Memoria sobre os 70 anos de historia (1918-1978) da "Sociedad de instrucción y recreo La Juventud de Cecebre" escrita por Dolores Barral Rivadulla e Óscar Ares Botana, conservada en formato papel (fotocopias).
Sociedad de instrucción y recreo La Juventud de CecebreEste fondo contén a seguinte documentación:
Conservada en formato papel:
Memoria "Sociedad de Instrucción y Recreo La Juventud de Cecebre (1918-1978) : 70 años de historia / Dolores Barral Rivadulla, Óscar Ares Botana"
Sociedad de instrucción y recreo La Juventud de CecebreEste fondo contén a seguinte documentación:
Conservada en formato papel:
Estatutos (1918)
Libro "Sada y sus contornos : 1928-2008 : 80 aniversario da escola / Miguel Gayoso Barreiro"
Libro escrito por Miguel Gayoso Barreiro e publicado en 2008 con motivo da conmemoración do 80 aniversario da celebración dos primeiros exames na escola de "Sada y sus contornos" que tiveron lugar o 08/07/1928.
Sociedad de instrucción y apoyo Sada y sus contornosRecorte de prensa do n. 220 (08/06/1918) do Seminario Independiente "El Pueblo", cunha nota sobre a próxima apertura dunha escola por parte da sociedade "Unión Hijos de Morgadanes residentes en el Plata", conservado en formato papel (fotocopias).
Unión Hijos de Morgadanes residentes en el PlataRecibí asinado polo mestre da escola de Lanzós, Gervasio Pernas Anido, polo pagamento do seu soldo a cargo pola sociedade habaneira (1 páxina mecanografada e asinada) (1930)
Sociedad de Instrucción y Protección "Progreso de Lanzós"Inventario do mobiliario e material existente no edificio "Progreso de Lanzós" en Vilalba:
- Relación dos enseres e materiais existentes no edificio mandado construír pola sociedade habaneira "Progreso de Lanzós" na parroquia de Lanzós (Vilalba). Neste documento consta a valoración económica de todos os materiais e da edificación (27 de maio de 1927) (1 páxina mecanografada e asinada polo presidente e secretario da delegación da entidade habaneira en Lanzós)
Folleto homenaxe a Manuel Urbano García Pose, director musical do conxunto "Airiños" da entidade.
Asociación Casa de Galicia de Buenos AiresTraballo realizado pola profesora Wilma Ferreira Kreling para obter o grao de maestría no Instituto de Filosofía e Ciências Humanas da Pontificia Universidade Católica do Rio Grande do Sul e dirixido polo profesor Olírio Plínio Colombo.
Casa de Espanha de Porto AlegreFotografía da Casa-Escuela de San Pedro de Sarandón
Sociedad agrícola, cultural y recreativa del municipio de Vedra en Buenos AiresTríptico sobre a aprendizaxe de español e danza no Centro "Caballeros de Santiago", conservado en formato papel:
- Tríptico "Si no habla baila!"
- Tríptico "Noite Espanhola"
- Díptico "Aqui, quem nao aprende espanhol, dança"
- Folla voandeira "La fuerza del español en el mundo"
Folletos editado pola "Casa de Espanha" para publicitar os cursos de español do Instituto Cervantes (223 x 163 mm), conservados en formato papel.
Casa de Espanha de Rio de JaneiroDíptico "O mundo fica pequeno para quem fala espanhol" sobre a aprendizaxe de español no Centro "Caballeros de Santiago", conservado en formato papel.
Asociación cultural Hispano-Galega Caballeros de SantiagoFolleto editado pola Casa de España para publicitar os cursos impartidos, conservado en formato papel.
Casa de Espanha de Rio de JaneiroFolleto editado pola "Casa de Espanha" para publicitar a súa escola de danza española e guitarra, conservado en formato papel.
