Festas e festivais

Área de elementos

Taxonomía

Código

Nota(s) de alcance

    Nota(s) de fonte

      Nota(s) de despregue

        Termos xerárquicos

        Festas e festivais

        Festas e festivais

          Termos equivalentes

          Festas e festivais

            Termos asociados

            Festas e festivais

            31 Descrición arquivística results for Festas e festivais

            31 results directly related Exclude narrower terms
            ES. GA 15078 ACCG AEG-01-AE-POR-XuvG-05-04-06 · Unidade documental simple · 1956-07-06
            Parte de Fondos do Arquivo da Emigración Galega (AEG)

            Cartel para informar aos socios e socias dun paseo fluvial a bordo do vapor Lisbonense organizado pola entidade no que haberá un baile amenizado pola orquestra Costa Rica. Terá lugar o 6 de xullo de 1956.

            Xuventude de Galicia. Centro Galego de Lisboa
            ES. GA 15078 ACCG AEG-01-AE-ES-CGMall · Fondo · 1986 -
            Parte de Fondos do Arquivo da Emigración Galega (AEG)

            Este fondo contén a seguinte documentación:

            Conservada en formato papel:

            Estatutos (1986)
            2 cartas
            4 enquisas
            Díptico sobre o Grupo "Anaquiños"
            Folleto do IV Festival Mundial de Danses Folklóriques (1991)
            Revista "Adiala : Voceiro do Centro Gallego de Mallorca"

            Centro Gallego de Mallorca Playa de Palma
            ES. GA 15078 ACCG AEG-01-AE-POR-XuvG-05-04-22 · Unidade documental simple · 1958-07-22
            Parte de Fondos do Arquivo da Emigración Galega (AEG)

            Informa das distintas actividades organizadas para celebrar o Día de Galicia, na festividade de Santiago Apóstolo. O 24 terá lugar unha conferencia titulada "Tres poetas galegos bilingües (Rosalía de Castro, Curros Enríquez e Eduardo Pondal)", impartida por Carlos A. Areán. O 25 misa en honor do santo e o 27 gran festa campestre de confraternización galego-miñota organizada pola Casa do Minho, para todos os socios e socias de ambas as dúas entidades.

            Xuventude de Galicia. Centro Galego de Lisboa
            ES. GA 15078 ACCG AEG-01-AE-POR-XuvG-05-04-19 · Unidade documental simple · 1958-05-20
            Parte de Fondos do Arquivo da Emigración Galega (AEG)

            Informa da Velada organizada pola Coral do centro "Anaquiños da Terra" en homenaxe ao seu director, Avelino Abuín de Tembra na que haberá unha representación teatral, a actuación da Coral "Cantos y Danzas de Galicia", xogos florais e un concurso de regueifas. A velada remata cun baile para todos os e as socias que queiran asistir. A homenaxe será o 25 de maio de 1958.

            Xuventude de Galicia. Centro Galego de Lisboa
            ES. GA 15078 ACCG AEG-01-AE-ES-Toxos-05-02-01-01 · Unidade documental composta · 1984 -
            Parte de Fondos do Arquivo da Emigración Galega (AEG)

            Folletos do festival de música galega en Barcelona organizado pola Escola de gaitas e danzas galegas Toxos e Xestas, conservados en formato papel:

            • Tríptico do II Festival de 1984 (214 x 105 mm)
            • Folleto do XXV Festival de 2009 (tamaño A4)
            Escola de gaitas e danzas galegas Toxos e Xestas
            Fotografías
            ES. GA 15078 ACCG AEG-01-AE-CU-ValOro-06-01-01 · Unidade documental composta · 192? -
            Parte de Fondos do Arquivo da Emigración Galega (AEG)

            Fotografías realizadas durante as actividades da sociedade "El Valle de Oro", conservadas en formato dixital: Xuntas Directivas, Presidentes, escolas, festivais, etc.

