Showing 5910 results

Archival description
403 results with digital objects Show results with digital objects
ES. GA 15078 ACCG AEG-01-AE-VEN-HPEst-07-01-01 · Subseries · 1981 -
Part of Fondos do Arquivo da Emigración Galega (AEG)

Esta publicación foi editada para conmemorar o 22º aniversario fundacional desta sociedade. Realizan unha descrición pormenorizada da historia do centro desde a súa fundación, e un percorrido sobre a xeografía, a cultura e a historia do concello de A Estrada e de Galicia en xeral. Complétase cunha serie de relatos literarios, anécdotas e poesías.

Número conservado en formato papel:

1981: 22º aniversario

Untitled
ES. GA 15078 ACCG AEG-01-AE-VEN-LG-02-01-01-04 · File · 1957-11-01 - 1959-11-03
Part of Fondos do Arquivo da Emigración Galega (AEG)

Libro coas actas das reunións das Xuntas Directivas de "Lar Gallego", conservados en formato dixital: actas 420 a 522 dende o 11/01/1957 ata o 17/03/1959.
Na páxina 1: dilixencia de apertura do libro asinada polo secretario, na que indica que este libro se inicia na páxina 2 coa continuación e conclusión da acta nº 419, que procede do libro anterior (nº 3).

Untitled
ES. GA 15078 ACCG AEG-01-AE-AR-ORGA-07-02-01 · Subseries · 1934-
Part of Fondos do Arquivo da Emigración Galega (AEG)

Esta publicación de carácter político foi editada pola delegación do Partido Galeguista en Bos Aires. A súa finalidade foi a difusión das ideas nacionalistas no seo da colectividade porteña e informar sobre as actividades organizadas polos galeguistas, tanto en Galicia como na emigración. A maior parte dos artigos versan sobre os postulados do nacionalismo galego e a defensa do proxecto político do Partido Galeguista.

Conservados en formato microfilme e papel:

  • 1934: n. 3 (fotocopia)

Conservados en formato microfilme:

  • 1934: n. 2
  • 1935: n. 4-10
Untitled
ES. GA 15078 ACCG AEG-01-AE-POR-XuvG-05-04-03 · Item · 1956-04-00
Part of Fondos do Arquivo da Emigración Galega (AEG)

Programa das actividades organizadas pola entidade para o mes de abril de 1956. O día 1 os socios e socias poderán desfrutar dun festival dedicado ao socio Baldomero Boullosa, con actuacións da orquestra Copacabana e a agrupación coral e artística "Anaquiños da Terra" da sociedade. O día 22 organiza un baile coa orquestra Costa Rica e un concurso de "Jotas e muiñeiras".

Untitled
ES. GA 15078 ACCG AEG-01-AE-POR-XuvG-05-04-05 · Item · 1956-06-00
Part of Fondos do Arquivo da Emigración Galega (AEG)

Programa das actividades organizadas pola entidade para o mes de xuño de 1956 baixo o nome de "Festejos de los santos populares". Celebraránse dúas veladas musicais coa orquestra Costa Rica. O día 13, Día de San Antonio ademais da verbena haberá un concurso de versos; e o día 24 celebran a Noite de San Xoán cunha verbena e un concurso de pasodobres.

Untitled
ES. GA 15078 ACCG AEG-01-AE-POR-XuvG-05-04-08 · Item · 1956-11-11
Part of Fondos do Arquivo da Emigración Galega (AEG)

Folleto co programa das actividades organizadas pola entidade para conmemorar o seu 48º aniversario fundacional. Ademais da relación dos actos que van ter lugar ese día para os socios tamén hai varias páxinas con información sobre a entidade e fotos dos socios e socias.

Untitled