Casa de Espanha de Rio de JaneiroPoder notarial feito pola sociedade habaneira "Progreso de Lanzós" para o Consello de Instrución de Lanzós, como delegados da entidade en Galicia:
- 1 copia do documento notarial que concede poder legal á delegación de "Progreso de Lanzós" en Vilalba para actuar no nome da entidade habaneira (A Habana, 12 de decembro de 1930) (6 páxinas mecanografadas)
Poder notarial feito pola sociedade habaneira "Progreso de Lanzós" para o Consello de Instrución de Lanzós, como delegados da entidade en Galicia:
- 1 copia do documento notarial que concede poder legal á delegación de "Progreso de Lanzós" en Vilalba para actuar no nome da entidade habaneira (A Habana, 22 de febreiro de 1932) (5 páxinas mecanografadas)
Correspondencia e documentación da sociedade "Hijos del partido de Lalín en Buenos Aires" dos anos 50 relativa á construcción dun Instituto Laboral en Lalín.
Hijos del partido de Lalín en Buenos AiresDocumentación relativa ás Casas-Escuela:
- Relación dos contribuíntes da suscrición "Pro casa-escuela de Puente Ulla" (1926) (1 páxina)
- Fotografía da Casa-Escuela de San Pedro de Sarandón (1934) (1 páxina)
- Orzamento de material escolar para escola de nova creación (2 páxinas)
7 cartas da correspondencia mantida entre a sociedade habaneira e a delegación da entidade en Lanzós así como cos veciños da parroquia sobre o alugueiro da primeira planta do edificio social construído en Lanzós polos emigrantes desta parroquia residentes na illa de Cuba (22 páxinas):
- 1 Carta enviada dende A Habana polo presidente da xunta directiva de "Progreso de Lanzós" á súa delegación en Galicia explicando os motivos da súa decisión de alugar a planta baixa do edificio da sua propiedade ao concello de Vilalba por 5 anos para o seu uso como escola (19 de xaneiro de 1928) (2 páxinas mecanografadas e asinadas polo presidente, Antonio Tenreiro Piñeiro)
- 1 Carta enviada dende A Habana polo presidente da xunta directiva de "Progreso de Lanzós" á súa delegación en Galicia ratificando a decisión de alugar a planta baixa do edificio da sua propiedade ao concello de Vilalba por 5 anos para o seu uso como escola. Decisión aprobada en xunta xeral de socios. (3 de febreiro de 1928) (1 páxina mecanografada e asinada polo secretario da sociedade, Antonio Castro)
- 1 Acta do Consejo de Instrucción de Lanzós, enviada á entidade da Habana do 19 de agosto de 1928, no que fan constar a súa postura contraria a alugar o edificio (1 páxina mecanografada e asinada por Cosme Sacido como presidente e o secretario, Enrique Ramil).
- 1 Carta enviada polo Sindicato "Juventud Agraria de Lanzós" á sociedade habaneira. Trata sobre a reunión que fixeron no seu edificio os veciños das parroquias de San Martiño e San Salvador de Lanzós para tratar o tema da «Escuela Nacional» que o concello quere instalar no edificio social de "Progreso de Lanzós", feito do que son contrarios (14 de decembro de 1930) (6 páxinas mecanografadas e asinadas por Crisanto Ramudo como presidente e José Carballeira, secretario).
- 1 Carta enviada dende Lanzós á sociedade "Progreso de Lanzós" de A Habana por un grupo de veciños para amosar a súa oposición a instalar no edificio "Progreso de Lanzós" dúas escolas «regidas por el Estado» e solicitan que non aluguen o edificio a tal fin. A carta leva a sinatura de moitos dos veciños da parroquia de Lanzós. (20 de setembro de 1930) (2 páxinas mecanografadas e con sinaturas autógrafas).
- Carta enviada dende A Habana polo presidente da xunta directiva de "Progreso de Lanzós" á súa delegación en Galicia na que transcriben a carta enviada polo alcalde de Vilalba solicitando o alugueiro do edificio social (20 de marzo de 1930) (2 páxinas mecanografadas)
- 1 Carta enviada dende A Habana da sociedade "Progreso de Lanzós" aos veciños de Lanzós, titulada MANIFESTO explicando os motivos da súa decisión (2 de novembro de 1930) (3 páxinas mecanografadas)