Showing 49 results

Archival description
ES. GA 15078 ACCG AEG-01-AE-POR-XuvG-05-04-09 · Item · 1956-12-00
Part of Fondos do Arquivo da Emigración Galega (AEG)

Programa das actividades organizadas pola entidade para o mes de decembro de 1956. O día 16 celebra unha velada artística e danzante con artistas españois e un baile coa orquestra Boémia. O día 25 terá lugar unha festa infantil de nadal para os máis novos da entidade con concursos e regalos de xoguetes.

Untitled
ES. GA 15078 ACCG AEG-01-AE-POR-XuvG-05-04-18 · Item · 1958-05-23
Part of Fondos do Arquivo da Emigración Galega (AEG)

Invitación para asistir a unha conferencia organizada pola entidade co título de "A obra dos galegos na América" impartida polo profesor Luís Soto Fernández. A conferencia tivo lugar o 23 de maio de 1958 na sede da entidade, na Rúa Madalena, nº 259, 1ºA.

Untitled
ES. GA 15078 ACCG AEG-01-AE-POR-XuvG-05-04-20 · Item · 1958-07-00
Part of Fondos do Arquivo da Emigración Galega (AEG)

Programa das actividades organizadas pola entidade para o mes de xullo de 1958, «Año de las Bodas de Oro». O día 17 organiza o tradicional paseo fluvial nocturno cunha festa durante a travesía a cargo da orquestra Costa Rica. O día 25, Día de Santiago celébrase unha misa e pola noite un baile ao que poderán asistir os socios coas súas familias.

Untitled
ES. GA 15078 ACCG AEG-01-AE-POR-XuvG-05-04-22 · Item · 1958-07-22
Part of Fondos do Arquivo da Emigración Galega (AEG)

Informa das distintas actividades organizadas para celebrar o Día de Galicia, na festividade de Santiago Apóstolo. O 24 terá lugar unha conferencia titulada "Tres poetas galegos bilingües (Rosalía de Castro, Curros Enríquez e Eduardo Pondal)", impartida por Carlos A. Areán. O 25 misa en honor do santo e o 27 gran festa campestre de confraternización galego-miñota organizada pola Casa do Minho, para todos os socios e socias de ambas as dúas entidades.

Untitled
ES. GA 15078 ACCG AEG-01-AE-POR-XuvG-05-04-01 · Item · 1930-06-08
Part of Fondos do Arquivo da Emigración Galega (AEG)

Invitación para asistir a unha conferencia organizada pola entidade co título de "Galicia y sus problemas" impartida por Ramón Salgado. Ademais falarán do mesmo tema Enrique Peinador, Amado Garra, Antonio Prieto Ribas e Ramiro Vidal Carrera. A conferencia terá lugar o 8 de xuño de 1930 na sede da entidade, na Rúa Madalena, nº 259, 1ºA.

Untitled