Esta publicación societaria está editada para conmemorar a festividade da patroa de Mondoñedo, a Virxe dos Remedios.
Case a metade da revista contén artigos sobre Mondoñedo (historia, xeografía, arquitectura etc.) e sobre persoeiros destacados vinculados á comarca. Tamén lle dedican espazo aos concellos veciños de Alfoz, Abadín, Lourenzá, Riotorto, Pastoriza, Valadouro, e Foz. Hai numerosas de colaboracións literarias de escritores galegos como Eduardo Lence-Santar ("Poetas mindonienses"), Manuel Leiras Pulpeiro, Uxío Carré Alvarellos, Justo Rivas Fernández, Antonio Noriega Varela ("De Ruada"), Antón Villar Ponte ("Pol-a cultura da nosa terra"), R. Veiga González ("Remembranzas"), Leandro Carré ( coa obra teatral "A sorte") etc.
Aparece tamén reproducida a acta fundacional de "Mondoñedo y sus distritos" e diversas noticias sobre as súas directivas e actividades.
Número conservado en formato papel (fotocopias):
- 1923
Publicación societaria que está dedicada na súa maior parte a informar das actividades e situación interna da Sociedad Mondoñedo y sus distritos de Buenos Aires. Inclúe ademais novas referidas á actualidade galega, especialmente da comarca de referencia, que aparecen recollidas en «Noticias de Mondoñedo». Defende os intereses locais, como o paso do ferrocarril central galego por Mondoñedo, e realiza diferentes chamamentos ás autoridades municipais. Por último, aparecen artigos e reflexións de temática moi variada e diversas colaboracións literarias.
Números conservados en formato microficha:
- 1926: n. 4
- 1927: n. 11, 13-14
- 1928: n. 15-16
Acta fundacional da sociedade "Unión progresista del distrito de Salvatierra de Miño" do día 14/08/1921, conservada en formato microfilme e dixital.
UntitledCartas manusctritas e mecanografadas recibidas pola sociedade "Unión progresista del distrito de Salvatierra de Miño" durante o ano 1925 conservada en formato microfilme e dixital.
UntitledCartas manusctritas e mecanografadas recibidas pola sociedade "Unión progresista del distrito de Salvatierra de Miño" durante o ano 1929 conservada en formato microfilme e dixital.
UntitledCartas manusctritas e mecanografadas recibidas pola sociedade "Unión progresista del distrito de Salvatierra de Miño" durante o ano 1933 conservada en formato microfilme e dixital.
UntitledCartas manusctritas e mecanografadas recibidas pola sociedade "Unión progresista del distrito de Salvatierra de Miño" durante o ano 1936 conservada en formato microfilme e dixital.
UntitledCartas enviadas pola sociedade "Unión progresista del distrito de Salvatierra de Miño" durante os anos 1927, conservada en formato microfilme e dixital.
UntitledCartas enviadas pola sociedade "Unión progresista del distrito de Salvatierra de Miño" durante os anos 1929, conservada en formato microfilme e dixital.
UntitledMemoria e balance do 21º exercicio correspondente ao ano 1942 da sociedade "Unión progresista del distrito de Salvatierra de Miño" (18 páxinas), conservada en formato microfilme e dixital.
UntitledMemoria e balance do exercicio correspondente aos anos 1925-1927 da sociedade "Unión progresista del distrito de Salvatierra de Miño", conservada en formato microfilme e dixital.
UntitledEste fondo contén a seguinte documentación:
Conservada en formato papel:
"Boletín de la Federación de asociaciones españolas en la República Argentina"
UntitledEsta publicación comezou a editadarse en 1910 polas sociedades agrarias de emigrantes da comarca de Teo e Vedra. Informa da vida interna e do labor desenvolvido polas diferentes institucións que a patrocinan. Inclúe numerosas noticias, crónicas e comentarios da actualidade política e social da comarca, analizando a situación das diferentes parroquias, desde unha perspectiva agrarista, e denunciando as manipulacións caciquís e do clero. Tamén recolle diversas notas sociais como nacementos, vodas, viaxeiros, etc. dos persoeiros da comarca, e colaboracións literarias. A partir de 1916 pasa a denominarse «El Eco de Teo» e xa nos anos 20 continúa chamándose «Unión de Teo y Vedra»
Números conservados en formato papel (fotocopias):
1911: n. 16-20
1912: n. 21-32
1913: n. 33-44
1914: n. 45-56
1915: n. 57-60
Anos conservados en formato microficha:
1915-1918
UntitledPublicación societaria editada polas sociedades agrarias galegas en Bos Aires, co obxectivo de dar a coñecer as noticias e informacións de máis interese para os emigrantes da provincia da Coruña en Bos Aires. Inclúe artigos sobre os concellos e parroquias de Boqueixón, Oza, Vedra, Lestedo, realizando unha crítica moi dura á súa situación económica e social e aos poderes eclesiásticos. Tamén recolle a vida das institucións de emigrantes dos concellos de Teo, Rois, Ames, Boqueixón (asembleas, reunións, acordos, mocións). Por último, contén noticias da actualidade de Galicia e páxinas de pasatempos, arte e cultura. Sucede a "El Eco de Teo".
Números conservados en formato papel (fotocopias):
1921: n. 59-71
1922: n. 72-82
1923: n. 83-90; 100-103
1924: n. 105-107; 109-112; 115-116
1925: n. 117-119; 121; 123; 125-127
1926: n. 128; 131; 134-135; 138-139
1927: n. 141-142; 145-148
1928: n. 152-159