Invitación a sardiñada na Residencia de Domselaar
UntitledESPAZOS E EVENTOS
2651 Archival description results for ESPAZOS E EVENTOS
Esta revista foi editada por un grupo de simpatizantes da sociedade Hogar Gallego para Ancianos co fin de apoiar e divulgar o seu labor asistencial en pro da colectividade galega da terceira idade. A maior parte dos artigos son colaboracións, principalmente literarias, con referencias a personalidades galegas ou ao papel dos galegos en América. Neste número que conservamos aparece o relatorio presentado no I Congreso da Emigración Galega sobre a ancianidade e unha ampla información sobre a entidade.
Número fotocopiado:
1957: n. 1
UntitledLibros de contabilidade da "Sociedad de Beneficencia de Naturales de Galicia".
Conservados en formato dixital:
- Libro de caixa número 1 (1909-1916): dixitalizado 1909-1910: 28 follas
- Libro de caixa de contaduría número 7 (01-02/1942)
- Libro de rexistro de auxilio póstumo número 1 (04/1944-04/1955): dixitalizadas só 3 páxinas
- Libro de rexistro de socorros (12/1935-02/1944): 109 páxinas
- Libro de socorros con rexistro de recibos (1949-1954): 67 páxinas
Conservado en formato dixital e impreso:
- Libro cos depósitos feitos pola sociedade no Banco de Nova Escocia (1950): 10 páxinas
Recibos de pago das cotas polos socios da "Sociedad de Beneficencia de Naturales de Galicia":
- Recibo do pago da cota "Hijos de la Villa de Barreiros" á Sociedade de 50 centavos (19/06/1945), conservado en formato dixital e impreso.
- Recibo de 12 dólares (01-1995), conservado en formato papel.
- Recibo do pago da cota dunha socia de 12 dólares (01-2004), conservado en formato papel.
Tarxeta social da Comisión de Visita a Enfermos da "Sociedad de Beneficencia de Naturales de Galicia" co troquelado SBNG e o selo da "Federación de Sociedades Gallegas de Cuba y sus descend.", conservada en formato papel.
UntitledRecorte de prensa de "Españoles en el mundo" sobre a "Sociedad de Beneficencia de Naturales de Galicia" e o acto de entrega do diploma de mérito entregado a Ramón Dacal Moure, conservado en formato papel (fotocopias).
UntitledEsta publicación foi o voceiro da Sociedad de Beneficencia Naturales de Galicia desde 1938 e ata 1954, e estivo dirixido por Antonio do Campo de la Fuente. Podemos encadrala como prensa societaria onde se describen as actividades da institución patrocinadora, completadas con diversos artigos sobre a historia, literatura e cultura galegas. Moitos deses artigos estiveron asinados por destacados literatos como María Pérez Gago, Antonio Rey, Ramón Fernández Mato, Rosalía de Castro, Manuel Carmona, Francisco Marcos Raña, Josefina Camaño, Ramón M.ª del Valle-Inclán, E. Fernández Arrondo, José Rubianes, José Ramón Suárez Castiello, Ramón Marcote Miñarzo (Marco Aurelio), José López Pérez, Mouriño ou A. do Campo.
Números conservados en formato papel:
1938: n. 7 (extraordinario)
1939: n. 20 (extraordinario)
1940: n. 32 (extraordinario)
1941: n. 37/38 (extraordinario), n. 41 (extraordinario)
1942: n. 47, 49 (extraordinario)
1943: n. 59/61 (extraordinario)
1944: [s.n.] (extraordinario)
1945: n. 74/75 (extraordinario, supl.)
"Memoria del curso escolar 1954-1955 del Plantel Concepción Arenal : La Habana, 1955" publicada na Habana en 1955 pola Sección de Cultura e de Bellas Artes do "Centro Gallego de La Habana", conservada en formato papel.
UntitledFolletos que recollen os discursos pronunciados en actividades organizadas por Sociedades españolas en Cuba:
-
"Discurso pronunciado por Mario García Kohly, ministro de Cuba, en Madrid en el banquete que le fue ofrecido en el Teatro Nacional de la Habana por las Sociedades Regionales Españolas de Cuba : 23 de Mayo de 1921", conservado en formato dixital e impreso.
-
Discursos recollidos na edición facsímil do folleto: "Recuerdos de la velada literaria del 2 de mayo de 1885 en el Centro Gallego de La Habana", conservados en formato papel.
Listaxe da primeira candidatura da "Sociedad Estudiantil Concepción Arenal" para 1917-1918, conservada en formato dixital e impreso.
UntitledTarxeta postal enviada polo Presidente da "Federación de Sociedades Gallegas de Cuba y sus descendientes", Antonio Cougil Fernández, conservada en formato papel.
UntitledFolleto cos textos das conferencias de Francisco Conde Otero e Manuel Valella Piñón sobre Iberoamérica (1993), conservado en formato papel.
UntitledEste fondo contén a seguinte documentación:
Conservada en formato dixital e impreso:
Regulamentos (1929)
UntitledEste fondo contén a seguinte documentación:
Conservada en formato papel (fotocopias):
Memoria dos anos 1910-1912
UntitledEste fondo contén a seguinte documentación:
Conservada en edición facsímil, dixital e impresa:
Estatutos (1938)
Conservada en formato dixital:
Estatutos de 1944
Conservada en formato dixital e impreso:
Regulamento (1946)
Regulamento do "Hogar-Albergue"(1959)
Conservada en formato papel (fotocopias):
1 memoria, 1 programa, 2 recibos e 1 fotografía relativos ao Sanatorio Concepción Arenal
2 carnés
Regulamentos de "Hijas de Galicia", conservados en formato dixital e impreso incompletos:
- Regulamento do "Hogar-Albergue" aprobado o 30/03/1959
- Regulamento da agrupación "Renovación de Hijas de Galicia" aprobado o 20/09/1946
Acta de constitución da "Sociedad Cultural Rosalía de Castro" do 19 de xuño de 1945, conservada en formato dixital e impreso.
UntitledLibro de Actas das reunións das Xuntas Directivas da "Sociedad Cultural Rosalía de Castro", conservado en formato dixital e impreso:
- Libro con 71 actas (200 páxinas) dende o 26/07/1945 ata o 03/08/1950
Folleto coa candidatura de "Juventud y Progreso" ás eleccións da directiva da "Sociedad Cultural Rosalía de Castro", conservado en formato papel.
UntitledFotografías de diversas actividades desenvolvidas pola "Sociedad Cultural y Artística Rosalía de Castro": baile galego, obras de teatro, discursos, entrega de diplomas, mesas redondas, etc., conservadas en formato dixital.
Untitled