tamén traballos dos escolares e pequenas noticias culturais da comarca.
Número conservado en formato dixital:
1922: n. 7
UntitledRegulamentos:
Conservados en formato dixital e impreso:
- Regulamento da "Sociedad de Instrucción Pila Ancha" de 1907 (15 páxinas)
- Regulamento da "Sociedad de Instrucción y Beneficencia Hijos del Ayuntamiento de Cerdido" aprobado o 05/10/1929 (30 páxinas)
Conservado en formato papel:
- Regulamento da "Sociedad de Instrucción y Socorros Pila Ancha" aprobado o 09/10/1927 (26 páxinas)
Acta-certificado da reunión realizada o 10/08/1956 entre representantes do Concello de Cerdido e membros da Xunta Directiva da sociedade "Hijos del Ayuntamiento de Cerdido" sobre a cesión de edificios para escolas (2 páxinas), conservada en formato dixital e impreso.
UntitledLibro de rexistro de socios número 1 (53 páxinas), conservado en formato dixital.
UntitledLibro de Actas das reunións da Xunta Directiva da "Sociedad de Instrucción Unión Barcalesa". Conservado en formato dixital e impreso. Contén 199 actas dende o 27/01/1912 ata o 12/12/1922.
UntitledLibro de actas de reunión da Xunta Directiva. Contén 136 actas dende o 30/04/1979 ata o 14/06/1997 conservadas en papel (fotocopias) e dixital.
UntitledCartas recibidas polo Presidente da asociación "Unión Barcalesa", conservadas en formato dixital:
- Carta enviada polo Ministro de Traballo, Jesús Romeo Gorría, a Clemente Tuñas Suárez, o día 25/09/1969
- Carta enviada polo Cónsul Xeral de España en Cuba, Joaquín Eduardo de Thomas García, a Rolando Pérez Palmero, o día 12/03/1971
Libro de rexistro de socios da "Sociedad de Instrucción Unión Barcalesa", conservado incompleto en formato dixital e impreso:
- Libro número 1, dende 1921.
Libro de caixa dende 01/1936 ata 12/1943 (98 follas), conservado en formato dixital.
UntitledLibro de Actas das reunións das Xuntas Xerais de Socios da sociedade "Roupar y Lousada", conservado en formato dixital e impreso incompleto:
- Libro de actas das reunións dende o 21/08/1957: dixitalizadas as 16 primeiras actas, ata o 30/08/1964 (23 páxinas)
Correspondencia enviada pola sociedade "Roupar y Lousada":
Conservada en formato dixital e impreso:
- Circular enviada aos socios (11/09/1957)
- Circular enviada aos socios (02/1958)
- Circular enviada aos socios (05/1958)
- 2 cartas enviadas ao Alcalde de Xermade, Celestino Pardo Vázquez (1958).
- Carta enviada polo Presidente da Comisión de Festexos, Manuel Fernández Pardo, ao Director, Lázaro Seco Alonso (25/08/1959)
- 2 certificados asinados polo Director da sociedade, Lázaro Seco y Alonso (05/10/1959)
- Informe da Comisión de Glosa (23/02/1960)
- Informe da Dirección
Libro de Actas das reunións das Xuntas Directivas da sociedade "Unión de San Simón y Saramugo", conservado en formato dixital e impreso:
- Libro con 102 actas (321 páxinas) dende o 03/08/1913 ata o 14/02/1922
Libro de actas das reunións das Asembleas de Socios da sociedade "Hijos del Distrito de Sarria, Sociedad de Beneficencia y Protección Mutua", conservado en formato dixital e impreso:
- Libro con 32 actas (74 páxinas) das reunións das Xuntas Xerais de Socios dende o 22/04/1917 ata o 31/05/1923