Carta enviada en decembro de 1984 pola "Sociedad Hijos del Ayuntamiento de Golada y sus contornos" aos seus socios informando da súa fusión no "Centro Lalín de Buenos Aires, Social, Cultural y Recreativo" por Resolución do día 28/12/1984
Sociedad de beneficencia y recreativa hijos de Golada y afinesCarta dirixida ao Secretario da "Sociedad hijos de Silleda de protección mutua" para comunicar a constitución da "Sociedad de Agricultores y Oficios de Ocastro Silleda", conservada en formato papel. Xunto coa carta ía adxunto un folleto coa convocatoria do II Congreso para a constitución da "Confederación Regional de Agricultores Gallegos" e do "Partido Agrario Gallego" (8 páxinas)
Sociedad hijos de Silleda de protección mutuaCarta do Secretario Xeral da "Federación de Sociedades Gallegas de la República Argentina", Gerardo M. Díaz, dirixida ao Presidente da Sociedade Lalín, en outubro de 1950, para solicitarlles que fagan un requerimento ao goberno francés.
Unión del partido de Lalín en Buenos AiresCarta enviada pola Directiva do "Centro Gallego de St. Gallen" o día 14/04/1981, co selo societario, conservada en formato papel.
Centro Gallego de St. GallenCarta da Comisión organizadora da homenaxe a Castelao dirixida ao Presidente da sociedade"Unión del Partido de Lalín" o día 01/06/1944 instándoo a participar.
Unión del partido de Lalín en Buenos AiresCarta de Ramón Vila, Secretario da "Asociación Unión Residentes del Ayuntamiento de Carbia en Buenos Aires" do día 15/07/1977 felicitando a esta sociedade polo seu 47º aniversario social e contestando á súa invitación previa a un almorzo.
Sociedad de beneficencia y recreativa hijos de Golada y afinesCarta do Presidente da Asociación, Reginaldo Trigo Carreiro, enviada o 14/10/2005 convidando á celebración dun acto de confraternización interxeracional, conservada en formato papel (fotocopias).
Asociación cultural Hispano-Galega Caballeros de SantiagoCarta enviada pola Secretaria Xeral do "Centro Gallego de Mallorca", María del Carmen González, ao Secretario Técnico do Consello da Cultura Galega, Manuel Suárez Suárez, o día 10/02/1992, para remitirlle as enquisas de "Entidades" e "Medios de comunicación" cubertas, conservadas en formato papel.
Centro Gallego de Mallorca Playa de PalmaCarta enviada por Manuel Fernández Castro, Presidente da Casa de Galicia en Valladolid, a Marcelino X. Fernández Santiago, coordinador do Arquivo da Emigración Galega do Consello da Cultura Galega, o día 04 de febreiro de 1992, para remitirlle as enquisas "Entidades" e "Medios de comunicación" cubertas, conservadas en formato papel.
Casa de Galicia de ValladolidCarta enviada o 07/04/1991 por Alberte Sanmartín, Delegado de Cultura do Centro Galego de Bizkaia en Barakaldo, ao consello da Cultura Galega, para achegarlles a seguinte documentación en formato papel:
- Memoria e fins societarios
- Enquisa "Entidades" para elaborar o censo cultural
- Enquisa "Medios de comunicación" para elaborar o censo cultural
Carta enviada o día 04/11/1996 dende a Casa de Galicia en Santurce a María Jesús Rodríguez Galdo, Directora do Arquivo da Emigración Galega do Consello da Cultura Galega, para remitirlle información solicitada:
- Enquisa "Entidades" para elaborar o Censo Cultural
- Enquisa "Medios de comunicación" para elaborar o Censo Cultural
- Memoria sucinta con datos estatísticos a día 01/02/1995
- Relación de actividades previstas para o ano 1996
- Sobre co emblema societario
Carta enviada polo Secretario, Pedro Soriano, e o Presidente, Francisco Solla Crespo, do "Centro Gallego de Mar del Plata, cultural, social, recreativo y deportivo" á Directora do Arquivo da Emigración Galega, María José Rodríguez Galdo, en contestación a un requerimento previo de información.
