Unidade documental composta 01 - Documentación do Panteón no Cemiterio de Colón en A Habana

Área de identidade

Código(s) de referencia

ES. GA 15078 ACCG AEG-01-AE-CU-HLal-02-03-01

Título

Documentación do Panteón no Cemiterio de Colón en A Habana

Data(s)

  • 1929 - (Creación)

Nivel de descrición

Unidade documental composta

Extensión e medio

2 planos, 1 proxecto, 8 cartas, 1 certificado, 1 listaxe, 1 libro de contabilidade e 3 fotografías

Área de contexto

Nome do creador

(1910-03-20 ata a actualidade)

Historia administrativa

Esta sociedade foi fundada na Habana polos naturais da comarca do Deza residentes a instancias dunha entidade similar existente na Arxentina. Foi creada co obxectivo fundamental de construír conxuntamente un Hospital-Asilo en Lalín.
O 20 de marzo de 1910, os lalinenses residentes na Habana, aproban a súa creación baixo o nome de "Sociedad de Instrucción, Beneficencia y Recreo Hijos del Partido de Lalín", con sede no Palacio do Centro Gallego de La Habana. O seu comité organizador estaba formado por Cándido Lamas, Manuel Lorenzo e Maximino López. Outros socios fundacionais foron: polo concello de Silleda, Constantino Terxeido, José Ramos, Manuel Rey e Gerardo Pombo; por Lalín, Francisco Souto, Cándido Lamas, Guillermo González, Rosendo Sanmartín, Antonio Iglesias e Manuel Taboada; por Carbia: Manuel Pedreira, José Fernández, Solitario López e Manuel Quintero; pola Golada: Manuel Pallares, Andrés Iglesias, Casimiro Miguélez e José Barrios; polo concello de Rodeiro: Jesús Diéguez, José Meijome, Gumersindo Fernández; por Dozón: Casiano Lorenzo, Daniel Castro, Eladio Calvo e Gumersindo Gómez. Deles saíu a primeira Xunta Directiva baixo a presidencia de Cándido Lamas.
A finalidade da sociedade foi a procura de protección e axuda entre todos os seus asociados, así como a unión dos connaturais do partido xudicial de Lalín residentes na illa.
No ano 1913 os seus esforzos centráronse na financiación da construción do Hospital-Asilo na vila de Lalín.
A partir de 1923 esta sociedade forma parte do "Comité de Sociedades del Partido de Lalín" que estaba integrado ademáis polas seguintes sociedades:"Club Lalín", "Hijos del Ayuntamiento de Rodeiro", "Hijos del Ayuntamiento de la Golada", "Hijos del Ayuntamiento de Silleda".
Na actualidade organizan actividades culturais como cursos de língua galega e teñen un grupo folclórico de baile galego. No ano 1992 contaban cun total de 286 socios dos que o 80 % son galegos ou descendentes de galegos.
A súa presidenta actual é Josefina de la Caridad López González.

Historia do arquivo

Fonte inmediata de adquisición ou transferencia

Área de contido e estructura

Alcance e contido

Documentación do Panteón da sociedade "Hijos del Partido de Lalín", conservada en formato dixital:

  • 2 planos (1929)
  • Proxecto do Panteón (1929)
  • 1 carta enviada por José Luis Jaracicho ao Presidente da Comisión "Proyecto Panteón" co orzamento (02/08/1929)
  • 1 carta enviada pola empresa "La Fe,Crespo Y Fernández y Cla" ao Presidente da Comisión "Proyecto Panteón" co orzamento (05/08/1929)
  • 1 carta enviada pola "Compañía Italo Cubana de Märmoles" á Comisión "Proyecto Panteón" co orzamento (06/08/1929)
  • 1 carta enviada pola Marmolería "La Jardinera" ao Presidente da Comisión "Proyecto Panteón" co orzamento (11/08/1929)
  • 1 carta enviada pola Marmolería J. Pennino ao Presidente da Comisión "Proyecto Panteón" co orzamento (20/08/1929)
  • 1 carta enviada por Antonio Hidalgo Coloma, Inspector de obras, ao Presidente da Comisión "Proyecto Panteón" (08/10/1929)
  • 1 carta enviada por Antonio Hidalgo Coloma, Inspector de obras, ao Presidente da Comisión "Proyecto Panteón" (28/10/1929)
  • 1 certificado do préstamo para rematar as obras do Panteón (18/04/1931)
  • Listaxe de defuncións dende o 04/12/1929 ata o 09/02/2000 (8 páxinas)
  • Libro de caixa nº 1 do Panteón dende o 31/01/1958 ata o 31/12/1967 (22 follas)
  • 1 carta enviada pola Comisión "Proyecto Panteón" (02/02/1975)
  • 1 fotografía do Panteón (1929)
  • 1 fotografía dun acto celebrado no Panteón (anos 30)
  • 1 fotografía dunha peregrinación ao Panteón (anos 90)

Valorización, destrucción e programación

Acumulacións

Aberto a novos ingresos

Sistema de arranxo

Área de condicións de acceso e uso

Condicións que rixen o acceso

Consulta en sala para investigadores e demais persoas interesadas na temática migratoria

Condicións

Permítese a súa reprodución dixital ou reprográfica

Idioma do material

  • Español

Escritura do material

  • latino

Language and script notes

Características físicas e requerimentos técnicos

Para a visualización dos documentos en formato pdf requírese un ordenador, que se pon a disposición dos investigadores.

Instrumentos de descrición

Área de materiais relacionados

Existencia e ubicación de orixinais

A propia institución

Existencia e localización de copias

Arquivo da Emigración Galega - CdC

Unidades de descrición relacionadas

Descricións relacionadas

Área de notas

Identificador(es) alternativo(s)

Puntos de acceso

Nome dos puntos de acceso

Genre access points

Área de control da descrición

Identificador da descrición

Identificador da institución

Regras e/ou convencións usadas

NOGADA

Estado de elaboración

Borrador

Nivel de detalle

Parcial

Datas de creación revisión eliminación

Creado por Adriana Cousillas o 30/08/2019

Idioma(s)

  • galego

Escritura(s)

  • latino

Fontes

Área de acceso