Área de identidad
Código de referencia
Título
Fecha(s)
- 1927-1930 (Creación)
Nivel de descripción
Volumen y soporte
Actas das reunións do Consello de Instrución celebradas en Lanzós e enviadas á sociedade "Progreso de Lanzós" na Habana
Área de contexto
Nombre del productor
Historia administrativa
Esta sociedade foi fundada por naturais das parroquias de San Martiño e San Salvador de Lanzós, do concello de Vilalba (Lugo), residentes na Habana.
Entre os fundadores podemos citar a José Castro Lozano, en cuxa casa se reuniron Cosme Sacido Ramil, Pedro Tenreiro Rivas, Jesús Cendán Ferreiro, Marcelino Martínez, Lucas Tenreiro e Manuel Rego. A primeira xunta directiva estivo presidida por Cosme Sacido Ramil; Jesús Cendán Ferreiro, como vicepresidente; Jesús Castro Funcasta, secretario; Crisanto Leal Ramudo, vicesecretario; Manuel Balseiro Tenreiro, tesoureiro; José Castro Lozano, vicetesoureiro; e contaba con doce vogais: Juan López Ferreiro, José Ramudo Rego, Marcelino Martínez, José García Tenreiro, Angel Tenreiro, Andrés Boizán, Vicente Lodeiro, Angel Martínez, José Trastoy Orosa, José de Vicente Ferreiro, Alejo Miragaya Orosa e Ramón Bahamonde.
Ao ano seguinte da súa fundación contaba xa cun total de 150 socios.
Creouse co nome de Emigrados de Lanzós, pero uns días máis tarde en asemblea xeral de socios votouse por unanimidade o nome de Progreso de Lanzós.
A súa finalidade principal foi reunir os fondos necesarios para crear e soster unha escola con todos os adiantos pedagóxicos modernos para os nenos e nenas das parroquias.
Entre as melloras que acometeron na súa terra natal pódese citar o peche en 1914 do Campo de San Pedro, xunto á igrexa, para ser usado como lugar de reunión e sociabilidade para os veciños; para levar a cabo estas obras enviaron a Lanzós 245,86 pesos. Preto deste campo aproban a construción dun edificio escolar; a parroquia participa coa cesion de parte dos terreos e coa axuda veciñal nas obras.
Ademais, en 1915, organizan unha subscrición para reparar o adro e o cemiterio de San Salvador de Lanzós.
En 1917 colaboran con varias doazóns na edificacion dunha casa-escola para as parroquias de Distriz e Tardade.
Dende os seus inicios colaboran co Sindicato Juventud Agraria de Lanzós, axudándoos economicamente na realización da súa casa social; anteriormente permitíralles o uso dunha estancia no edificio escolar de Lanzós para as súas reunións. As relacións entre ambas as entidades pasaron por altibaixos, con disputas sobre o uso da casa-escola ou a xestión da casa do sindicato.
En 1923 a sociedade habaneira participou economicamente na compra dunha granxa agrícola onde poder impartir ensinanzas aos labregos da zona.
Institución archivística
Historia archivística
Origen del ingreso o transferencia
Área de contenido y estructura
Alcance y contenido
18 copias das actas de reunións do Consello de Instrución de Lanzós, que actuaba como delegación da sociedade habaneira "Progreso de Lanzós" para manter informada a sociedade matriz sobre as súas actividades a prol do ensino na súa parroquia natal (dixital) (28 páxinas):
- Acta do 13 de marzo de 1927 do Consejo de Instrucción de Lanzós (1 páxina mecanografada e con nota manuscrita)
- Acta do 20 de abril de 1927 do Consejo de Instrucción de Lanzós (1 páxina mecanografada e asinada polo seu presidente, Cosme Sacido e o secretario, Enrique Ramil)
- Acta do 1 de maio de 1927 do Consejo de Instrucción de Lanzós (1 páxina mecanografada e asinada polo seu presidente, Cosme Sacido e o secretario, Enrique Ramil)
- Acta do 11 de maio de 1927 do Consejo de Instrucción de Lanzós (1 páxina mecanografada e asinada polo seu presidente, Cosme Sacido e o secretario, Enrique Ramil)
- Acta do 12 de xuño de 1927 do Consejo de Instrucción de Lanzós (1 páxina mecanografada e asinada polo presidente, Cosme Sacido e o secretario, Enrique Ramil). Esta acta foi enviada xunto cunha carta do presidente explicando o devir dos proxectos da entidade habaneira (carta de 2 páxinas, mecanografada).