            Fotografías
            ES. GA 15078 ACCG AEG-01-AE-CU-USant-06-01-01 · Unidade documental composta · 1907 -
            Parte de Fondos do Arquivo da Emigración Galega (AEG)

            Fotografías da sociedade "Liga Santaballesa", conservadas en formato dixital:

            • 13 fotografías de reunións de socios da Liga Santaballesa: festivais societarios, banquetes de confraternidade celebrados na Polar ou entrega de premios de honra
            • 19 fotografías de actos de toma de posesión de diversas Directivas celebrados no Salón de Actos do Centro Galego da Habana
            • 4 fotografías do Panteón social no Cemiterio de Colón
            • 8 fotografías do Comité de damas da entidade en diversos actos sociais
            • 3 fotos de socios na súa vida cotiá
            • 4 fotos do edificio do Colexio Liga Santaballesa e dos seus alumnos e alumnas
            Liga Santaballesa de Educación e Instrucción
            ES. GA 15078 ACCG AEG-01-AE-POR-XuvG-05-04-25 · Unidade documental simple · 1959-05-10
            Parte de Fondos do Arquivo da Emigración Galega (AEG)

            Invitación para participar nunha homenaxe ao coro da entidade "Anaquiños da Terra". Esta homenaxe está organizada xunto co Centro Español de Lisboa na Festa de Confraternización de ambas entidades de emigrantes.

            Xuventude de Galicia. Centro Galego de Lisboa
            ES. GA 15078 ACCG AEG-01-AE-POR-XuvG-05-04-17 · Unidade documental simple · 1958-04-19
            Parte de Fondos do Arquivo da Emigración Galega (AEG)

            Invitación para asistir ao festival artístico e danzante que se vai celebrar nos salóns de "Espelho da Agua" para os socios. Haberá actuación da coral galega "Anaquiños da Terra" integrada polos socios e socias da entidade e un baile.

            Xuventude de Galicia. Centro Galego de Lisboa
            ES. GA 15078 ACCG AEG-01-AE-POR-XuvG-05-04-26 · Unidade documental simple · 1960-04-00
            Parte de Fondos do Arquivo da Emigración Galega (AEG)

            Programa das actividades organizadas pola entidade para o mes de abril de 1960. O día 3 celebra un gran baile a cargo da orquestra Costa Rica. O 9 de abril terá lugar unha "Gran Velada Gallega" coa actuación da coral societaria "Anaquiños da Terra" e a representación dunha obra de teatro en galego "Estebiño".

            Xuventude de Galicia. Centro Galego de Lisboa
            ES. GA 15078 ACCG AEG-01-AE-POR-XuvG-05-04-29 · Unidade documental simple · 1961-02-00
            Parte de Fondos do Arquivo da Emigración Galega (AEG)

            Programa das actividades organizadas pola entidade para celebrar o Entroido de 1961, con bailes para os socios e as socias e as festas tradicionais como un concurso de disfraces, unha piñata ou o "Enterro da sardiña".

            Xuventude de Galicia. Centro Galego de Lisboa
            ES. GA 15078 ACCG AEG-01-AE-POR-XuvG-05-04-20 · Unidade documental simple · 1958-07-00
            Parte de Fondos do Arquivo da Emigración Galega (AEG)

            Programa das actividades organizadas pola entidade para o mes de xullo de 1958, «Año de las Bodas de Oro». O día 17 organiza o tradicional paseo fluvial nocturno cunha festa durante a travesía a cargo da orquestra Costa Rica. O día 25, Día de Santiago celébrase unha misa e pola noite un baile ao que poderán asistir os socios coas súas familias.

            Xuventude de Galicia. Centro Galego de Lisboa
            ES. GA 15078 ACCG AEG-01-AE-POR-XuvG-05-04-03 · Unidade documental simple · 1956-04-00
            Parte de Fondos do Arquivo da Emigración Galega (AEG)

            Programa das actividades organizadas pola entidade para o mes de abril de 1956. O día 1 os socios e socias poderán desfrutar dun festival dedicado ao socio Baldomero Boullosa, con actuacións da orquestra Copacabana e a agrupación coral e artística "Anaquiños da Terra" da sociedade. O día 22 organiza un baile coa orquestra Costa Rica e un concurso de "Jotas e muiñeiras".

            Xuventude de Galicia. Centro Galego de Lisboa
            ES. GA 15078 ACCG AEG-01-AE-POR-XuvG-05-04-09 · Unidade documental simple · 1956-12-00
            Parte de Fondos do Arquivo da Emigración Galega (AEG)

            Programa das actividades organizadas pola entidade para o mes de decembro de 1956. O día 16 celebra unha velada artística e danzante con artistas españois e un baile coa orquestra Boémia. O día 25 terá lugar unha festa infantil de nadal para os máis novos da entidade con concursos e regalos de xoguetes.

            Xuventude de Galicia. Centro Galego de Lisboa