Showing 5910 results

Archival description
403 results with digital objects Show results with digital objects
ES. GA 15078 ACCG AEG-01-AE-CUHSar-03-01-02-01 · File · 1932 -
Part of Fondos do Arquivo da Emigración Galega (AEG)

Correspondencia mantida entre o Presidente da sociedade "Hijos del Distrito de Sarria, Sociedad de Beneficencia y Protección Mutua", Antonio Sobrado, e Enrique López Álvarez, Balbina Rodríguez de Alonso, Pedro Páramo Arias e Juan López y López, entre outros, en referencia as escolas da sociedade, conservada en formato papel (fotocopias).

Untitled
Circular sobre actividades
ES. GA 15078 ACCG AEG-01-AE-CUHSar-03-01-02-02 · Item · 2003
Part of Fondos do Arquivo da Emigración Galega (AEG)

Circular enviada pola sociedade "Hijos del Distrito de Sarria, Sociedad de Beneficencia y Protección Mutua" aos seus socios coas actividades anuais da sociedade (2003), conservada en formato papel (fotocopias).

Untitled
Fotografías
ES. GA 15078 ACCG AEG-01-AE-CUHSar-06-01-01 · File · 1917 -
Part of Fondos do Arquivo da Emigración Galega (AEG)

Fotografías tomadas en actividades da sociedade "Hijos del Distrito de Sarria, Sociedad de Beneficencia y Protección Mutua": actos, Comité de Damas, comidas, etc., conservadas en formato dixital.

Untitled
ES. GA 15078 ACCG AEG-01-AE-CU-Viv-03-01-02-01 · File · 1999 -
Part of Fondos do Arquivo da Emigración Galega (AEG)

Carta enviada polo Presidente da "Ilustrísima Sociedade Vivero y su Comarca", Jesús Méndez Díaz, ao Coordinador do Arquivo da Emigración Galega, do Consello da Cultura Galega, Marcelino X. Fernández Santiago, o día 20/09/1999, para facerlle chegar a enquisa "As sociedades galegas no mundo" cuberta, conservada en formato papel.

Untitled
Fotografías
ES. GA 15078 ACCG AEG-01-AE-CU-Viv-06-01-01 · File · 194? -
Part of Fondos do Arquivo da Emigración Galega (AEG)

Fotografías da sociedade "Vivero y su comarca", conservadas en formato dixital, de entregas de diplomas, banquetes, reunións da sección de propaganda e da comisión de damas, así como:

  • Fotografías da Billetería "El Nacional", de Méndez y Cía., en San Rafael y Belascoin
  • Fotografía da Compañía Tabacalera Mundial, cuxo propietario era Daniel Blanco Cabarcos
  • Fotografías da Bodega "La Unión Ibérica"
Untitled
ES. GA 15078 ACCG AEG-01-AE-CU-Viv-07-01-01 · Subseries · 1954 -
Part of Fondos do Arquivo da Emigración Galega (AEG)

Esta publicación societaria comezou a editarse en 1911 como voceiro da sociedade de instrución Vivero y su comarca. Esta revista responde ao arquetipo das publicacións de sociedades: descrición das súas actividades, noticias da comarca, artigos diversos sobre Galicia, notas sociais e páxinas literarias. Tiveron como lema da publicación os seguintes ditos tomados de insignes reformadores como «Cada escuela que se abre, es una cárcel que se cierra», «Instruirse es una obligación», «El salvador fue maestro», «La instrucción es de necesidad pública» (Concepción Arenal) «El primer deber de un ciudadano es instruirse. El segundo es trabajar. Quien funda una escuela civiliza. Quien educa hombres hace patria» (J. N. Aramburu).
Estivo dirixida por Jesús Peynó, Francisco Docal, M. Barreiro, F. Almoina, X. Del Valle Mora, A. Fernández e foron colaboradores habituais J. M. Riguera Montero, Constantino Horta, José del Valle Moré, Perfecto Cobo García, Vicente Otero Cao, E. Saavedra L, P. M. T., Pascual Ramos, Andrés Prieto, Francisco Docal, José T. Pit, Miguel Roldán, Enrique Chao Espina, Alberto Michelena, Perfecto Guerreiro Santín, José Rivas y Pernas, Eduardo Núñez Martínez, D'Arxellas, Jorge Castelo Briz, Blanca Espinar ou César Michelena Rebellón.

Número conservado en formato dixital e impreso:

1954: maio

Untitled
ES. GA 15078 ACCG AEG-01-AE-CU-ValOro-02-04-01-01 · Item · 1946 -12-14
Part of Fondos do Arquivo da Emigración Galega (AEG)

Documento notarial de doazón das escolas fundadas e financiadas pola sociedade "El Valle de Oro" aos concellos de Alfoz e O Valadouro, conservado en formato dixital e impreso (14 de decembro de 1946). Documento acreditado polo Secretario do concello de Alfoz en 1991.

Untitled
ES. GA 15078 ACCG AEG-01-AE-CU-ValOro-02-05-02 · File · 1920-00-00
Part of Fondos do Arquivo da Emigración Galega (AEG)

Libro de Actas das reunións do Comité «Pro Iglesia de Ferreira» da sociedade "El Valle de Oro", conservado en formato dixital e impreso:

  • Libro creado para recoller as actas das reunións deste Comité. Consta da acta da reunión previa á constitución do Comité, a acta de creación do Comité e un listado cos doantes e as súas achegas para enviar a O Valadouro co fin de rematar a igrexa da parroquia de Ferreira. Comeza na reunión do 19 de decembro de 1920 e remata o 25 de decembro dese mesmo ano (7 páxinas)
Untitled
Libro de rexistro de socios
ES. GA 15078 ACCG AEG-01-AE-CU-ValOro-03-02-01-05 · Item · 1964-1993
Part of Fondos do Arquivo da Emigración Galega (AEG)

Libro de Rexistro de socios da sociedade "El Valle de Oro", conservado en formato dixital (libro reutilizado):

  • Libro no que se rexistran os socios da entidade, co seu nome e apelidos, número de asociado, enderezo, data de alta e se procede, de baixa da entidade e profesión (13 páxinas)
Untitled