Identity area
Type of entity
Authorized form of name
Parallel form(s) of name
Peña Galega de Munich
Standardized form(s) of name according to other rules
Other form(s) of name
Peña Galega de Munich e.V.
Identifiers for corporate bodies
Description area
Dates of existence
History
Esta sociedade de emigrantes galegos residentes na cidade de Munich foi creada o 12 de marzo de 1978. Creouse coa finalidade de dispoñer dun lugar de encontro dos galegos da cidade donde poder desfrutar da mutua compaña, conmemorar as festividades típicas da súa terra natal e organizar comidas de irmandade no nadal.
Os estatutos da Peña foron redactados en galego e neles faise constar que “o idioma oficial será o galego”. No seu artigo 50 establécese que en caso de disolución os seus bens serán doados a algunha entidade benéfica galega.
Pouco a pouco foron realizando actividades culturais como a celebración do Día das Letras Galegas, con ciclos de conferencias, etc. A entidade é membro da Coordinadora Federal das Asociacións Galegas en Alemaña, e como tal participa nos actos e eventos que esta organiza.
Esta entidade tivo recoñecida a Galeguidade pola Xunta de Galicia o 27 de maio de 1981.
Por intermedio desta sociedade o presidente da Xunta regalou en 1983 un cruceiro de granito á rexión de Baviera, que foi colocado nos xardíns do Castelo de Blutenburg, de Munich.
Places
Europa
España
Galicia
Alemania
Munich
Legal status
Asociación civil de emigrantes
Functions, occupations and activities
Culturais e recreativas
Mandates/sources of authority
Internal structures/genealogy
General context
Relationships area
Access points area
Subject access points
Place access points
Occupations
Control area
Authority record identifier
Institution identifier
Rules and/or conventions used
NOGADA
Status
Level of detail
Dates of creation, revision and deletion
Creada por Adriana Cousillas o 05/07/2019
Language(s)
Galician
Script(s)
Latin
Sources
Bases de datos do AEG
Sixirei Paredes, Carlos. Asociacionismo Galego no exterior. Santiago de Compostela : Xunta de Galicia, 2001
Páxina web da entidade: http://munich.galiciaaberta.com/