Mostrando 5910 resultados

Descripción archivística
403 resultados con objetos digitales Muestra los resultados con objetos digitales
Centro Vivariense
ES. GA 15078 ACCG AEG-01-AE-AR-CViv · Fondo · 1908 - 1943
Parte de Fondos do Arquivo da Emigración Galega (AEG)

Este fondo contén a seguinte documentación:

Conservada en formato microfilme e dixital:

Libros de Actas das reunións da Comisión Directiva da sociedade dos anos 1908-1915 (286 páxinas) e 1921-1926 (446 páxinas)
Libros de Actas das reunións da Comisión Directiva e das Asembleas de Socios da sociedade dos anos 1929-1943 (535 páxinas)

Conservada en formato dixital:

5 fotografías

Sin título
Orientación Gallega
ES. GA 15078 ACCG AEG-01-AE-AR-UFGD-07-04-01 · Subserie · 1962-01-02 - 1965
Parte de Fondos do Arquivo da Emigración Galega (AEG)

Esta publicación xurdiu tras as loitas internas no seo da Federación de Sociedades Gallegas, como voceiro da Unión Federal Gallega Democrática, facción que critica fortemente a través desta revista a orientación «comunista», segundo eles, da Federación. Os seus primeiros números están case exclusivamente dedicados á situación interna da FSGRA, denunciando a súa orientación e as actividades do sector comunista, desde postulados galeguistas e democráticos. Progresivamente concederán unha maior atención a outros temas da colectividade, informando da situación galega e das actividades das sociedades e dos centros provinciais. Reproducen ademais artigos de intelectuais galegos e colaboracións literarias.

Números conservados en formato microfilme:

  • 1962: n. 1-8
  • 1963: n. 9-19
  • 1964: n. 20-27
  • 1965: n. 28-30

Números conservados en formato dixital (Fondo Xesús Canabal):

  • 1962: n. 7
  • 1963: n. 9, 17
  • 1964: n. 20, 23-27
  • 1965: n. 28-29
Sin título
Correspondencia recibida
ES. GA 15078 ACCG AEG-01-AE-AR-UQui-03-01-01-01 · Unidad documental compuesta · 1934-1956
Parte de Fondos do Arquivo da Emigración Galega (AEG)

Correspondencia recibida pola sociedade "Unión Quiroguesa y sus distritos" durante os anos 1934, 1936-1939, 1941-1944, 1944-1945 e 1948-1956

Sin título