Folleto editado polo "Patronato da cultura galega de Montevideo" coa separata do artigo "Galiza existe e resiste" de Xesús Ferro Ruibal publicado no número 13 da revista "Encrucillada".
UntitledPolítica
16 Archival description results for Política
Este periódico agrario xurdiu en Bos Aires no ano 1917 como resposta ao peche do xornal agrarista e anticaciquil «El Despertar», editado en Salceda de Caselas baixo a dirección de Joaquín Fernández Sestelo. Nun primeiro momento denomínase «La Voz del Centro», pasando a chamarse «El Agrario» posteriormente, máis acorde coa súa finalidade, pois pese a ser o órgano oficial da entidade e ofrecer ampla información sobre a mesma (actividades, noticias sociais, asembleas, etc.), a maior parte da publicación reflicte a súa preocupación pola actualidade española e da comarca desde postulados agraristas.
O AEG conserva o número extraordinario 85 editado en Bos Aires con motivo da celebración do 5º aniversario da saída do xornal, en formato papel e dixital.
UntitledFolleto "Castelao : más que un ilustre gallego un gallego que ilustró al mundo" publicado pola Comisión Intersocietaria de Entidades Gallegas (xaneiro 1992)
UntitledFolleto editado polo Concello de Betanzos, o Consello da Cultura Galega e a Fundación 10 de Marzo como edición facsímil do publicado polo Centro Betanzos de Bos Aires en xullo de 1955.
UntitledFolla voandeira coa candidatura ás eleccións da directiva da Asociación Unión Residentes de los Ayuntamientos de Vigo y Lavadores en Buenos Aires en xaneiro de 1951
UntitledEsta publicación política de orientación nacionalista, foi editada pola Irmandade Galeguista d'o Uruguai, organización vinculada ao Partido Galeguista, como portavoz da mesma para divulgar e defender os seus postulados políticos, reproducindo a súa declaración de principios. No seu primeiro número inician unha campaña de subscrición de axuda ao partido, pedindo o voto e criticando os postulados de C. Sánchez Mosquera. Reproduce artigos dos seus principais líderes e outros persoeiros, dentro dunha clara ortodoxia nacionalista (a economía galega de Bóveda, reivindicación de figuras senlleiras como Pondal, Pardo de Cela, defensa dunha escola galega, reprodución de colaboracións literarias, etc.). Denuncia a situación política española (especialmente na columna satírica «Fuchicadas»). Outros artigos fan referencia ás actividades desenvolvidas pola Irmandade: conferencias, visitantes, notas biográficas, etc.
Números conservados en formato dixital:
1ª época, 1934-1936
2ª época, 1958-1961
Números conservados en formato papel (fotocopias):
2ª época:
1958: n. 1
1959: n. 2
Volume que recolle a propaganda electoral e os membros dos diferentes consellos directivos da "Hermandad Gallega de Venezuela", conservado en formato dixital.
Untitled4 comunicacións presentadas ao VI Pleno do Consello de Comunidades Galegas:
- Acción social. Especial atención a terceira idade (2 páxinas)
- Acción cultural e novas comunicacións na Galicia universal (2 páxinas)
- Participación da Galicia exterior na política de Galicia (4 páxinas)
- Xuventude (1 páxina)
Folla voandeira sobre a Audición "Nós, os galegos. Galiza como Nación", programa de radio auspiciado por esta sociedade
UntitledA Irmandade Galega de Bos Aires, nesta folla informativa, reflicte a súa opinión sobre o "II Congreso de la Emigración Española a Ultramar" que estaba próximo a celebrarse na Coruña, entre o 3 e o 12 de outubro de 1959
UntitledLibro de actas das reunións das Xuntas Directivas de "Lar Gallego" conservados en formato dixital: 110 actas dende o 24/04/1945 ata o 22/03/1950 (160 páxinas)
UntitledFolleto editado en 1968 polo "Patronato da cultura galega de Montevideo" titulado "La realidad actual de Galicia".
UntitledPublicación de carácter político e cultural.
Número conservado en formato dixital:
1951: n. 2
UntitledManifesto apoiando o plebiscito do ano 1936 a prol da Autonomía Galega
UntitledEsta publicación foi editada para informar das actividades realizadas pola institución, principalmente as celebracións de carácter relixioso. Destacan os artigos políticos que manifestan unha orientación conservadora, de apoio á causa franquista. Inclúe colaboracións literarias.
Números conservados en microfilme:
1936: n. 1-2
1937: n. 3-13
1938: n. 14-15, 17-20 [i.e. 21]
1939: n. 22-30
1940: n. 31-35
1941: n. 36-37
1942: n. 39
Este fondo contén a seguinte documentación:
Conservada en formato papel e dixital:
Xornal "O Irmandiño : Órgao da Irmandade Galeguista d'o Uruguai"
Untitled