Fondo AE-AR-CArz - Centro Arzuano Mellidense

Área de identidade

Código(s) de referencia

ES. GA 15078 ACCG AEG-01-AE-AR-CArz

Título

Centro Arzuano Mellidense

Data(s)

  • 1935-01-19 - (Creación)

Nivel de descrición

Fondo

Extensión e medio

Este fondo consta dun cartafol onde se gardan os seguintes documentos:

  • Estatutos do Centro Arzuano Mellidense, aprobados en Bos Aires o 1 de outubro de 1970 (28 páxinas) (fotocopiados)
  • Contestación de 2 enquisas enviadas polo CCG

Área de contexto

Nome do creador

(1935-01-19 ata a actualidade)

Historia administrativa

Esta entidade cultural e recreativa foi creada o 19 de xaneiro de 1935 polos emigrantes naturais dos concellos veciños de Arzúa e Melide, residentes na capital arxentina. Entre os seus fundadores podemos citar a Manuel Pampín (primeiro presidente social), Jesús Rey Vázquez, Socorro Lareo e Dionisio Doamo.
Nos seus estatutos sociais recollen as finalidades sociais: Manter a unión de todos os socios da entidade, fomentando lazos de fraternidade entre os fillos do partido de Arzúa residentes na Arxentina; crear un fondo social de reserva destinado a adquirir casa propia; organizar actos culturais e recreativos, prestando especial atención ás festas tradicionais do Carmen e de San Roque; crear unha biblioteca e un salón de lectura e difundir a arte musical e escénica.
Actualmente organizan actividades festivas e recreativas como a celebración das Festas do Carmen de Arzúa e de San Roque de Melide, unha Cea anual, Festas do Nadal e de fin de ano. Conta cun grupo de teatro arxentino formado por 30 compoñentes, chamado "Fernando Iglesias "Tacholas" e un grupo de zarzuela e coral. Organizan numerosos cursos de baile e danzas galegas.

Historia do arquivo

Fonte inmediata de adquisición ou transferencia

Área de contido e estructura

Alcance e contido

Este fondo consta dun cartafol onde se gardan os seguintes documentos:

  • Estatutos do Centro Arzuano Mellidense, aprobados en Bos Aires o 1 de outubro de 1970 (28 páxinas) (fotocopiados)
  • Carta do presidente da entidade ao Consello da Cultura Galega (1991) (1 folla) (orixinal).
  • Ficha cuberta do "Censo Cultural" (1991)
  • Resposta á enquisa "As sociedades galegas no mundo" enviada polo AEG (1998) (8 follas) (Fotocopiada)

Valorización, destrucción e programación

Acumulacións

Sistema de arranxo

Área de condicións de acceso e uso

Condicións que rixen o acceso

Consulta en sala para investigadores e demais persoas interesadas na temática migratoria

Condicións

Permítese a súa reprodución dixital ou reprográfica

Idioma do material

  • Español

Escritura do material

  • latino

Language and script notes

Características físicas e requerimentos técnicos

Instrumentos de descrición

Área de materiais relacionados

Existencia e ubicación de orixinais

Os fondos orixinais están no Centro Arzuano Mellidense

Existencia e localización de copias

Arquivo da Emigración Galega - CdC

Unidades de descrición relacionadas

Descricións relacionadas

Área de notas

Identificador(es) alternativo(s)

Puntos de acceso

Nome dos puntos de acceso

Genre access points

Área de control da descrición

Identificador da descrición

Identificador da institución

Regras e/ou convencións usadas

NOGADA

Estado de elaboración

Borrador

Nivel de detalle

Parcial

Datas de creación revisión eliminación

Creado por Carolina e Teresa García o 14 de marzo de 2016
Revisado por Adriana Cousillas o 19/02/2019

Idioma(s)

  • galego

Escritura(s)

  • latino

Fontes

Área de acceso