Amosando 2 resultados

Descrición arquivística
ES. GA 15078 ACCG AEG-01 · Agrupación de fondos
Parte de Fondos do Arquivo da Emigración Galega (AEG)

Unha das finalidades do AEG consiste na recuperación, salvagarda e difusión do patrimonio documental precedente das asociacións ou centros galegos espallados polo mundo. Esta labor desenvólvese de maneira sistemática desde o ano 2003 e resulta primordial para evitar o deterioro ou extravío da documentación societaria xerada polas entidades de emigrantes galegos e galegas, tanto no Exterior como no resto de comunidades autónomas. Mediante a difusión do patrimonio documental e gráfico cúmprese o fiel compromiso de poñer dito patrimonio á disposición dos usuarios para a súa consulta e reprodución, pois constitúe unha valiosa fonte de información.

Este fondo documental comprende documentación de distinta índole, como por exemplo: estatutos, libros de actas das xuntas directivas, libros de socios, correspondencia, memorias sociais, folletos con información sobre as distintas actividades societarias etc. Os soportes documentais obedecen tanto a versións orixinais, como a dixitalizacións ou copia xerográfica.
A colaboración dos distintos responsables políticos en materia de emigración da Xunta de Galicia fixo posible a realización deste proxecto do AEG.

ES. GA 15078 ACCG AEG · Agrupación de fondos

O Arquivo da Emigración Galega (AEG) foi creado en 1992 como unha iniciativa promovida polo Consello da Cultura Galega (CCG), configurándose como centro de documentación, investigación e difusión referencial para persoal investigador e calquera persoa interesada no estudo do fenómeno da emigración galega.

CADRO DE CLASIFICACIÓN DOS FONDOS DOCUMENTAIS DO AEG:

  1. Documentación das Asociacións de Emigrantes
  2. Documentación de particulares (arquivos persoais e familiares)
  3. Documentación de organismos oficiais
  4. Coleccións

Neste repositorio están accesibles as descricións arquivísticas de toda a colección "Documentación das Asociacións de Emigrantes", e moitas delas xa dispoñen do documento asociado en formato dixital.
Co obxectivo de faciliar o acceso en liña a toda esta documentación, seguimos completando os rexistros periodicamente enriquecéndoos co seu obxecto dixital asociado.

Consello da Cultura Galega