España

Área de elementos

Taxonomía

Código

Nota(s) de alcance

    Nota(s) de fonte

      Nota(s) de despregue

        Termos equivalentes

        España

          Termos asociados

          España

            1750 Descrición arquivística resultados para España

            227 resultados directamente relacionados Excluír termos específicos
            Acta de constitución da entidade
            ES. GA 15078 ACCG AEG-01-AE-VEN-ProPont-01-01 · Unidade documental simple · 1988
            Parte de Fondos do Arquivo da Emigración Galega (AEG)

            Acta de constitución da Asociación Benéfica Provincia de Pontevedra conservada en formato papel (fotocopias):

            • Acta de constitución da sociedade do día 08/01/1988, que inclúe transcrición dos Estatutos societarios
            Asociación Benéfica Provincia de Pontevedra
            Acta de constitución da entidade
            ES. GA 15078 ACCG AEG-01-AE-CUHCerd-01-01 · Unidade documental simple · 1907-11-24
            Parte de Fondos do Arquivo da Emigración Galega (AEG)

            Acta de constitución da "Sociedad de Instrucción Regeneración" do 24/11/1907 manuscrita (5 páxinas) e mecanografada (6 páxinas), conservada en formato dixital e impreso.

            Hijos del Ayuntamiento de Cerdido
            Acta de constitución da entidade
            ES. GA 15078 ACCG AEG-01-AE-CU-PrLanz-01-01 · Unidade documental simple · 1913-04-13
            Parte de Fondos do Arquivo da Emigración Galega (AEG)

            Acta de constitución da entidade Sociedad de Instrucción y Protección "Progreso de Lanzós" do día 01/04/1913 (2 páxinas), conservada en formato dixital e impreso.

            Sociedad de Instrucción y Protección "Progreso de Lanzós"
            Acta de constitución da entidade
            ES. GA 15078 ACCG AEG-01-AE-VEN-HGV-01-01 · Unidade documental simple · 1960-10-12
            Parte de Fondos do Arquivo da Emigración Galega (AEG)

            Acta constitutiva da fusión das sociedades Lar Gallego, Centro Gallego e Casa de Galicia, creando unha nova entidade denominada Hermandad Gallega de Venezuela, conservada en formato dixital:

            • Acta do día 12/10/1960 (5 páxinas). Está incluída no "Libro de Actas Asamebleas Generales 1960" (p.1-5).
            Hermandad Gallega de Venezuela
            Acta de constitución da entidade
            ES. GA 15078 ACCG AEG-01-AE-VEN-HLal-01-01 · Unidade documental simple · 1983-11-30
            Parte de Fondos do Arquivo da Emigración Galega (AEG)

            Acta de constitución da entidade "Asociación Benéfica Hijos de Lalín", conservada en formato papel (fotocopias):

            • Acta da Asemblea Constitutiva do día 30/11/1983 que incorpora os Estatutos societarios (21 páxinas)
            Asociación Benéfica Hijos de Lalín
            Acta de constitución da entidade
            ES. GA 15078 ACCG AEG-01-AE-VEN-JovSN-01-01 · Unidade documental simple · 1989-03-20
            Parte de Fondos do Arquivo da Emigración Galega (AEG)

            Acta de constitución da entidade "Asociación de Jóvenes Savia Nueva", conservada en formato papel (fotocopias):

            • Acta da Asemblea Constitutiva do día 20/03/1989 que incorpora os Estatutos societarios (13 páxinas)
            Asociación de Jóvenes Savia Nueva
            Acta de constitución da Delegación
            ES. GA 15078 ACCG AEG-01-AE-CU-Puent-01-02 · Unidade documental simple · 1923-01-21
            Parte de Fondos do Arquivo da Emigración Galega (AEG)

            Acta de constitución da Delegación nas Pontes de García Rodríguez o día 21/01/1923, conservada en formato dixital

            Sociedad de Instrucción y Beneficencia Naturales del Ayuntamiento de Puentes de García Rodríguez
            ES. GA 15078 ACCG AEG-01-AE-CUHCerd-02-04-01-02 · Unidade documental simple · 1956 -
            Parte de Fondos do Arquivo da Emigración Galega (AEG)

            Acta-certificado da reunión realizada o 10/08/1956 entre representantes do Concello de Cerdido e membros da Xunta Directiva da sociedade "Hijos del Ayuntamiento de Cerdido" sobre a cesión de edificios para escolas (2 páxinas), conservada en formato dixital e impreso.

