File 03 - Correspondencia que trata do alugueiro do edificio de "Progreso de Lanzós" en Galicia

Open original Digital object

Identity area

Reference code

ES. GA 15078 ACCG AEG-01-AE-CU-PrLanz-05-03-03

Title

Correspondencia que trata do alugueiro do edificio de "Progreso de Lanzós" en Galicia

Date(s)

  • 1928-1930 (Creation)

Level of description

File

Extent and medium

7 Cartas entre os veciños de Lanzós e a sociedade habaneira propietaria do edificio (dixital)

Context area

Name of creator

(1913-04-01 ata a actualidade)

Administrative history

Esta sociedade foi fundada por naturais das parroquias de San Martiño e San Salvador de Lanzós, do concello de Vilalba (Lugo), residentes na Habana.
Entre os fundadores podemos citar a José Castro Lozano, en cuxa casa se reuniron Cosme Sacido Ramil, Pedro Tenreiro Rivas, Jesús Cendán Ferreiro, Marcelino Martínez, Lucas Tenreiro e Manuel Rego. A primeira xunta directiva estivo presidida por Cosme Sacido Ramil; Jesús Cendán Ferreiro, como vicepresidente; Jesús Castro Funcasta, secretario; Crisanto Leal Ramudo, vicesecretario; Manuel Balseiro Tenreiro, tesoureiro; José Castro Lozano, vicetesoureiro; e contaba con doce vogais: Juan López Ferreiro, José Ramudo Rego, Marcelino Martínez, José García Tenreiro, Angel Tenreiro, Andrés Boizán, Vicente Lodeiro, Angel Martínez, José Trastoy Orosa, José de Vicente Ferreiro, Alejo Miragaya Orosa e Ramón Bahamonde.
Ao ano seguinte da súa fundación contaba xa cun total de 150 socios.
Creouse co nome de Emigrados de Lanzós, pero uns días máis tarde en asemblea xeral de socios votouse por unanimidade o nome de Progreso de Lanzós.
A súa finalidade principal foi reunir os fondos necesarios para crear e soster unha escola con todos os adiantos pedagóxicos modernos para os nenos e nenas das parroquias.
Entre as melloras que acometeron na súa terra natal pódese citar o peche en 1914 do Campo de San Pedro, xunto á igrexa, para ser usado como lugar de reunión e sociabilidade para os veciños; para levar a cabo estas obras enviaron a Lanzós 245,86 pesos. Preto deste campo aproban a construción dun edificio escolar; a parroquia participa coa cesion de parte dos terreos e coa axuda veciñal nas obras.
Ademais, en 1915, organizan unha subscrición para reparar o adro e o cemiterio de San Salvador de Lanzós.
En 1917 colaboran con varias doazóns na edificacion dunha casa-escola para as parroquias de Distriz e Tardade.
Dende os seus inicios colaboran co Sindicato Juventud Agraria de Lanzós, axudándoos economicamente na realización da súa casa social; anteriormente permitíralles o uso dunha estancia no edificio escolar de Lanzós para as súas reunións. As relacións entre ambas as entidades pasaron por altibaixos, con disputas sobre o uso da casa-escola ou a xestión da casa do sindicato.
En 1923 a sociedade habaneira participou economicamente na compra dunha granxa agrícola onde poder impartir ensinanzas aos labregos da zona.

Archival history

Immediate source of acquisition or transfer

Content and structure area

Scope and content

7 cartas da correspondencia mantida entre a sociedade habaneira e a delegación da entidade en Lanzós así como cos veciños da parroquia sobre o alugueiro da primeira planta do edificio social construído en Lanzós polos emigrantes desta parroquia residentes na illa de Cuba (22 páxinas):

  • 1 Carta enviada dende A Habana polo presidente da xunta directiva de "Progreso de Lanzós" á súa delegación en Galicia explicando os motivos da súa decisión de alugar a planta baixa do edificio da sua propiedade ao concello de Vilalba por 5 anos para o seu uso como escola (19 de xaneiro de 1928) (2 páxinas mecanografadas e asinadas polo presidente, Antonio Tenreiro Piñeiro)
  • 1 Carta enviada dende A Habana polo presidente da xunta directiva de "Progreso de Lanzós" á súa delegación en Galicia ratificando a decisión de alugar a planta baixa do edificio da sua propiedade ao concello de Vilalba por 5 anos para o seu uso como escola. Decisión aprobada en xunta xeral de socios. (3 de febreiro de 1928) (1 páxina mecanografada e asinada polo secretario da sociedade, Antonio Castro)
  • 1 Acta do Consejo de Instrucción de Lanzós, enviada á entidade da Habana do 19 de agosto de 1928, no que fan constar a súa postura contraria a alugar o edificio (1 páxina mecanografada e asinada por Cosme Sacido como presidente e o secretario, Enrique Ramil).
  • 1 Carta enviada polo Sindicato "Juventud Agraria de Lanzós" á sociedade habaneira. Trata sobre a reunión que fixeron no seu edificio os veciños das parroquias de San Martiño e San Salvador de Lanzós para tratar o tema da «Escuela Nacional» que o concello quere instalar no edificio social de "Progreso de Lanzós", feito do que son contrarios (14 de decembro de 1930) (6 páxinas mecanografadas e asinadas por Crisanto Ramudo como presidente e José Carballeira, secretario).
  • 1 Carta enviada dende Lanzós á sociedade "Progreso de Lanzós" de A Habana por un grupo de veciños para amosar a súa oposición a instalar no edificio "Progreso de Lanzós" dúas escolas «regidas por el Estado» e solicitan que non aluguen o edificio a tal fin. A carta leva a sinatura de moitos dos veciños da parroquia de Lanzós. (20 de setembro de 1930) (2 páxinas mecanografadas e con sinaturas autógrafas).
  • Carta enviada dende A Habana polo presidente da xunta directiva de "Progreso de Lanzós" á súa delegación en Galicia na que transcriben a carta enviada polo alcalde de Vilalba solicitando o alugueiro do edificio social (20 de marzo de 1930) (2 páxinas mecanografadas)
  • 1 Carta enviada dende A Habana da sociedade "Progreso de Lanzós" aos veciños de Lanzós, titulada MANIFESTO explicando os motivos da súa decisión (2 de novembro de 1930) (3 páxinas mecanografadas)

Appraisal, destruction and scheduling

Accruals

Aberto a novos ingresos

System of arrangement

Conditions of access and use area

Conditions governing access

Consulta en sala para investigadores e demais persoas interesadas na temática migratoria. Documentación dispoñible en liña

Conditions governing reproduction

Permítese a súa reprodución dixital e reprográfica

Language of material

  • Spanish

Script of material

  • Latin

Language and script notes

Physical characteristics and technical requirements

Finding aids

Allied materials area

Existence and location of originals

A propia institución que ten a súa sede no antigo Palacio do Centro Galego da Habana.

Existence and location of copies

Arquivo da Emigración Galega do Consello da Cultura Galega, na súa sede da Cidade da Cultura

Related units of description

Related descriptions

Notes area

Alternative identifier(s)

Access points

Genre access points

Description control area

Description identifier

AE CU PrLanz

Institution identifier

ES GA 15078 ACCG

Rules and/or conventions used

NOGADA

Status

Draft

Level of detail

Partial

Dates of creation revision deletion

Language(s)

  • Galician

Script(s)

  • Latin

Sources

Digital object (Master) rights area

Digital object (Reference) rights area

Digital object (Thumbnail) rights area

Accession area