Agrupación de fondos ASG - Fondos do Arquivo Sonoro de Galicia (ASG)

Área de identidade

Código(s) de referencia

ES. GA 15078 ACCG ASG

Título

Fondos do Arquivo Sonoro de Galicia (ASG)

Data(s)

Nivel de descrición

Agrupación de fondos

Extensión e medio

Área de contexto

Nome do creador

((1983-))

Historia administrativa

O Consello da Cultura Galega é un órgano estatutario da Comunidade Autónoma de Galicia de carácter asesor e consultivo, que ten como finalidade promover, difundir, asesorar e preservar os valores culturais do pobo galego. Ten personalidade xurídica propia e plena capacidade para o cumprimento dos seus fins, goza de total autonomía orgánica e funcional e actúa con independencia e obxectividade respecto dos poderes da comunidade autónoma e da súa Administración. A súa creación, no ano 1983, é orixinal no panorama autonómico, ao ser a única institución deste estilo que figura recollida nun Estatuto de autonomía (artigo 32).

Historia do arquivo

Fonte inmediata de adquisición ou transferencia

Área de contido e estructura

Alcance e contido

O Arquivo Sonoro de Galicia desenvólvese como proxecto de traballo dentro do Consello da Cultura Galega, dun xeito continuado dende 1995, aínda que os seus primeiros traballos comezan en 1992. Dende este momento, asume a responsabilidade de preservar un patrimonio cultural sonoro galego que abrangue numerosos eidos do coñecemento, tanto en ámbitos públicos coma privados, xa sexa en gravacións inéditas ou editadas.
Para acadar este propósito fundacional, o Arquivo Sonoro de Galicia artella o seu traballo ao redor de tres puntos:

  • Recompilación. O Arquivo Sonoro de Galicia está a facer unha constante procura de gravacións sonoras históricas e actuais, cultas e populares (arquivo da palabra, gravacións etnográficas, rexistros etnomusicolóxicos, lingüísticos, programas radiofónicos, músicas galegas de todos os xéneros...). Isto tamén está a provocar un efecto chamada e, con maior frecuencia, distintos colectivos e particulares ofrécennos gravacións e discos, entendendo así o papel do Arquivo Sonoro de Galicia como núcleo vertebrador da memoria sonora galega.
    A xenerosidade de particulares, institucións, colectivos, músicos e compañías discográficas que ceden o seu material desinteresadamente é imprescindible para a continuidade e o enriquecemento do proxecto.

  • Preservación e catalogación. Os soportes que chegan ao Arquivo Sonoro de Galicia son, na maioría dos casos, obxectos únicos e fráxiles, polo que resulta necesario acometer, dun xeito inmediato, a súa conservación e preservación. Seguindo os estándares que marca a IASA, consérvanse varias calidades de dixitalización así como os soportes físicos orixinais. As dependencias do Arquivo Sonoro de Galicia reúnen as condicións óptimas de humidade e temperatura para a conservación dos nosos fondos.

  • Dixitalización. Nun traballo paralelo, catalóganse as gravacións dixitalizadas. No caso do material inédito, para poder obter toda a información e posibilitar a súa recuperación a través das bases de datos, é precisa unha escoita meticulosa, o que comporta un traballo lento pero que dá como resultado valiosas achegas.

Valorización, destrucción e programación

Acumulacións

Sistema de arranxo

Área de condicións de acceso e uso

Condicións que rixen o acceso

A totalidade dos fondos documentais do Arquivo Sonoro de Galicia están dispoñibles para as persoas estudosas do noso patrimonio sonoro. Estas consultas son presenciais e concértanse previamente. Pódense ceder gravacións sonoras que non estean suxeitas á Lei de propiedade intelectual, sempre e cando a súa utilización non teña fins comercias e sexa de investigación.

Condicións

Idioma do material

    Escritura do material

      Language and script notes

      Características físicas e requerimentos técnicos

      Instrumentos de descrición

      Área de materiais relacionados

      Existencia e ubicación de orixinais

      Existencia e localización de copias

      Unidades de descrición relacionadas

      Descricións relacionadas

      Área de notas

      Identificador(es) alternativo(s)

      Puntos de acceso

      Puntos de acceso á área temática

      Puntos de acceso ao lugar

      Nome dos puntos de acceso

      Genre access points

      Área de control da descrición

      Identificador da descrición

      Identificador da institución

      Regras e/ou convencións usadas

      Estado de elaboración

      Nivel de detalle

      Datas de creación revisión eliminación

      Idioma(s)

        Escritura(s)

          Fontes

          Área de acceso