93 cartas recibidas pola sociedade "Progreso de Lanzós":
- PDF de 160 páxinas que recolle parte das cartas recibidas pola sociedade habaneira de 1923 ata 1937 e que se conservan no arquivo da entidade. Son cartas mecanografadas ou manuscritas que tratan temas da xestión da delegación da entidade en Lanzós, do mantemento e creación do edificio da casa-escola en Lanzós. Tamén hai cartas enviadas por outras sociedades de emigrantes galegos ou de institución da Habana como a Embaixada de España en Cuba. Así mesmo hai misivas de diversos negocios da Habana ofertando servizos á entidade.