Galicia

Área de elementos

Taxonomía

Código

Nota(s) de alcance

    Nota(s) de fonte

      Nota(s) de despregue

        Termos equivalentes

        Galicia

          Termos asociados

          Galicia

            1680 Descrición arquivística resultados para Galicia

            896 resultados directamente relacionados Excluír termos específicos
            Órganos de dirección e goberno
            ES. GA 15078 ACCG AEG-01-AE-AR-Ali-02 · Sección · 1926-1942
            Parte de Fondos do Arquivo da Emigración Galega (AEG)

            Este fondo contén a seguinte documentación conservada en formato dixital e microfilme:

            2 Libros de Actas das reunións da Comisión Directiva e das Asembleas xerais de socios 1926-1932
            2 Libros de Actas das reunións da Comisión Directiva 1928-1942
            1 Libro de Actas das reunións das Asembleas xerais de socios 1932-1942
            1 Libro de Actas da Comisión mixta encargada de organizar a fusión das seguintes entidades lucenses: Alianza Céltigos, Incio, Corbelle y sus contornos, Centro Cultural Neira de Jusá e Centro Cultural Cervantes 1942-1943

            Orzamento-memoria das escolas
            ES. GA 15078 ACCG AEG-01-AE-CUHCerd-02-04-01-01 · Unidade documental simple · 1931 -
            Parte de Fondos do Arquivo da Emigración Galega (AEG)

            Orzamento-memoria descritiva das obras a realizar nas casas-escolas de Cerdido, Barqueira e Casares (3 páxinas), presentada polos constructores "López y Martínez" o 07/06/1931, conservada en formato dixital e impreso.

            Hijos del Ayuntamiento de Cerdido
            ES. GA 15078 ACCG AEG-01-AE-AR-CCoru-07-01-01 · Subserie · 1945-
            Parte de Fondos do Arquivo da Emigración Galega (AEG)

            Publicación societaria, dirixida por Bieito Cupeiro, na que aparecen artigos e informacións sobre o Centro Coruñés; abundan os traballos e as colaboracións sobre Galicia e a súa historia, fragmentos literarios, principalmente poesías, relatos, anécdotas e opinións de todo tipo, ademais de numerosa publicidade.

            Número conservado en formato microfilme:

            1946: n. 2

            Número conservado en formato papel:

            1952: n. 5

            Números conservados en formato dixital:

            1952: n. 5
            1954: n. 6
            1955: n. 7
            1956: n. 8

            Centro Coruñés de Buenos Aires
            ES. GA 15078 ACCG AEG-01-AE-MEX-PaCulGa · Fondo · 1953-06-29 -
            Parte de Fondos do Arquivo da Emigración Galega (AEG)

            Este fondo contén a seguinte documentación:

            Conservada en formato papel:

            Carta sobre a Revista "Vieiros" (04/1959)
            Folleto "Mensaxe á Nación Galega : Deica un Congreso Mundial da Galeguidade" (01/01/1975)
            Recorte de prensa cun Manifesto: "Os Galegos no Día de Galicia" (25/07/1969)
            Boletín de Información : Padroado da Cultura Galega de México

            Conservada en formato facsímil e dixital:

            Revista "Vieiros"

            Padroado da cultura galega en México
            Padrón
            ES. GA 15078 ACCG AEG-01-AE-AR-ResPad-07-01-01 · Subserie · 1943-
            Parte de Fondos do Arquivo da Emigración Galega (AEG)

            Esta revista societaria foi creada para informar aos socios da entidade editora das actividades sociais, así como das noticias e historia do seu concello natal e de Galicia.

            Números conservados en microfilme:

            • 1945
            • 1947
            • 1950
            Sociedad residentes del partido judicial de Padrón
            ES. GA 15078 ACCG AEG-01-AE-AR-PaRia · Fondo · 1934 - 1963
            Parte de Fondos do Arquivo da Emigración Galega (AEG)

            Este fondo contén a seguinte documentación:

            Conservada en formato microfilme e dixital:

            Libros de actas das reunións da Comisión Directiva dos anos 1934-1936 e 1936-1943

            Conservada en formato papel:

            Revista "Rianxo"

            Parroquias unidas del ayuntamiento de Rianjo
            Participación activa en Galicia
            ES. GA 15078 ACCG AEG-01-AE-CU-PrLanz-05-03 · Subsección · 1931 -
            Parte de Fondos do Arquivo da Emigración Galega (AEG)

            Varios PDF sobre o envío de remesas da sociedade "Progreso de Lanzós" á súa parroquia natal:

            • Correspondencia enviada polos veciños da parroquia de Lanzós sobre a construción da estrada de Ramil.
            • Relación dos contribuíntes na subscrición para arranxar o campo de San Pedro en Lanzós, promovida pola entidade habaneira.
            Sociedad de Instrucción y Protección "Progreso de Lanzós"
            ES. GA 15078 ACCG AEG-01-AE-USA-Depor-07-01-01 · Subserie · 1998 -
            Parte de Fondos do Arquivo da Emigración Galega (AEG)

            Esta revista societaria está editada anualmente por unha peña do Deportivo en Estados Unidos, integrada maioritariamente por galegos. Editan cada número con motivo da celebración do aniversario fundacional da entidade deportiva; basicamente aporta información aos seus socios sobre este equipo de fútbol e os actos dos galegos residentes na cidade.

            Número conservado en formato papel:

            1998 (4º aniversario)

            Peña deportivista "AUPA Depor U.S.A."
            Peña Galega. Club España
            ES. GA 15078 ACCG AEG-01-AE-USA-ClubEs-07-02-01 · Subserie · 1998 -
            Parte de Fondos do Arquivo da Emigración Galega (AEG)

            Este boletín societario está editado coa finalidade de dar a coñecer os actos que organiza a sociedade anualmente.

            Números conservados en formato papel:

            1998 (34º Aniversario)
            1999 (35º Aniversario)

            Club España de Newark, Peña Gallega
            Permisos para emigrar
            ES. GA 15078 ACCG AEG-01-AE-CU-ValLem-05-05-01-01 · Unidade documental composta · 1915 -
            Parte de Fondos do Arquivo da Emigración Galega (AEG)

            Certificados de soltería e permisos para emigrar á cidade de A Habana de 1915 e 1919, conservados en formato dixital.

            El Valle de Lemos, Sociedad de instrucción, protección y recreo
            Pin
            ES. GA 15078 ACCG AEG-01-AE-SU-CGBer-05-05-02-01 · Unidade documental simple · 2004
            Parte de Fondos do Arquivo da Emigración Galega (AEG)

            Pin conmemorativo do XXXV aniversario da entidade coa representación do mapa de Galicia, a bandeira e un hórreo.

            Centro Gallego de Berna