Unidade documental composta 02 - Cartas relativas ao apoio á República

Área de identidade

Código(s) de referencia

ES. GA 15078 ACCG AEG-01-AE-CU-UTrives-03-01-01-02

Título

Cartas relativas ao apoio á República

Data(s)

  • 1942 - (Creación)

Nivel de descrición

Unidade documental composta

Extensión e medio

8 cartas e 4 documentos

Área de contexto

Nome do creador

(1921-06-12 ata a actualidade)

Historia administrativa

Esta sociedade comarcal foi fundada na Habana o 12 de xuño de 1921 polos naturais do concello de Pobra de Trives residentes alí coa finalidade de socorrer aos asociados que por enfermidade, accidente, inutilidade física para o traballo ou necesidade de repatriación o necesitasen, e fomentar por medio de festivais a confraternidade entre os naturais do Partido Xudicial de Pobra de Trives e todos os fillos de Cuba e España; establecer relacións coas sociedades afins, na forma que máis conviñese á defensa dos intereses sociais e, por último, organizar actos culturais e de recreo como conferencias, veladas, etc. para recabar fondos para o fondo social.

En 1938 estivo presidida por Orentino Diéguez.

En 1998 a Xunta de Galicia recoñeceulle a súa galeguidade.

Historia do arquivo

Fonte inmediata de adquisición ou transferencia

Área de contido e estructura

Alcance e contido

Correspondencia da sociedade "Unión Trivesa", conservada en formato dixital e impreso:

  • Carta enviada o día 30/08/1942 polo Secretario da sociedade, Adolfo Pérez, ao Presidente do Comité Xestor de Axuda ás Democracias, confirmando á súa contribución económica na causa.
  • Certificado do día 30/08/1942 conforme Juan Varela Grande, Presidente do "Centro Gallego", recibiu un donativo da sociedade para o Comité Xestor de Axuda ás Democracias.
  • Carta enviada o día 15/11/1944 ao Presidente da sociedade polo Presidente de "Unión Orensana", Arturo Pérez, para invitalo a unha función de cine.
  • Carta e programa enviados o día 18/11/1944 ao Presidente da sociedade polo Secretario Xeral do Centro de Divulgación Social, para invitalo á conferencia de Enrique López Alarcón do día 20/11/1944.
  • Carta enviada en 1945 polo Secretario da Comisión Organizadora da Convención Nacional Democrática Pro República Española, Francisco Masiques, ao Presidente da sociedade, para felicitalo polo número de delegados designados para a convención.
  • Carta e manifesto enviados o día 30/07/1945 polo Secretario da Comisión Organizadora da Convención Nacional Democrática Pro República Española, Francisco Masiques, ao Presidente da sociedade, para facerlle chegar o manifesto relativo á convención dos días 14-15/09/1945.
  • Carta e programa enviados o día 29/06/1946 polo Presidente da Casa da Cultura na Habana, Pedro Cavia, ao Presidente da sociedade, relativos ao V Congreso Nacional da Casa da Cultura titulado "Unidad y lucha por la República Española".
  • Circular enviada en xuño de 1946 relativa á celebración do Congreso por parte da Convención Nacional Democrática Pro República Española.
  • Carta enviada en agosto de 1946 polo Secretario da Comisión Organizadora da Convención Nacional Democrática Pro República Española, Francisco Masiques, ao Presidente da sociedade, coa relación de delegados.

Valorización, destrucción e programación

Acumulacións

Aberto a novos ingresos

Sistema de arranxo

Área de condicións de acceso e uso

Condicións que rixen o acceso

Consulta en sala para investigadores e demais persoas interesadas na temática migratoria

Condicións

Permítese a súa reprodución dixital ou reprográfica

Idioma do material

  • Español

Escritura do material

  • latino

Language and script notes

Características físicas e requerimentos técnicos

Para a visualización dos documentos en formato pdf requírese un ordenador, que se pon a disposición dos investigadores.

Instrumentos de descrición

Área de materiais relacionados

Existencia e ubicación de orixinais

A propia institución

Existencia e localización de copias

Arquivo da Emigración Galega - CdC

Unidades de descrición relacionadas

Descricións relacionadas

Área de notas

Nota

O AEG conserva un orixinal en papel do manifesto da Comisión Organizadora da Convención Nacional Democrática Pro República Española dos días 14-15/09/1945 e do programa da velada homenaxe organizada para celebrar a "Revolución Gloriosa" de 1936, cunha conferencia de Enrique López Alarcón.

Identificador(es) alternativo(s)

Puntos de acceso

Puntos de acceso ao lugar

Nome dos puntos de acceso

Genre access points

Área de control da descrición

Identificador da descrición

Identificador da institución

Regras e/ou convencións usadas

NOGADA

Estado de elaboración

Borrador

Nivel de detalle

Parcial

Datas de creación revisión eliminación

Creado por Adriana Cousillas o 27/08/2019

Idioma(s)

  • galego

Escritura(s)

  • latino

Fontes

Área de acceso