1 Diploma honorífico co nomeamento de Tesoureiro de Honra a nome de Antonio Tenreiro Roca (1959) (1 páxina)
Sociedad de Instrucción y Protección "Progreso de Lanzós"Boletín da Secretaría de Relacións Públicas da "Hermandad Gallega de Venezuela". Consta de dúas follas con fotografías dos diversos eventos e actividades que organiza a entidade durante a semana e que tamén se pode consultar na web da entidade galego-venezolana. A partir de xuño do ano 2005 pasa a titularse "Somos Hermandad: Publicación de la Secretaría de Relaciones Públicas de la Hermandad Gallega de Venezuela".
Números conservados en formato papel:
Tips H.G.:
2005: n. 246-253, 255-258
Somos Hermandad:
2005: n. 264-265, 267-272
2008: n. 430-431
2009: n. 467
2010: n. 480-522
Texto mecanografado "Miradoiro : (guía poética de Galicia)" escrito por Daniel Pato Movilla en 1990 e adicado á "Casa de Galicia en Valladolid", conservado en formato papel.
Casa de Galicia de ValladolidEste fondo contén a seguinte documentación:
Conservada en formato papel:
Rexistro civil (2001) (fotocopias)
Estatutos (2001) (impresión)
Revista "Aires da miña terra"
Esta publicación de carácter nacionalista foi editada pola Irmandade Nazonalista Galega, na que colaboran importantes personalidades galeguistas como Ramiro Isla Couto (director), Eduardo Blanco Amor (redactor xefe), Miguel Revestido, Xavier Insua, Arturo Carril, Vicente Risco, Castelao, etc. Contén artigos sobre a cultura e a historia de Galicia, colaboracións literarias de autores galegos e portugueses («Os nosos poetas», «Letras irmáns»), e información sobre as actividades realizadas dentro da colectividade («Da causa» e «De Nós»).
Número conservado en formato papel (fotocopias):
- 1923: n. 5, outubro
Esta publicación comezou a editadarse en 1910 polas sociedades agrarias de emigrantes da comarca de Teo e Vedra. Informa da vida interna e do labor desenvolvido polas diferentes institucións que a patrocinan. Inclúe numerosas noticias, crónicas e comentarios da actualidade política e social da comarca, analizando a situación das diferentes parroquias, desde unha perspectiva agrarista, e denunciando as manipulacións caciquís e do clero. Tamén recolle diversas notas sociais como nacementos, vodas, viaxeiros, etc. dos persoeiros da comarca, e colaboracións literarias. A partir de 1916 pasa a denominarse «El Eco de Teo» e xa nos anos 20 continúa chamándose «Unión de Teo y Vedra»
Números conservados en formato papel (fotocopias):
1911: n. 16-20
1912: n. 21-32
1913: n. 33-44
1914: n. 45-56
1915: n. 57-60
Anos conservados en formato microficha:
1915-1918
Federación de residentes de Teo en SudaméricaEsta xornal editado pola Secretaria xeral da Federación Mundial de Sociedades Galegas trata non só dos temas da entidade editora senón tamén de diversos aspectos da cultura galega tanto en Galicia como fóra de Galicia, cunha temática diversa como política, emigración, galeguidade, educación, etc. Ten seccións fixas como «Entre col e col» de Plácido Lizancos Santos ou «Temas Gallegos» por Juan Naya Pérez, «Micronoticias dos nosos», etc.
Números conservados en formato papel:
1982: n. 1-3
1984: n. 5-7
1985: n. 8
Tarxetas postais enviadas pola Irmandade Galega na Suiza para felicitar as festas navideñas, conservadas en formato papel:
- Tarxeta enviada en 1987 para felicitar o ano novo 1988
- Tarxeta sen datar
Tarxetas postais enviadas polo "Patronato da cultura galega de Montevideo" como felicitación de Nadal dos anos:
- 1990
- 199?
- 1997
- 200?
Tarxetas postais de felicitación de Nadal enviadas pola "Enxebre Orde da Vieira" convidando ao socios a reunirse en Madrid coincidindo coa celebración de Carnaval, conservadas en formato papel:
- 20/02/1983
- 1984
- 1985
- 20º capítulo xeral (27/02/1987)
- 21º capítulo xeral (12/02/1988)
- 22º capítulo xeral (03/02/1989)
- 23º capítulo xeral (23/02/1990)
- 25º capítulo xeral (29/02/1992)
- 27º capítulo xeral (11/02/1994)
- 28º capítulo xeral (24/02/1995)
- 29º capítulo xeral (16/02/1996)
- 30º capítulo xeral (07/03/1997)
- 31º capítulo xeral (06/03/1998)
Tarxeta societaria de José Rodríguez Gutiérrez, Presidente da Casa de Galicia de Bruselas, co emblema societario, conservada en formato papel.
Casa de Galicia de BruselasTarxeta da "Sociedade de socorros mútuos e beneficiente Rosalía de Castro", co emblema societario, conservada en formato papel.
Sociedade de socorros mútuos e beneficiente Rosalía de CastroTarxeta de presentación do "Coro Alborada" da Casa de Galicia de París, conservada en formato papel (fotocopia).
Casa de Galicia de ParísTarxeta social do Centro Galego A Nosa Terra de Zug co emblema societario, conservada en formato papel.
Centro Galego de Zug “A Nosa Terra”Tarxeta social da Comisión de Visita a Enfermos da "Sociedad de Beneficencia de Naturales de Galicia" co troquelado SBNG e o selo da "Federación de Sociedades Gallegas de Cuba y sus descend.", conservada en formato papel.
Sociedad de Beneficencia de Naturales de GaliciaTarxeta social do Presidente do "Centro deportivo y social de bolos Valle Miñor", Álvaro Alonso Valverde, conservada en formato papel.
Centro deportivo y social de bolos Valle MiñorTarxeta postal de felicitación de nadal enviada polo "Centro Gallego de Tres Cantos" (2010)
Centro Gallego de Tres CantosTarxeta postal enviada pola "Asociación Española de Socorros Mutuos" en decembro do ano 2004, asinada polo Secretario, Enrique San Andrea, e polo Presidente, Luis A. Avellanal.
Patronato da cultura galega de MontevideoTarxeta Postal enviada pola "Casa de Galicia de El Puerto de Santa María Cádiz" para felicitar o Ano Novo 2005, conservada en formato papel.
Casa de Galicia de El Puerto de Santa MaríaTarxeta postal enviada dende a Casa de Galicia en Santurce como felicitación navideña, conservada en formato papel.
Casa de Galicia en Santurce