Esta publicación societaria editouse para homenaxear á banda de gaitas da sociedade Xuntanza Fillos de Ourense en Venezuela. Fan un percorrido polos membros do grupo folclórico galego e pola súa andaina artística, facendo un especial fincapé pola súa visita a Galicia no ano 2000 con motivo do Campionato Liga Galega de Bandas de Gaitas. Destacan sobre todo a súa visita a numerosos concellos ourensáns nos que actuaron para os seus paisanos; así como a súa participación na toma de posesión como presidente da Xunta de Galicia de Manuel Fraga.
Número conservado en formato papel:
2001: n. 1 (ed. especial)
Asociación Civil Fillos de OurenseEsta publicación societaria foi editada para informar das noticias da entidade e da súa sección uruguaia (memorias sociais de carácter anual, balances económicos, movemento de caixa, novos socios, regulamentos, acordos das comisións directivas, etc.). Abundan ademais as colaboracións e artigos divulgativos e de temática variada, destacando as referidas ao ámbito pedagóxico, á agricultura, historia de Galicia, etc.
Números conservados en papel:
1988: n. 1-3
1989: n. 6-7
1990: n. 10-12
2001: [n.s.] n. 1
Documentación en formato dixital e PDF:
Primeiros ESTATUTOS sociais (17 de maio de 1910)
LIBROS DE ACTAS que recollen as reunións das Xuntas Directivas e da Comisión Administrativa nos seguintes períodos:
- Libro do 22 de xaneiro de 1941 ata o 6 de decembro de 1951 (libro manuscrito que consta de 371 páxinas)
- Libro do 5 de xaneiro de 1952 ata o 12 de marzo de 1965 (libro manuscrito que consta de 390 páxinas)
LIBROS DE ACTAS que recollen as reunións das Asembleas Xerais de Socios nos seguintes períodos:
- Libro do 10 de decembro de 1932 ata o 31 de marzo de 1949 (libro manuscrito que consta de 283 páxinas)
- Libro do 22 de decembro de 1949 ata o 16 de maio de 1951 (libro manuscrito que consta de 74 páxinas)
- Libro do 28 de agosto de 1955 ata o 12 de marzo de 1959 (libro manuscrito que consta de 21 páxinas)
LIBRO DE ACTAS para a creación da ASSOCIAÇAO DE JOVENS da entidade (recolle 4 actas, que van do 29 de marzo de 1967 ata o 12 de abril dese ano) (libro manuscrito que consta de 4 páxinas)
LIBRO DE SINATURAS da toma de posesión de cargos directivos da entidade (do 16 de xullo de 1910 ata o 17 de xaneiro de 1949) (libro manuscrito con 97 páxinas)
LIBROS DE SINATURAS para acreditar a asistencia dos socios ás reunións das Asembleas Xerais:
- Libro dende o 4 de marzo de 1920 ata o 14 de novembro de 1940 (libro manuscrito que consta de 104 páxinas)
- Libro dende o 26 de xuño de 1941 ata o 4 de abril de 1951 (libro manuscrito que consta de 91 páxinas)
- Libro dende o 9 de abril de 1951 ata o 23 de abril de 1965 (libro manuscrito que consta de 99 páxinas)
LIBRO dos VISITANTES ilustres coas sinaturas e dedicatorias á entidade (1918-2008) (libro manuscrito que consta de 139 páxinas)
- Carné de socio (Ramiro Vidal Carrera, socio fundador e número 1 da entidade)
- Diploma de Socio de Honor
CONTABILIDADE:
- Libro borrador de Caixa (marzo de 1935 ata maio de 1937, mensual) (libro manuscrito que consta de 32 páxinas)
- Libro de Caixa (xullo de 1936 ata abril de 1943, mensual) (libro manuscrito que consta de 88 páxinas)
- Libro de Caixa (outubro de 1950 ata abril de 1958, mensual) (libro manuscrito que consta de 101 páxinas)
- Libro de Caixa (maio de 1958 ata decembro de 1958, mensual) (libro manuscrito que consta de 10 páxinas)
FOLLETOS e PROGRAMAS de actividades societarias dende a súa creación ata os anos 60:
- 27 programas de actividades societarias
- 4 cartaces de festas societarias
- 5 invitacións para asistir ás actividades organizadas pola entidade
FOTOGRAFÍAS de actos societarios e da súa sede social
PUBLICACIÓNS societarias:
Juventud de Galicia
1915: 10 de novembro (número único) (fotocopia)
La Voz de Breogán. Órgano oficial de “Juventud de Galicia” (dixitalizados)
1958: n. 2-8
Heraldo de Galicia (dixitalizado)
1959: n. 1
Galicia ó Lonxe. Xuventude de Galicia - Centro Galego de Lisboa (orixinal)
1994-1996: n. 1-6
1997-1999: n. 9-12
O Galego. Voceiro da "Xuventude de Galiza" - Centro Galego de Lisboa (orixinal)
1988: n. 1
Publicación editada con motivo da celebración do XVIII aniversario fundacional da entidade. Conta con dedicatorias de persoeiros como o cónsul de España en Lisboa ou a fotografía dedicada do Rei Alfonso XIII. Aparece tamén unha pequena historia da sociedade e algúns poemas dos pais da literatura galega como Rosalía de Castro, Curros Enríquez, Eduardo Pondal etc.
Esta publicación de carácter político, actúa como portavoz deste grupo, co obxectivo de loitar por unha España democrática e reivindicar a personalidade propia dos pobos catalán, galego e vasco. A revista recolle crónicas, artigos, comentarios e outro tipo de escritos arredor da situación socio-política en España.Tamén informa das opinións e reaccións políticas noutros países con respecto ao réxime franquista.
Número conservado en formato papel:
1974: n. 1
Junta Democrática de Galicia en Caracas