Política

Área de elementos

Taxonomía

Código

Nota(s) de alcance

    Nota(s) de fonte

      Nota(s) de despregue

        Termos equivalentes

        Política

          Termos asociados

          Política

          40 Descrición arquivística results for Política

          19 results directly related Exclude narrower terms
          ES. GA 15078 ACCG AEG-01-AE-MEX-PaCulGa-07-01-01 · Subserie · 1959 -
          Parte de Fondos do Arquivo da Emigración Galega (AEG)

          Esta revista cultural de orientación galeguista foi editada polo Padroado da Cultura Galega de México, publicándose só catro números entre 1959 e 1968. A publicación pretende recoller nas súas páxinas «calquera idea literaria artística, filosófica, sempre que fose antifascista e non se apoiase na ditadura». Colaboraron nela importantes personalidades da Galicia interior e exterior, que abordaban a realidade galega nos seus diferentes ámbitos: cultural, político, económico e social.

          Ediciós A Nosa Terra edita un volume facsímil no ano 1989, que inclúe:

          1959: n. 1
          1962: n. 2
          1965: n. 3
          1968: n. 4

          Padroado da cultura galega en México
          ES. GA 15078 ACCG AEG-01-AE-UR-PaCulGa-05-03-02 · Unidade documental simple · 1979
          Parte de Fondos do Arquivo da Emigración Galega (AEG)

          Folleto editado polo "Patronato da cultura galega de Montevideo" coa separata do artigo "Galiza existe e resiste" de Xesús Ferro Ruibal publicado no número 13 da revista "Encrucillada".

          Patronato da cultura galega de Montevideo
          ES. GA 15078 ACCG AEG-01-AE-UR-IrGa-07-04-01 · Subserie · 1934 - 1961
          Parte de Fondos do Arquivo da Emigración Galega (AEG)

          Esta publicación política de orientación nacionalista, foi editada pola Irmandade Galeguista d'o Uruguai, organización vinculada ao Partido Galeguista, como portavoz da mesma para divulgar e defender os seus postulados políticos, reproducindo a súa declaración de principios. No seu primeiro número inician unha campaña de subscrición de axuda ao partido, pedindo o voto e criticando os postulados de C. Sánchez Mosquera. Reproduce artigos dos seus principais líderes e outros persoeiros, dentro dunha clara ortodoxia nacionalista (a economía galega de Bóveda, reivindicación de figuras senlleiras como Pondal, Pardo de Cela, defensa dunha escola galega, reprodución de colaboracións literarias, etc.). Denuncia a situación política española (especialmente na columna satírica «Fuchicadas»). Outros artigos fan referencia ás actividades desenvolvidas pola Irmandade: conferencias, visitantes, notas biográficas, etc.

          Números conservados en formato dixital:

          1ª época, 1934-1936
          2ª época, 1958-1961

          Números conservados en formato papel (fotocopias):

          2ª época:
          1958: n. 1
          1959: n. 2

          Irmandade galeguista d'o Uruguai
          ES. GA 15078 ACCG AEG-01-AE-SU-FaGaCe-05-03-01 · Unidade documental simple · 196?
          Parte de Fondos do Arquivo da Emigración Galega (AEG)

          Manifesto do "Fato pra unha Galiza ceibe e socialista" no que explican os motivos da súa constitución e os seus obxectivos e convidan a participar no mitin que se celebrará na Patinoire de Xenebra o día 30/04, conservado en formato papel.

          Fato pra unha Galiza ceibe e socialista
          Manifesto
          ES. GA 15078 ACCG AEG-01-AE-AR-CxBre-05-03-02 · Unidade documental simple · 196?
          Parte de Fondos do Arquivo da Emigración Galega (AEG)

          Manifesto apoiando o plebiscito do ano 1936 a prol da Autonomía Galega

          Conxunto artístico galego Breogán
          ES. GA 15078 ACCG AEG-01-AE-CU-USant-02-01-01-03 · Unidade documental composta · 1938-1971
          Parte de Fondos do Arquivo da Emigración Galega (AEG)

          Libro de Actas das reunións para as eleccións e tomas de posesión das Xuntas Directivas electas da sociedade "Liga Santaballesa de Educación e Instrucción", conservado en formato dixital:

          • Libro con 32 actas manuscritas dende o 20/12/1938 ata o 17/01/1971 (95 páxinas)
          Liga Santaballesa de Educación e Instrucción
          Folleto sobre Castelao
          ES. GA 15078 ACCG AEG-01-AE-AR-ComInter-05-02-01-02 · Unidade documental simple · 1992
          Parte de Fondos do Arquivo da Emigración Galega (AEG)

          Folleto "Castelao : más que un ilustre gallego un gallego que ilustró al mundo" publicado pola Comisión Intersocietaria de Entidades Gallegas (xaneiro 1992)

          Comisión Intersocietaria pro-conmemoración das datas patrióticas galegas