Emigración galega

Elements area

Taxonomy

Code

Scope note(s)

    Source note(s)

      Display note(s)

        Hierarchical terms

        Emigración galega

        Emigración galega

          Equivalent terms

          Emigración galega

            Associated terms

            Emigración galega

            2651 Archival description results for Emigración galega

            2651 results directly related Exclude narrower terms
            ES. GA 15078 ACCG AEG-01-AE-AR-Ali · Fonds · 1926-02-20
            Part of Fondos do Arquivo da Emigración Galega (AEG)

            Este fondo contén a seguinte documentación conservada en formato microfilme e dixital:

            Acta de fundación da entidade con data do 20 de febreiro de 1926
            2 Libros de Actas conxuntas das reunións da Comisión Directiva e das Asembleas xerais de socios dos anos 1926 ata 1932
            2 Libros de Actas das reunións da Comisión Directiva de Socios dos anos 1933 ata 1942
            1 Libro de Actas das reunións das Asembleas Xerais de socios de 1932 ata 1942
            1 Libro de Actas das reunións da Comisión mixta «Pro-fusión» da sociedade co Centro Cultural Cervantes e o Centro Cultural Neira de Jusá de 1942-1943
            1 Libro que recolle os enderezos de sociedades de emigrantes galegos cos que mañtiñan correspondencia (por orde alfabética)

            Untitled
            ES. GA 15078 ACCG AEG-01-AE-AR-Ali-02-01-01-01 · File · 1926-1927
            Part of Fondos do Arquivo da Emigración Galega (AEG)

            Libro de Actas das reunións da Comisión Directiva e das Asembleas xerais de socios da sociedade "Alianza Céltigos, Incio, Corbelle y sus contornos", conservado en formato microfilme e dixital:

            • Recolle as actas do 20 de febreiro de 1926 ata o 28 de decembro de1927 (128 páxinas manuscritas)
            Untitled
            Correspondencia enviada
            ES. GA 15078 ACCG AEG-01-AE-AR-UCov-03-01-02-01 · File · 1928-1953
            Part of Fondos do Arquivo da Emigración Galega (AEG)

            Correspondencia enviada pola sociedade "Unión Progresista del Distrito de Covelo" conservada en formato microfilme e dixital nos anos 1928-1942, 1944-1948, 1951-1953

            Untitled
            Tarxeta social
            ES. GA 15078 ACCG AEG-01-AE-UR-CValMi-05-05-02-01 · Item · 199?
            Part of Fondos do Arquivo da Emigración Galega (AEG)

            Tarxeta social do Presidente do "Centro deportivo y social de bolos Valle Miñor", Álvaro Alonso Valverde, conservada en formato papel.

            Untitled
            ES. GA 15078 ACCG AEG-01-AE-UR-ComiAut-07-02-01 · Subseries · 1934 - 1935
            Part of Fondos do Arquivo da Emigración Galega (AEG)

            Esta publicación cun marcado compoñente político, foi creada durante a II República española polo Comité Autonomista Gallego de Montevideo, para informar da actualidade da Península, adoptando unha postura conservadora e crítica coa liña do Partido Galeguista. Aparecen numerosos artigos de carácter cultural e de orientación nacionalista, que se complementan con informacións das actividades do propio comité e doutras sociedades no Río da Prata.

            Números conservados en formato papel (facsímil):

            1934: n. 1-11
            1935: n. 12

            Untitled
            Casa de Galicia
            ES. GA 15078 ACCG AEG-01-AE-UR-CaGa-07-01-03 · Subseries · 1991 -
            Part of Fondos do Arquivo da Emigración Galega (AEG)

            Esta publicación societaria está editada para informar aos seus socios e á colectividade sobre as actividades realizadas pola institución, evolución do número de socios, servizos médicos, medios materiais, edificios, etc.

            Número conservado en formato papel:

            1991: n. 1

            Untitled
            Cousas Nosas
            ES. GA 15078 ACCG AEG-01-AE-UR-CaGa-07-01-04 · Subseries · 1956 -
            Part of Fondos do Arquivo da Emigración Galega (AEG)

            Esta revista foi editada polos empregados da Casa de Galicia de Montevideo. O seu primeiro número sae como unha homenaxe aos fundadores da mesma con motivo do seu trinta e nove aniversario fundacional. Céntrase principalmente na información sobre o Club de empregados e, en menor medida, sobre a Casa de Galicia. Contén bastantes artigos sobre Galicia e a súa cultura: literatura, música, as rutas turísticas, lembranzas ou opinións e a traxectoria de galegos na emigración. Por último, inclúe colaboracións literarias de escritores galegos.

            Número conservado en formato papel:

            1956: n. 1

            Untitled
            ES. GA 15078 ACCG AEG-01-AE-UR-CaGa-07-01-05 · Subseries · 1934 - 1967
            Part of Fondos do Arquivo da Emigración Galega (AEG)

            Revista societaria centrada na información das súas actividades sociais por seccións (sanidade, beneficencia, educación, etc.), reprodución da memoria social (balance de caixa, listados de socios, estatísticas médicas, composición da directiva, inventarios xerais, balances económicos, descrición de actividades, etc.). O resto da revista aborda diferentes temas galegos (cultura, xeografía, literatura, personaxes ilustres), comentarios de libros galegos, sección humorística e colaboracións literarias.

            Números conservados en formato dixital:

            Fondo Xesús Canabal:
            1922: outubro (n. extra. dedicado a Concepción Arenal)
            1927: novembro
            1935: [n.s.] n. 1
            1937 (n. extra 20º aniversario)
            1964: febreiro

            Números conservados en formato papel:

            Facsímil:

            1922: outubro (n. extra. dedicado a Concepción Arenal)
            1927: novembro
            1941: xullo

            Orixinal:

            1936: n. 2
            1945: decembro (n. extra. 28º aniversario)
            1960: xaneiro

            Untitled
            ES. GA 15078 ACCG AEG-01-AE-UR-CaGa-07-02-01 · Subseries · 1995 -
            Part of Fondos do Arquivo da Emigración Galega (AEG)

            Esta publicación edítase simultaneamente con «Ecos de Terra», coa finalidade específica de informar aos socios das actividades sociais da Casa de Galicia, principalmente dos servizos médicos da mesma, convenios de asistencia, obras nos policlínicos, departamentos médicos, visitas. Tamén aparecen algunhas noticias sobre o labor doutras seccións da entidade, como a biblioteca, o Instituto Curros Enríquez, etc.

            Números conservados en formato papel:

            1995: n. 1-6
            1996: n. 7-9
            1997: n. 10

            Untitled
            Casa de Galicia : 50 años
            ES. GA 15078 ACCG AEG-01-AE-UR-CaGa-07-03-01 · Subseries · 1967
            Part of Fondos do Arquivo da Emigración Galega (AEG)

            Esta publicación da Casa de Galicia de Montevideo editouse en conmemoración do cincuenta aniversario social, facendo un percorrido pola súa historia; aparece un compendio das actividades realizadas pola institución nestes cincuenta anos, evolución do número de socios, servizos médicos, medios materiais, etc.

            Número conservado en formato papel:

            1967 (50º aniversario)

            Untitled