Rexistro civil da Asociación Terras de Celanova e Baixa Limia A.C., conservado en formato papel (fotocopias):
- Documento de rexistro da Asociación do 23/05/2001 (4 páxinas)
Termo Relacionado Sociedade
Rexistro civil da Asociación Terras de Celanova e Baixa Limia A.C., conservado en formato papel (fotocopias):
Publicación editada polo grupo xuvenil da Agrupación Breogán do Centro Gallego, que pretende achegar a cultura galega á segunda xeración de emigrantes. A súa temática é moi variada, pero todos os artigos teñen como eixe común a Galicia, abordando aspectos como a lingua, a heráldica, rutas turísticas, etc. Nun segundo lugar aparecen informacións relacionadas coa Agrupación Breogán e o Centro Gallego. Complétase a publicación con páxinas de pasatempos, críticas cinematográficas e colaboracións literarias.
Números conservados en papel:
1991: n. 1, 3
1992: n. 4
Publicación societaria editada pola Casa de Galicia de Montevideo.
Número conservado en formato papel:
[2007]
Casa de Galicia de MontevideoEsta publicación societaria foi creada para informar aos socios da entidade editora das diversas actividades sociais, así como noticias sobre os seus integrantes máis destacados. Conta con seccións fixas como «Concurso literario», «Personajes importantes» (biografías de emigrantes españois que triunfaron en México), «Noticias de interés» (sobre a actualidade cultural), «Entretenimientos» ou «Deporte». Aparecen tamén artigos sobre cidades mexicanas, a súa cultura, etc.
Número conservado en formato papel:
1994: n. 2
Círculo Español de PueblaEsta revista societaria foi creada para informar da vida da colectividade española na capital arxentina (páxina social: matrimonios, nacementos, defuncións, festas, etc.) e da vida societaria da entidade (actividades realizadas, movemento de socios, autoridades sociais, servizos médicos que ofrecen, balances económicos, etc.). Contan tamén con información sobre a política e lexislación migratoria española e arxentina, noticias culturais, textos literarios, biografías de persoeiros, etc.
Números conservados en microfilme e dixital:
Esta revista foi editada anualmente pola Asociación Residentes de Mos de Bos Aires desde 1918. A publicación inclúe a memoria de actividades e o balance económico da sociedade, ademais de artigos de temática variada como noticias do seu concello natal; entrevistas, saúdos e visitas de autoridades galegas; descricións de actos organizados; artigos divulgativos; recompilación de artigos da prensa sobre a situación galega e as relacións de España con Arxentina; informacións de interese para emigrantes (axudas), noticias sociais, artigos culturais e colaboracións literarias.
Números conservados en papel:
Esta revista trimestral foi editada polo Hospital Español de Mendoza, para informar das súas diversas actividades, así como dos beneficios sociais, as instalacións e os tratamentos que facilitan aos seus socios.
Número conservado en formato papel:
Esta revista societaria informa sobre as actividades e acontecementos internos do Centro Gallego de Partido General Sarmiento.
Números conservados en formato papel:
Publicación societaria editada polo Centro Galego de Bruselas.
Número conservado en formato papel:
2004: n. 15 (25º aniversario)
Centro Gallego de BruselasPublicación societaria na que se informa sobre as diversas actividades da entidade, centrándose na súa sección médica e hospitalaria.
Números conservados en formato papel:
2002/2003: n. 5
2003: n. 7-8
2004: n. 10-12
2004/2005: n. 13/14
2005: n. 15-16
2006: n. 17
2008/2009: n. 28/29
2009: n. 30-31
2009/2010: n. 32/33
2010: n. 34-35, n. especial
Revista editada polo "Centro Espanhol e Repatriaçâo de Santos".
Números conservados en formato papel:
2009 (114º aniversario)
2010 (115º aniversario)
Esta revista foi editada polo Centro Español y Repatriación de Santos con motivo do centenario fundacional da entidade, facendo un percorrido histórico polos principais logros da sociedade e sobre as actividades actuais que seguen a realizar.
Número conservado en formato papel:
1995: xaneiro
Centro Espanhol e Repatriaçâo de SantosRevista societaria editada pola entidade parroquial do seu nome. Conta con información para os socios tanto da marcha da sociedade como do seu interese; ademáis ten artigos sobre Arxentina e Galicia, temas culturais, textos literarios e poemas reproducidos de autores recoñecidos. Comezou chamándose "As 4 aldeas" (vid. ficha)
Números conservados en papel (fotocopias):
1925: n. 3
Hijos de Ois de ayuda mutuaEste xornal é continuador da revista «A Nosa Galicia» e posteriormente cambia de novo de título, pasando a denominarse «Revista da Sociedade Galega A Nosa Galiza». Foi creada pola sociedade do mesmo nome para informar aos seus socios sobre as súas actividades e diversos temas de interese para a colectividade galega emigrada de Xenebra.
Números conservados en formato papel:
1988: marzal
1990: maio
Tal como seu nome indica pretende ser unha revista centrada nas actividades culturais do Centro Galego de Bizkaia en Barakaldo. Céntranse na figura homenaxeada ese ano no Días das Letras Galegas, Lorenzo Varela, cun percorrido biográfico e literario e reprodución dalgúns dos seus poemas. Hai un artigo sobre a literatura popular galega do século XX e varias reproducións de Literatura oral ("para mostra "un sermón", "un desafío", "un romance" e un "parrafeo"). Dan a coñecer a obra de Mario Dapena "un mestre emigrante").
Na revista publican tamén as bases para participar no concurso de contos "Breogán" que organiza o Centro dende hai moitos anos, de feitos en 2005 xa levan 38 edicións.
Número conservado en formato papel:
2005
Centro Gallego de Vizcaya en BaracaldoEsta revista cultural foi editada polo Centro Cultural Español de Medellín para informar aos seus socios das actividades do centro e da colectividade española asentada no país na sección «España en Medellín». Conta tamén con numerosos artigos de carácter histórico das relacións entre España e América e tamén da cooperación actual entre ambos («España y América» e «Ensayos y Estudios», «Colombia y España»). Aparecen ademais noticias culturais, información sobre libros e conferencias, etc.
Número conservado en formato papel:
1983: n. 1
Centro cultural español de MedellínPublicación societaria creada para informar aos socios da entidade editora das actividades realizadas pola sociedade. Conta tamén con noticias varias sobre o seu concello natal e de Galicia.
Número conservado en formato papel:
1942: n. 6/7
Números conservados en microfilme:
1941/1944: n. 6/9
Unión residentes de Santiago de CompostelaEsta publicación societaria foi creada para informar aos emigrantes españois residentes no país azteca e difundir as súas actividades sociais.
Número conservado en formato papel:
1997: n. 9
Centro Gallego de México, A. C.Folleto coas actividades desenvolvidas pola Asociación durante o ano 2006, conservado en formato papel.
Asociación cultural Hispano-Galega Caballeros de SantiagoFotografías de retratos pictóricos da galería de presidentes da "Hermandad Gallega de Venezuela", conservadas en formato dixital: