Fondo AE-AR-CirValMi - Círculo social Valle Miñor

Área de identidade

Código(s) de referencia

ES. GA 15078 ACCG AEG-01-AE-AR-CirValMi

Título

Círculo social Valle Miñor

Data(s)

  • 1928-03-11- (Creación)

Nivel de descrición

Fondo

Extensión e medio

1 cartafol con estatutos, memoria e balance, programa, carta e enquisa
1 cartafol cun boletín e unha revista
1 cartafol cun boletín
1 sobre con 40 microfichas con actas
1 sobre con 27 microfichas con solicitudes de ingreso
1 sobre con 73 microfichas cunha revista

Área de contexto

Nome do creador

(1928-03-11 ata a actualidade)

Historia administrativa

En 1928, durante unha visita a Arxentina do alcalde de Baiona, José Rodríguez de Vicente, nunha reunión cun grupo de paisanos residentes en Bos Aires, deciden fundar unha entidade que os representase. Creáse así o "Centro del ayuntamiento de Bayona", sendo un dos promotores da idea Laureano Pérez Rouco, socio moi destacado da colectividade na capital arxentina. El foi presidente da entidade e director da revista social.
A directiva fundacional estido integrada polos seguintes socios fundadores: como presidente fundador, José Rodríguez de Vicente; presidente, Melchor Puga; vicepresidente, Esmeraldo Solla; secretario, Bernabé Pereira; tesoureiro, Antonio González; prosecretario, Herminio Leyenda; vogais: Luis Alvarez, Francisco Marcote, Manuel Rodríguez, Antonio Alonso, José González, Pablo González e Severino Granja.
Esta entidade mutualista e recreativa cambia a súa denominación o ano 1933, sendo coñecida como "Círculo del Valle Miñor de los municipios de Bayona, Gondomar y Nigrán".
En 1952, aproban os seus primeiros estatutos nos que se recollen os obxectivos da entidade: "a) reunir no seu seo a todos os residentes do Val Miñor en Bos Aires, así como aos seus descendentes; b) propender por todos os medios á cultura, recreo e protección dos asociados, así como á exaltación da personalidade de Galicia e dos seus valores morais e materiais; c) contribuir a elevar a moral, a sensibilidade, o nivel cultural, artístico e físico dos seus asociados; d) procurar a repatriación dos socios nacidos no Val Miñor, que enfermos e faltos de recursos o soliciten; e) protexer e amparar aos naturais do Val Miñor, que chegaren ao país orfos de recomendacións, proporcionándolles traballo inmediato ou a axuda necesaria para conseguilo".
Para iso o centro dispón de salóns de reunión e recreo para os seus asociados, campo de deportes e recreo ao aire libre, biblioteca e salas onde impartir cursos de cultura xeral.
Na actualidade destacan entre as súas actividades as recreativas: organización de festas polo seu aniversario, reunións familiares e de confraternidade con carácter mensual, festival infantil de danzas, etc.; as culturais: organización de diversos actos commemorando o Día de Galicia, ciclos de conferencias, de cine e vídeo, etc. Ten unha coral social que actúa nos diversos actos festivos da colectividade. Organiza diversos cursos para os socios, por exemplo de confección de traxes típicos, música, gaita e danzas galegas e de animadores socio-xuvenís; actividades deportivas: cun equipo de bolos celta co que participa en campionatos como a "Copa de la amistad miñorana".
Dende 1988 edita un boletín informativo da sociedade, "Xuntos". Tamén publica a revista "Miñor", voceiro de prensa da asociación, que foi creada en 1933 ata 1982; e que volven a reeditar en 1986. Os socios integran o grupo de baile "Miñor".

Historia do arquivo

Fonte inmediata de adquisición ou transferencia

Área de contido e estructura

Alcance e contido

Este fondo contén a seguinte documentación:

Conservada en formato microficha:

Libros de Actas das reunións das Xuntas Directivas (1928-1980)
Libros de actas das reunións ordinarias e extraordinarias das Asembleas de Socios (1945-1985)
Libros de solicitudes de ingreso de socios (1934-1959)

Conservada en formato papel:

Estatuto do Círculo Social Valle Miñor de los Municipios de Baiona-Gondomar y Nigrán (31/05/1990)
Carta dirixida ao Consello da Cultura Galega que adxunta 1 enquisa
Programa do Festival folclórico español do día 17/12/1988 no que actuaba o conxunto de danzas do Círculo Social Valle Miñor
Boletín "Xuntos"
"Boletín de noticias del Círculo Social Valle Miñor"
Memoria e balance xeral dos anos 1987 e 1989

Conservada en papel e en microficha:

Revista "Miñor"

Valorización, destrucción e programación

Acumulacións

Aberto a novos ingresos

Sistema de arranxo

Área de condicións de acceso e uso

Condicións que rixen o acceso

Consulta en sala para investigadores e demais persoas interesadas na temática migratoria

Condicións

O material que está en formato microficha non se pode reproducir por cuestións técnicas. O resto da documentación permítese reproducir.

Idioma do material

  • Español

Escritura do material

  • latino

Language and script notes

Características físicas e requerimentos técnicos

Os documentos en microficha precisan dun lector, que se pon a disposición dos investigadores.

Instrumentos de descrición

Área de materiais relacionados

Existencia e ubicación de orixinais

A propia institución

Existencia e localización de copias

Arquivo da Emigración Galega - CdC

Unidades de descrición relacionadas

Descricións relacionadas

Área de notas

Identificador(es) alternativo(s)

Puntos de acceso

Nome dos puntos de acceso

Genre access points

Área de control da descrición

Identificador da descrición

Identificador da institución

Regras e/ou convencións usadas

NOGADA

Estado de elaboración

Borrador

Nivel de detalle

Parcial

Datas de creación revisión eliminación

Creado por Adriana Cousillas o 05/03/2019

Idioma(s)

  • galego

Escritura(s)

  • latino

Fontes

Área de acceso