Esta revista societaria está editada polo Centro Deportivo y Social de Bolos Valle Miñor de Montevideo, para informar aos seus socios anualmente das actividades organizadas. O número correspondente ao ano 1997 está dedicado á celebración do cincuentenario da súa fundación, facendo un percorrido polo seu devir histórico.
Números conservados en formato papel:
1992
1997 (50º aniversario)
Esta publicación cultural de orientación galeguista, da que só saíron dous números, foi editada pola Asociación Protectora de la Cultura Gallega de Montevideo. Nela aparecen numerosos artigos sobre Galicia e a súa literatura, historia, arte, arqueoloxía, etc. e descricións das actividades realizadas a prol da mesma en Montevideo e noutros lugares como Cuba ou Galicia. Neste senso reivindicativo da identidade cultural galega, reproducen manifestos nacionalistas e diversas colaboracións de autores galegos e uruguaios. A orientación ideolóxica da revista pode observarse na sección «Farrapos», redactada por C. Sánchez Mosquera, na que realiza diversos comentarios sobre o galeguismo, o caciquismo, a actualidade, etc. Por último, informan das actuacións da propia asociación: campañas, correspondencia, manifestos, listado de afiliados, etc.
Números conservados en formato papel (fotocopias):
1929: n. 1
1930: n. 2
Libro de Actas das reunións da Xunta de Instrucción da sociedade "Centro Gallego de Montevideo", conservado en formato dixital:
- 1879-1893
Libro de Actas das reunións do Consello de Administración da sociedade "Centro Gallego de Montevideo", conservado en formato dixital:
- 1917-1951
Tarxeta da sociedade "Centro Gallego de Montevideo" co selo conmemorativo do 125º aniversario social.
UntitledEsta publicación foi editada polo Centro Gallego de Montevideo, sufrindo varias modificacións no seu título e formato, aínda que os seus contidos son similares ao longo de todo o período da edición. Un primeiro grupo de noticias está constituído pola información sobre o funcionamento interno da sociedade (notas e vida social, ciclos de conferencias, actividades, etc.). Tamén inclúe novas sobre a actualidade española e galega nas seccións: «Noticias de España», «Noticias de Galicia», «Crónica de La Coruña», etc. Cómpre destacar os artigos e colaboracións sobre Galicia, particularmente sobre a súa cultura e o hispanoamericanismo. Reproducen ademais diversas achegas sobre a historia, a literatura, a arte, o labor dos galegos en América, poesías, relatos, chamamentos para secundar iniciativas como a da Residencia de Estudiantes ou da Asociación Protectora de la Cultura Gallega, entrevistas a intelectuais, etc. Por último aparecen seccións recreativas, páxinas para a muller, etc.
En 1926 pasa a chamarse «Revista del Centro Gallego» e dende o n. 151 (1929) «Galicia».
Números conservados:
En formato dixital/facsimilar:
- 1ª época:
1917: n. 1-6
1918: n. 7-13
En formato papel:
- 2ª época:
1920: n. 45
1925: n. 103
1926: n. 114; 120
1927: n. 125-131
1928: n. 132-138; 140; 143
1929: n. 144-145; 148-151
Memoria e balance da sociedade "Centro Gallego de Montevideo".
Números conservados en formato papel:
- 1959
- 1985-1986
- 1986-1987
- 1989-1990
- 1990-1991
- 1991-1992
- 1994-1995
- 1995-1996
- 1996-1997
- 1997-1998
- 1999-2000
- 2000-2001
- 2001-2002
- 2002-2003
- 2003-2004
- 2004-2005
- 2005-2006
- 2009-2010
- 2012-2013
- 2016-2017
Folleto co "Estatuto General de la Casa de Galicia" aprobado o 19/12/1957 e publicado en 1958, conservado en formato papel.
UntitledFolleto de difusión da actividade mutualista e e asistencia sanitaria ofrecidas pola Casa de Galicia de Montevideo e "Tarjeta D", conservado en formato papel.
UntitledFolleto e tríptico de difusión dos servicios asistenciais ofrecidos pola Casa de Galicia de Montevideo, conservados en formato papel.
Untitled