Identity area
Identifier
Authorized form of name
Parallel form(s) of name
Other form(s) of name
Archivo del Consello da Cultura Galega
Type
Arquivo de Titularidade Pública
Arquivos de Institucións Científicas, Culturais e de Investigación
Administración Autonómica
Arquivo intermedio e histórico
Contact area
Type
Address
Street address
Locality
Region
Country name
Postal code
Telephone
Fax
Note
Description area
History
O Arquivo do Consello da Cultura Galega está constituído pola documentación xerada e recibida pola institución no exercicio das súas funcións e actividades, conservada de xeito seguro e ordenado para facilitar o seu acceso e servir de apoio á investigación e á cultura. A súa orixe está na creación do Consello da Cultura Galega (CCG) no ano 1983.
A existencia do CCG vén determinada polo Estatuto de Autonomía de Galicia. Foi creado, conforme prevé o artigo 32 deste, por Lei do Parlamento de Galicia (Lei 8/1983, do 8 de xullo). Réxese por esta Lei e mais polo seu Regulamento, aprobado pola Xunta de Galicia (Decreto 237/2000, do 29 de setembro).
Cun carácter de órgano asesor e consultivo, con capacidade de iniciativa, investigación e organización, ao Consello compételle a defensa e promoción dos valores culturais do pobo galego. Está composto por representantes de entidades e por personalidades sobranceiras dos diversos campos da cultura galega.
Geographical and cultural context
O Consello da Cultura Galega está situado no centro da cidade, na praza do Obradoiro, fronte á fachada principal da catedral de Santiago. Na actualidade comparte edificio, o Pazo de Raxoi, co Concello de Santiago e coa Presidencia da Xunta de Galicia. Nestas dependencias están localizados a Biblioteca e arquivo e o Centro de Documentación e Igualdade e Feminismos.
O Arquivo Histórico da Universidade de Santiago de Compostela, a Biblioteca Xeral da USC ou o Arquivo-Biblioteca da Catedral de Santiago son algunhas das institucións culturais que se localizan a poucos metros de distancia, o que facilita atopar gran diversidade de fondos na mesma zona a quen investiga.
O Arquivo da Emigración Galega, Arquivo Sonoro de Galicia e o Centro de Documentación Sociolingüística de Galicia están situados na Cidade da Cultura, no edificio da Biblioteca de Galicia, onde tamén están instalados o Arquivo de Galicia e parte da Real Academia Galega. Erixida no monte Gaiás a Cidade da Cultura componse de varios edificios e espazos orientados a asuntos culturais e de entretemento, polo que estas dependencias do Consello da Cultura achegan unha oferta cultural e de investigación moi variada ás persoas usuarias.
Mandates/Sources of authority
Administrative structure
A Área de Xestión Documental do Consello da Cultura Galega está integrada por:
- Biblioteca e Arquivo
- Arquivo da Emigración Galega
- Arquivo Sonoro de Galicia
- Centro de Documentación Sociolingüística de Galicia
- Centro de Documentación en Igualdade e Feminismos
Records management and collecting policies
Os fondos documentais son de libre acceso para persoal investigador salvo que se trate de materiais que polas súas características (rareza, conservación…etc) precisen da autorización da Comisión Executiva do CCG.
O Arquivo réxese polas normas de recepción, custodia, conservación e acceso aos documentos do Consello da Cultura Galega.
Buildings
Holdings
Fondo xeral: composto pola documentación xerada pola institución no exercicio da súa actividade. Fondo cultural: procedente de doazóns e depósitos. Composto por documentación de entidades públicas, organizacións, asociacións e fondos persoais e familiares de interese para a cultura galega.
CADRO DE CLASIFICACIÓN:
- Fondos de Goberno e adminstración
- Fondos do Arquivo de Emigración (AEG)
- Fondos do Arquivo Sonoro de Galicia (ASG)
- Fondos do Centro de Documentación Sociolingüística de Galicia (CDSG)
- Fondos do Centro de Documentación en Igualdade e Feminismos (CDIF)
- Fondos de asociacións culturais
- Fondos persoais e coleccións
Finding aids, guides and publications
Access area
Opening times
Horarios de atención ao público:
De 10:00 a 14:00 horas (de Luns a Venres)
Access conditions and requirements
O acceso é libre con fins de investigación. Para a consulta de documentación nas instalacións é preciso concertar cita previa.
O acceso directo aos fondos está suxeito á normativa legal vixente para a correcta conservación do patrimonio documental.
É necesaria a autorización expresa da Comisión Executiva para a consulta do arquivo intermedio.
Accessibility
Tanto o edificio do Pazo de Raxoi como o da Biblioteca de Galicia dispoñen de ascensor. Existen paradas de autobús e zonas públicas de estacionamento nas inmediacións.
Services area
Research services
Asesoramento na busca e localización de documentos respecto dos fondos documentais do Arquivo. O persoal do mesmo proporciona información e orientación personalizada sobre as consultas recibidas.
Reproduction services
Facilítase copia de documentos en formato dixital ou fotocopia, segundo o caso.
Public areas
Control area
Description identifier
Institution identifier
Rules and/or conventions used
Descrición realizada conforme á norma ISDIAH (Norma internacional para la descripción de instituciones que custodian fondos de archivo). ISO 8601. ISO 639-2. ISO 15924.
Status
Level of detail
Dates of creation, revision and deletion
Data de creación : 2013/04/04 [ISO 8601]. Revisión: 2021/09/20
Language(s)
Galician
Script(s)
Latin
Sources
Web do Consello da Cultura Galega: http://consellodacultura.gal
Maintenance notes
Descrición para o Arquivo do Consello da Cultura Galega feita por Anxos Sumai García e Susana Guitar Novo o 5 de abril de 2013. Completada parcialmente o 20 de setembro de 2021.