Xunto coa carta adxuntan a seguinte documentación:
- Estatutos
- Memoria e balance do exercicio 1995-1996
- Último boletín publicado
- Breve reseña histórica do centro
- Enquisa "Fontes documentais das sociedades galegas"
Carta enviada por Gonzálo Fernández Cid, do "Centro Galego de La Rioja", á Directora do Arquivo da Emigración Galega, do Consello da Cultura Galega, o día 30/10/1996, para facerlle chegar:
- Estatutos
- Emblema societario
- Memoria de actividades do ano 1996
- Enquisa "Fontes documentais das sociedades galegas" cuberta
Carta enviada por Graciela Pérez, filla do Presidente da sociedade "Centro Gallego de Santa Fé", á Directora do Arquivo da Emigración Galega, María Xosé Rodríguez Galdo, o día 16/05/1997 en contestación á súa solicitude de información. Adxuntos á carta remitiron a seguinte documentación:
- Folleto conmemorativo do 75º aniversario da sociedade
- Programa de actos polo 75º aniversario
- Enquisa "Fontes documentais das sociedades galegas"
Carta enviada por Antonio Barbosa Fernández, membro da Xunta Directiva da Casa de Galicia en Valladolid, a María José Rodríguez Galdo, Directora do Arquivo da Emigración Galega do Consello da Cultura Galega, o día 07 de novembro de 1996, para remitirlle unha memoria, 2 exemplares da revista Abrente, 4 fotografías, 1 emblema e a enquisa "Fontes documentais das sociedades galegas" cuberta, conservados en formato papel.
Casa de Galicia de ValladolidCarta enviada polo Presidente do "Centro Galicia de Ponferrada", Eloy Fernández Gómez, o día 25 de outubro de 1996, adxuntando os Estatutos, o anagrama da institución e o díptico coa enquisa "Fontes documentais das sociedades galegas", conservados en formato papel.
Centro Galicia en PonferradaCarta enviada polo Presidente do "Centro Unión Orensana de La Habana", Xosé Manuel Docampo, á Directora do Arquivo da Emigración Galega do Consello da Cultura Galega, María Xosé Rodríguez Galdo, na que responda á súa solicitude de información sobre a sociedade "Unión Orensana" e indica que en xuño de 1994 foi encargado da Comisión Organizadora do seu rescate, cando pasaría a chamarse "Centro Unión Orensana de La Habana". Envía o regulamento vixente no momento de escribir a carta, o regulamento de 1940, emblemas antigo e actual, relación de actividades realizadas en 1996 e a enquisa "Fontes documentais das sociedades galegas" cuberta.
Centro Unión Orensana de La HabanaEstanislao Rodríguez Sende, Prosecretario General, e Ramón Berdullas Martínez, Presidente, envían resposta a Manuel Suárez, Secretario Técnico do Consello da Cultura Galega. Na carta mencionan as fichas Persoas Físicas, Medios de Comunicación e Entidades para cumprimentación do Censo Cultural de Galicia.
A enquisa reflicte os seus datos sobre Entidades.
Asociación Casa de Galicia de Buenos AiresCarta enviada polo Presidente do "Centro Gallego de Madrid", Xosé Cimadevila Covelo, ao Secretario Técnico do Consello da Cultura Galega, Manuel Suárez Suárez, en resposta á súa solicitude previa de información.
Xunto coa carta envían a enquisa "Censo Cultural" cuberta.
Centro Gallego de MadridCarta enviada polo Presidente do Centro Galego en Burgos, Avelino Lorenzo Vidal, ao coordinador do Arquivo da Emigración Galega do Consello da Cultura Galega, Marcelino X. Fernández Santiago, o día 27 de xaneiro de 1999, para facerlle chegar a enquisa "As sociedades galegas no mundo" (8 páxinas), conservadas en formato papel.
Centro Gallego en Burgos