- Acta do 10 de setembro de 1927 do Consejo de Instrucción de Lanzós (1 páxina mecanografada e asinada polo presidente, Cosme Sacido e o secretario, Enrique Ramil)
- Acta do 18 de setembro de 1927 do Consejo de Instrucción de Lanzós (1 páxina mecanografada e asinada polo presidente, Cosme Sacido e o secretario, Enrique Ramil)
- Acta do 18 de marzo de 1928 do Consejo de Instrucción de Lanzós (2 páxinas mecanografadas e asinada polo presidente, Cosme Sacido e o secretario, Enrique Ramil)
- Copia da acta do 15 de decembro de 1929 do Consejo de Instrucción de Lanzós (1 páxina manuscrita e asinada polo presidente, Graciano Otero e o secretario, Eduardo Cillero)
- Copia da acta do 16 de febreiro de 1930 do Consejo de Instrucción de Lanzós (1 páxina manuscrita e asinada polo presidente, Graciano Otero e o secretario, Eduardo Cillero)
- Copia da acta do 20 de marzo de 1930 do Consejo de Instrucción de Lanzós (2 páxinas manuscritas e asinada polo presidente, Graciano Otero e o secretario, Eduardo Cillero)
- Acta do 11 de maio de 1930 do Consejo de Instrucción de Lanzós (3 páxinas manuscritas e asinada polo presidente, Graciano Otero e o secretario, Eduardo Cillero)
- Acta do 24 de agosto de 1930 do Consejo de Instrucción de Lanzós (1 páxina manuscrita e asinada polo presidente, Graciano Otero e o secretario, Eduardo Cillero)
- Acta do 3 de setembro de 1930 do Consejo de Instrucción de Lanzós (2 páxinas manuscritas e asinada polo secretario, Eduardo Cillero)
- Acta do 14 de setembro de 1930 do Consejo de Instrucción de Lanzós (1 páxina manuscrita e asinada polo presidente, Graciano Otero e o secretario, Eduardo Cillero)
- Copia da Acta do 3 de decembro de 1930 do Consejo de Instrucción de Lanzós (4 páxinas manuscritas e asinada polo presidente, Graciano Otero e o secretario, Eduardo Cillero)
- Copia da acta do 14 de decembro de 1930 do Consejo de Instrucción de Lanzós (1 páxina manuscrita e asinada polo presidente, Graciano Otero e o secretario, Eduardo Cillero)
- Copia da acta do 14 de decembro de 1930 do Consejo de Instrucción de Lanzós (1 páxina manuscrita e asinada polo presidente, Graciano Otero e o secretario, Eduardo Cillero)
Valorización, destrucción y programación
Acumulaciones
Aberto a novos ingresos
Sistema de arreglo
Área de condiciones de acceso y uso
Condiciones de acceso
Consulta en sala para investigadores e demais persoas interesadas na temática migratoria. Documentación dispoñible en liña
Condiciones
Permítese a súa reprodución dixital e reprográfica
Idioma del material
español
Escritura del material
latín
Notas sobre las lenguas y escrituras
Características físicas y requisitos técnicos
Instrumentos de descripción
Área de materiales relacionados
Existencia y localización de originales
A propia institución que ten a súa sede no antigo Palacio do Centro Galego da Habana.
Existencia y localización de copias
Arquivo da Emigración Galega do Consello da Cultura Galega, na súa sede da Cidade da Cultura
Unidades de descripción relacionadas
Área de notas
Identificador/es alternativo(os)
Puntos de acceso
Puntos de acceso por materia
Puntos de acceso por lugar
- América » Antillas » Cuba » A Habana
- Europa » España » Galicia » Lugo (Provincia) » Vilalba » Lanzós (San Martiño)
Puntos de acceso por autoridad
Tipo de puntos de acceso
Área de control de la descripción
Identificador de la descripción
Identificador de la institución
Reglas y/o convenciones usadas
NOGADA
Estado de elaboración
Nivel de detalle
Fechas de creación revisión eliminación
Idioma(s)
gallego
Escritura(s)
latín