            Hijos del Ayuntamiento de Cerdido
            ES. GA 15078 ACCG AEG-01-AE-CU-PrLanz-05-03-06 · Unidade documental simple · 1930-01-13
            Parte de Fondos do Arquivo da Emigración Galega (AEG)

            Acta da constitución do chamado Consello de Instrución de Lanzós, que actuaba como delegación da sociedade habaneira "Progreso de Lanzós" para realizar os proxectos educativos da entidade na súa parroquia natal:

            • 1 documento no que se transcribe a Acta de constitución do Consello de Instrución de Lanzós para o ano 1930, aprobado en xunta xeral de socios do 13 de xaneiro de 1930. Aparecen todos os integrantes, con nome e apelidos e os cargos para os que son elixidos. Na segunda páxina aparece a destitución oficial do consello, aprobada en xunta xeral o 28 de outubro dese ano. (2 páxinas mecanografadas)
            Sociedad de Instrucción y Protección "Progreso de Lanzós"
            ES. GA 15078 ACCG AEG-01-AE-CU-PrLanz-05-03-01 · Unidade documental simple · 1929-11-24
            Parte de Fondos do Arquivo da Emigración Galega (AEG)

            Acta da constitución do chamado Consello de Instrución de Lanzós, que actuaba como delegación da sociedade habaneira "Progreso de Lanzós" para realizar os proxectos educativos da entidade na súa parroquia natal:

            • Acta de constitución do Consello de Instrución de Lanzós (24 de novembro de 1929) (1 páxina mecanografada)
            Sociedad de Instrucción y Protección "Progreso de Lanzós"
            ES. GA 15078 ACCG AEG-01-AE-MEX-CG-07-01-01 · Subserie · 1924 -
            Parte de Fondos do Arquivo da Emigración Galega (AEG)

            Esta revista foi creada e dirixida por Manuel Vidal para «estrechar los lazos con los países hispanos y especialmente la fraternidad hispano-mexicana». Aparecen numerosos artigos sobre o hispanoamericanismo pero tamén textos literarios, noticias e información sobre asociacións españolas creadas en México (especialmente do Centro Gallego de México e da Beneficencia Española), noticias sociais da colectividade española asentada no país azteca e de persoeiros destacados.

            Números conservados en formato microfilme:

            1924: n. 27-30, 34-35, 37
            1925: n. 38, 40-41, 44-45
            1926: n. 46, 50
            1927: n. 51-55
            1928: n. 56-57
            1929: [n.s.] n. 4
            1932: n. 1-2
            1934: n. 1

            Centro Gallego de México, A. C.
            Abrente
            ES. GA 15078 ACCG AEG-01-AE-ES-CaGaVall-07-01-01 · Subserie · 1960 -
            Parte de Fondos do Arquivo da Emigración Galega (AEG)

            Esta publicación societaria foi creada coa finalidade de informar das actividades da Casa de Galicia de Valladolid (festas, cursos, etc.) e tamén para achegar Galicia e a súa cultura a todos os galegos que viven na cidade vallisoletana, polo que inclúe numerosos artigos sobre diversos aspectos da cultura e da actualidade galega: lingua, literatura, folclore, contos, lendas, poesía, etc. Complétase con saúdos de persoeiros, páxinas de pasatempos, seccións gastronómicas, etc. Os primeiros números están dedicados a Santiago Apóstolo, coincidindo a saída da revista con esas datas de celebración das festas galegas.

            Números conservados en formato papel:

            1964: xullo
            1985: xullo
            1986: decembro
            1987: decembro
            1988: decembro
            1989: decembro
            1990: decembro
            1991: decembro
            1993/1994
            1994/1995: n. 34
            1996: n. 35/36
            1997: n. 37
            1998: n. 38
            1999: n. 39
            2000: n. 40
            2001: n. 41
            2002: n. 42
            2003: n. 43
            2004: n. 44
            2006: n. 46
            2008: n. 48
            2009: n. 49

            Casa de Galicia de Valladolid
            ES. GA 15078 ACCG AEG-01-AE-FR-CaGaPar-07-01-01 · Subserie · 1984 -
            Parte de Fondos do Arquivo da Emigración Galega (AEG)

            Esta revista societaria foi publicada coa finalidade de informar sobre temas de interese aos emigrantes galegos residentes en París. Creouse como o voceiro oficial da Casa de Galicia e unha boa parte da publicación está dedicada aos temas referidos a Galicia, á súa cultura, historia, lingua, etc., asumindo un compromiso cultural e político. Tamén analiza a situación da emigración; cómpre resaltar a información específica ofrecida aos traballadores galegos, sobre seguridade social, pensións e xubilacións en España e en Francia. No resto da publicación descríbense as actividades da asociación, incluíndo páxinas de pasatempos e de carácter humorístico.

            Números conservados en formato papel:

            1984: n. 2-3

            Casa de Galicia de París