Área de identidad
Código de referencia
Título
Fecha(s)
Nivel de descripción
Volumen y soporte
1 Díptico coa candidatura oficial para elixir os membros da Xunta Directiva
1 PDF con varios certificados para acreditar a presidencia da entidade
1 Diploma
Área de contexto
Nombre del productor
Historia administrativa
Esta sociedade foi fundada por naturais das parroquias de San Martiño e San Salvador de Lanzós, do concello de Vilalba (Lugo), residentes na Habana.
Entre os fundadores podemos citar a José Castro Lozano, en cuxa casa se reuniron Cosme Sacido Ramil, Pedro Tenreiro Rivas, Jesús Cendán Ferreiro, Marcelino Martínez, Lucas Tenreiro e Manuel Rego. A primeira xunta directiva estivo presidida por Cosme Sacido Ramil; Jesús Cendán Ferreiro, como vicepresidente; Jesús Castro Funcasta, secretario; Crisanto Leal Ramudo, vicesecretario; Manuel Balseiro Tenreiro, tesoureiro; José Castro Lozano, vicetesoureiro; e contaba con doce vogais: Juan López Ferreiro, José Ramudo Rego, Marcelino Martínez, José García Tenreiro, Angel Tenreiro, Andrés Boizán, Vicente Lodeiro, Angel Martínez, José Trastoy Orosa, José de Vicente Ferreiro, Alejo Miragaya Orosa e Ramón Bahamonde.
Ao ano seguinte da súa fundación contaba xa cun total de 150 socios.
Creouse co nome de Emigrados de Lanzós, pero uns días máis tarde en asemblea xeral de socios votouse por unanimidade o nome de Progreso de Lanzós.
A súa finalidade principal foi reunir os fondos necesarios para crear e soster unha escola con todos os adiantos pedagóxicos modernos para os nenos e nenas das parroquias.
Entre as melloras que acometeron na súa terra natal pódese citar o peche en 1914 do Campo de San Pedro, xunto á igrexa, para ser usado como lugar de reunión e sociabilidade para os veciños; para levar a cabo estas obras enviaron a Lanzós 245,86 pesos. Preto deste campo aproban a construción dun edificio escolar; a parroquia participa coa cesion de parte dos terreos e coa axuda veciñal nas obras.
Ademais, en 1915, organizan unha subscrición para reparar o adro e o cemiterio de San Salvador de Lanzós.
En 1917 colaboran con varias doazóns na edificacion dunha casa-escola para as parroquias de Distriz e Tardade.
Dende os seus inicios colaboran co Sindicato Juventud Agraria de Lanzós, axudándoos economicamente na realización da súa casa social; anteriormente permitíralles o uso dunha estancia no edificio escolar de Lanzós para as súas reunións. As relacións entre ambas as entidades pasaron por altibaixos, con disputas sobre o uso da casa-escola ou a xestión da casa do sindicato.
En 1923 a sociedade habaneira participou economicamente na compra dunha granxa agrícola onde poder impartir ensinanzas aos labregos da zona.
Institución archivística
Historia archivística
Origen del ingreso o transferencia
Área de contenido y estructura
Alcance y contenido
Documentación conservada en formato dixital e impreso:
- 1 Díptico coa candidatura oficial para elixir os membros da Xunta Directiva (1 páxina)
- 1 PDF con varios certificados para acreditar a presidencia da entidade de Antonio Tenreiro Piñeiro, elixido presidente o 30 de xullo de 1931. 3 certificados con data de 1932 e 1933, asinados polo secretario da entidade Lorenzo Alvariño Cendán (5 páxinas)
- 1 Diploma honorífico co nomeamento de Tesoureiro de Honra a nome de Antonio Tenreiro Roca (1959) (1 páxina)
Valorización, destrucción y programación
Acumulaciones
Sistema de arreglo
Área de condiciones de acceso y uso
Condiciones de acceso
Consulta en sala para investigadores e demais persoas interesadas na temática migratoria. Documentación dispoñible en liña.
Condiciones
Permítese a súa reprodución dixital ou reprográfica
Idioma del material
español
Escritura del material
latín
Notas sobre las lenguas y escrituras
Características físicas y requisitos técnicos
Instrumentos de descripción
Área de materiales relacionados
Existencia y localización de originales
A institución quedou integrada na sociedade “Unión Villalbesa y su comarca” da Habana. Ten a súa sede social no antigo Palacio do Centro Galego da Habana onde está o seu arquivo.
Existencia y localización de copias
Arquivo da Emigración Galega - CCG, na súa sede da Cidade da Cultura de Galicia
Unidades de descripción relacionadas
Área de notas
Identificador/es alternativo(os)
Puntos de acceso
Puntos de acceso por materia
Puntos de acceso por lugar
- América » Antillas » Cuba » A Habana
- Europa » España » Galicia » Lugo (Provincia) » Vilalba » Lanzós (San Martiño)
Puntos de acceso por autoridad
Tipo de puntos de acceso
Área de control de la descripción
Identificador de la descripción
Identificador de la institución
Reglas y/o convenciones usadas
NOGADA
Estado de elaboración
Nivel de detalle
Fechas de creación revisión eliminación
Idioma(s)
gallego
Escritura(s)
latín