Amosando 5910 resultados

Descrición arquivística
399 resultados con obxectos dixitais Mostrar resultados con obxectos dixitais
ES. GA 15078 ACCG AEG-01-AE-VEN-JuDemo-07-01-01 · Subserie · 1974 -
Parte de Fondos do Arquivo da Emigración Galega (AEG)

Esta publicación de carácter político, actúa como portavoz deste grupo, co obxectivo de loitar por unha España democrática e reivindicar a personalidade propia dos pobos catalán, galego e vasco. A revista recolle crónicas, artigos, comentarios e outro tipo de escritos arredor da situación socio-política en España.Tamén informa das opinións e reaccións políticas noutros países con respecto ao réxime franquista.

Número conservado en formato papel:

1974: n. 1

Junta Democrática de Galicia en Caracas
ES. GA 15078 ACCG AEG-01-AE-POR-XuvG-05-07-03-01 · Unidade documental simple · 1926-11-10
Parte de Fondos do Arquivo da Emigración Galega (AEG)

Publicación editada con motivo da celebración do XVIII aniversario fundacional da entidade. Conta con dedicatorias de persoeiros como o cónsul de España en Lisboa ou a fotografía dedicada do Rei Alfonso XIII. Aparece tamén unha pequena historia da sociedade e algúns poemas dos pais da literatura galega como Rosalía de Castro, Curros Enríquez, Eduardo Pondal etc.

ES. GA 15078 ACCG AEG-01-AE-POR-XuvG · Fondo · 1908-11-10
Parte de Fondos do Arquivo da Emigración Galega (AEG)

Documentación en formato dixital e PDF:
Primeiros ESTATUTOS sociais (17 de maio de 1910)

LIBROS DE ACTAS que recollen as reunións das Xuntas Directivas e da Comisión Administrativa nos seguintes períodos:

  • Libro do 22 de xaneiro de 1941 ata o 6 de decembro de 1951 (libro manuscrito que consta de 371 páxinas)
  • Libro do 5 de xaneiro de 1952 ata o 12 de marzo de 1965 (libro manuscrito que consta de 390 páxinas)

LIBROS DE ACTAS que recollen as reunións das Asembleas Xerais de Socios nos seguintes períodos:

  • Libro do 10 de decembro de 1932 ata o 31 de marzo de 1949 (libro manuscrito que consta de 283 páxinas)
  • Libro do 22 de decembro de 1949 ata o 16 de maio de 1951 (libro manuscrito que consta de 74 páxinas)
  • Libro do 28 de agosto de 1955 ata o 12 de marzo de 1959 (libro manuscrito que consta de 21 páxinas)

LIBRO DE ACTAS para a creación da ASSOCIAÇAO DE JOVENS da entidade (recolle 4 actas, que van do 29 de marzo de 1967 ata o 12 de abril dese ano) (libro manuscrito que consta de 4 páxinas)

LIBRO DE SINATURAS da toma de posesión de cargos directivos da entidade (do 16 de xullo de 1910 ata o 17 de xaneiro de 1949) (libro manuscrito con 97 páxinas)
LIBROS DE SINATURAS para acreditar a asistencia dos socios ás reunións das Asembleas Xerais:

  • Libro dende o 4 de marzo de 1920 ata o 14 de novembro de 1940 (libro manuscrito que consta de 104 páxinas)
  • Libro dende o 26 de xuño de 1941 ata o 4 de abril de 1951 (libro manuscrito que consta de 91 páxinas)
  • Libro dende o 9 de abril de 1951 ata o 23 de abril de 1965 (libro manuscrito que consta de 99 páxinas)

LIBRO dos VISITANTES ilustres coas sinaturas e dedicatorias á entidade (1918-2008) (libro manuscrito que consta de 139 páxinas)

  • Carné de socio (Ramiro Vidal Carrera, socio fundador e número 1 da entidade)
  • Diploma de Socio de Honor

CONTABILIDADE:

  • Libro borrador de Caixa (marzo de 1935 ata maio de 1937, mensual) (libro manuscrito que consta de 32 páxinas)
  • Libro de Caixa (xullo de 1936 ata abril de 1943, mensual) (libro manuscrito que consta de 88 páxinas)
  • Libro de Caixa (outubro de 1950 ata abril de 1958, mensual) (libro manuscrito que consta de 101 páxinas)
  • Libro de Caixa (maio de 1958 ata decembro de 1958, mensual) (libro manuscrito que consta de 10 páxinas)

FOLLETOS e PROGRAMAS de actividades societarias dende a súa creación ata os anos 60:

  • 27 programas de actividades societarias
  • 4 cartaces de festas societarias
  • 5 invitacións para asistir ás actividades organizadas pola entidade

FOTOGRAFÍAS de actos societarios e da súa sede social

PUBLICACIÓNS societarias:
Juventud de Galicia
1915: 10 de novembro (número único) (fotocopia)
La Voz de Breogán. Órgano oficial de “Juventud de Galicia” (dixitalizados)
1958: n. 2-8
Heraldo de Galicia (dixitalizado)
1959: n. 1
Galicia ó Lonxe. Xuventude de Galicia - Centro Galego de Lisboa (orixinal)
1994-1996: n. 1-6
1997-1999: n. 9-12
O Galego. Voceiro da "Xuventude de Galiza" - Centro Galego de Lisboa (orixinal)
1988: n. 1

Xuventude de Galicia. Centro Galego de Lisboa
ES. GA 15078 ACCG AEG-01-AE-AR-CirValMi-07-02-01 · Subserie · 1988-
Parte de Fondos do Arquivo da Emigración Galega (AEG)

Esta publicación societaria foi editada para informar das noticias da entidade e da súa sección uruguaia (memorias sociais de carácter anual, balances económicos, movemento de caixa, novos socios, regulamentos, acordos das comisións directivas, etc.). Abundan ademais as colaboracións e artigos divulgativos e de temática variada, destacando as referidas ao ámbito pedagóxico, á agricultura, historia de Galicia, etc.

Números conservados en papel:

1988: n. 1-3
1989: n. 6-7
1990: n. 10-12
2001: [n.s.] n. 1

Círculo social Valle Miñor
Xuntémonos
ES. GA 15078 ACCG AEG-01-AE-VEN-FilOur-07-01-01 · Subserie · 2001 -
Parte de Fondos do Arquivo da Emigración Galega (AEG)

Esta publicación societaria editouse para homenaxear á banda de gaitas da sociedade Xuntanza Fillos de Ourense en Venezuela. Fan un percorrido polos membros do grupo folclórico galego e pola súa andaina artística, facendo un especial fincapé pola súa visita a Galicia no ano 2000 con motivo do Campionato Liga Galega de Bandas de Gaitas. Destacan sobre todo a súa visita a numerosos concellos ourensáns nos que actuaron para os seus paisanos; así como a súa participación na toma de posesión como presidente da Xunta de Galicia de Manuel Fraga.

Número conservado en formato papel:

2001: n. 1 (ed. especial)

Asociación Civil Fillos de Ourense