Fonds AE-AR-CVill - Centro Villalbés

Identity area

Reference code

ES. GA 15078 ACCG AEG-01-AE-AR-CVill

Title

Centro Villalbés

Date(s)

  • 1914-06-06 - 1938 (Creation)

Level of description

Fonds

Extent and medium

3 rollos de microfilme e 8 PDF

Context area

Name of creator

(1914-06-06 ata 1938, ano no que se fusiona con "Sociedad residentes del ayuntamiento de Cospeito" pasando a denominarse "Centro Villalbés - Cospeito")

Administrative history

Esta entidade foi creada en 1914 polos emigrantes naturais do partido xudicial de Vilalba, residentes en Bos Aires. En 1918, os socios aproban en asemblea xeral o cambio de nome, pasando a chamarse "Centro Villalbés, de protección, cultura y recreo".
Un dos promotores da fundación desta entidade, foi Tomás Barro, quen ocupou o cargo de presidente durante moitos anos.
En 1915, apróbase os primeiros estatutos sociais, onde aprecen claramente reflectidos so fin de protección, cultura e recreo aos que aspiraban: "Art. 1. Servir de vínculo entre los hijos del Partido de Villalba y sus asociados; art. 2. Proporcionar a sus asociados en casod e enfermedad y de acuerdo con estos estatutos: asistencia médica a domicilio, en sanatorio propio o no, medicamentos, subsidios y repatriación; art. 3. Amparar a sus asociados en la vindicación de sus derechos civiles o de otro orden cuando les fueran mermados injustificadamente; art. 4. Crear un fondo de beneficencia para socorrer a sus asociados en los casos no previstos por estos estatutos; art. 5. Proteger y vigilar la emigración a este país que venga dirigida a sus asociados".
Durante os anos 20 ten o proxecto de construír un hospital-asilo no concello de Vilalba, para o que recaudan fondos con distintas actividades recreativas e abre unha subscrición permanente para este fin. Con esta finalidade crean un "comité pro-asilo" en Vilalba ao que en 1925 envían 5.000 pesetas. Parellamente realiza varios xiros de cartos para paliar casos de necesidade puntuais na súa localidade natal, como por exemplo a doazón de 2.500 pesetas para axuda dos máis necesitados.
En 1926, o Sr. Rábade, ex-presidente da entidade, ofrécelles unha casa da súa propiedade de dous pisos con dúas fanegas de terra e un prado, para que instalasen alí un escola e os terreos fosen empregados como complemento do soldo polo mestre, con carácter de usufruto; a sociedade debía encargarse de arranxar o edificio. En novembro organiza unha función artística e baile familiar a beneficio da escola que van crear en Tamboga (Cospeito). Nembargantes non temos constancia de que finalmente esta escola fose construída.
En 1932 a directiva mantén conversacións coa sociedade de Cospeito. Esta sociedade foi creada por un grupo de e socios que se separaron do "Centro Villalbés" en 1926. Finalmente en agosto de 1938 fusiónanse ambas as dúas e a nova entidade pasa a denominarse Centro Villalbés - Cospeito.

Archival history

Immediate source of acquisition or transfer

Content and structure area

Scope and content

Este fondo contén a seguinte documentación:

Conservada en formato microfilme e dixital:

Libros de actas das reunións das Asembleas de Socios e das Comisións Directivas:
1924-1934 (376 páxinas)
1934-1938 (171 páxinas)
Borrador de Estatutos da sociedade do ano 1918 (18 páxinas)
Correspondencia da sociedade durante os anos 1914-1938
Libros copiadores dos anos 1924-1927 e 1930
Fichas de rexistro de socios da sociedade "Centro Villalbés" dos anos 1914-1922

Conservada en formato microfilme:

Libros de rexistro de socios da sociedade dos anos 1914-1927, 1914-1938 e 1924-1938

Appraisal, destruction and scheduling

Accruals

Aberto a novos ingresos

System of arrangement

Conditions of access and use area

Conditions governing access

Consulta en sala para investigadores e demais persoas interesadas na temática migratoria

Conditions governing reproduction

Permítese a súa reprodución dixital ou reprográfica

Language of material

  • Spanish

Script of material

  • Latin

Language and script notes

Physical characteristics and technical requirements

Os documentos microfilmados precisan dun lector, e para a visualización dos documentos en formato pdf requírese un ordenador, que se poñen a disposición dos investigadores.

Finding aids

Allied materials area

Existence and location of originals

A propia institución

Existence and location of copies

Arquivo da Emigración Galega - CdC

Related units of description

Related descriptions

Notes area

Alternative identifier(s)

Access points

Name access points

Genre access points

Description control area

Description identifier

Institution identifier

Rules and/or conventions used

NOGADA

Status

Draft

Level of detail

Partial

Dates of creation revision deletion

Creado por Adriana Cousillas o 26/03/2019

Language(s)

  • Galician

Script(s)

  • Latin

Sources

Accession area