Boletín que publica a Casa de Galicia en León para achegar a información da sociedade aos socios sobre os seus orzamentos e os actos que organiza.
Número conservado en formato papel:
1992: n. 1
Casa de Galicia en LeónTE Certames
TE Concertos
TE Empresas
TE Escolas
TE Exposicións
TE Guerra Civil
TE Homenaxes
TE Premios
TE Sepulcros
TE Xacobeo 93
Boletín que publica a Casa de Galicia en León para achegar a información da sociedade aos socios sobre os seus orzamentos e os actos que organiza.
Número conservado en formato papel:
1992: n. 1
Casa de Galicia en LeónBoletín Informativo editado pola "Asociación española de beneficencia de Costa Rica".
Números conservados en formato papel:
1996: n. 21-32
1997: n. 33-35, 44
Este boletín societario foi creado coa finalidade de informar das actividades sociais e culturais organizadas polo Centro Gallego de Madrid, recollendo outros aspectos de interese para os seus socios.
Número conservado en formato papel:
1995: febreiro
Centro Gallego de MadridEste boletín societario ofrece a relación de actividades realizadas polo Centro Gallego de Marsella, como exposicións, cursos, festivais, campionatos, etc. Tamén inclúe artigos extraídos doutras publicacións («La Región», «El País», etc.) de interese para a colonia galega polo seu carácter oficial (noticias sobre acordos ou convenios) ou por ser noticias de actualidade. Cabe sinalar a presenza regular da política de axudas da Xunta de Galicia. Complétase con páxinas dedicadas á gastronomía, ao humor e pasatempos.
Números conservados en formato papel:
1985: setembro, outubro, decembro
1986: xaneiro, febreiro, xuño
1987: xuño; decembro
1988: febreiro; marzo; abril, setembro, novembro, decembro
1989: marzo, abril, maio, setembro, outubro, decembro
1990: xaneiro, febreiro, marzo, abril, maio, xuño/xullo, n. 52-54
1991: n. 55-56, 64-65, 58-59, 61
1992: n. 63-66
1993: n. 73-74, 76
1994: n. 77, 75, 78-80
1995: n. 82, 84-87
1996: n. 88-89, 91-94, 97
1997: n. 98-103, 105-[107]
1998: n. 108-111, 113-115
1999: n. 117-125
2000: n. 126-134
2001: n. 135-142
2002: n. 143-144, 148, 145-147
2003: n. 148-156
2004: n. 157-161, 163-165
2005: n. 166-169
Nova edición:
2005: n. 1 (xuño), setembro/outubro, novembro/decembro
2009: xaneiro, febreiro, marzo, abril, maio, xuño, setembro/novembro
2010: xaneiro, marzo, abril, maio, xuño, decembro
Esta publicación societaria foi editada para informar das noticias da entidade.
Número conservado en papel:
1986: año 2, n. 2
Círculo social Valle MiñorEsta publicación é en realidade unha continuación de «Galicia : Publicación semanal editada por la Federación de Sociedades Gallegas» que por motivos políticos tivo que deixar de editarse con ese nome. Continúan coa mesma liña editorial informando sobre a Federación e as sociedades que a integran sobre temas de Galicia ou da colectividade. Tras a publicación de quince números baixo esta cabeceira volta a editarse como «Galicia».
Fondos en microfilme:
1943: n. 1-2
1944: n. 3-15
Esta publicación societaria está destinada a informar aos seus socios dos asuntos internos da institución (nómina de socios, memorias anuais, asembleas, proxecto de estatutos, balances económicos, novas sociais, falecementos, etc.). Tras a fusión de varias sociedades de emigrantes naturais de Porriño pasa a denominarse «Boletín de la Sociedad Residentes del Municipio de Porriño y sus distritos». Recolle outras novas de interese para os asociados e informa dos proxectos impulsados en Galicia pola sociedade (escolas, bibliotecas, etc.), ou noticias da actualidade de España, de Galicia e particularmente da súa comarca (sección «De Porriño»), nas que se manifesta o apoio ao movemento agrarista e o seu republicanismo. Por último, cabe citar a inserción de colaboracións literarias, artigos de carácter divulgativo relativos á educación, á cooperación, etc.
Números conservados en papel:
Orixinal:
1972/1973: n. 206/209
1974/1975: n. 213/215
Fotocopias:
1941: n. 82
Sociedad residentes del municipio de PorriñoEsta publicación societaria informa das actividades e notas sociais da Sociedad Cultural y Agraria del Distrito de Mugía (capital social, ecos de sociedade, nómina de socios, etc.) e recolle informacións da zona de Muxía, colaboracións literarias e artigos de temática variada sobre Galicia. Ten colaboracións habituais de destacados escritores como Gervasio Paz Lestón, Ramón Otero Pedrayo, Gonzalo López Abente ou Manuel Pereira Santos entre outros e fotografías de Ramón Caamaño.
Números conservados en formato dixital:
1928: n. 4-5
1929: n. 6-8
1930: n. 9-11
1931: n. 12-13
1932: n. 14-15
1933: n. 16-17
1934: n. 18
Números conservados en formato papel (impresión dixital):
1930: n. 10-11
Sociedad cultural y agraria del distrito de MugíaBoletín de la Federación de asociaciones españoles en la República Argentina
Este boletín societario foi editado pola Federación de Asociaciones españolas en la República Argentina para informar sobre as asociacións que integran dita federación, as súas actividades, etc.
Números conservados en formato papel (fotocopias):
1922: n. 2, 4-5
1923: n. 6
Esta publicación societaria informa das diversas actividades da súa sociedade editora, a Asociación Española de Socorros Mutuos de Coronel Dorrego.
Número conservado en formato papel:
Este boletín informativo aparece por primeira vez no ano 1915 na Habana editado polo Centro Gallego. Nesta publicación recóllense as actas e debates da Asamblea de Apoderados, máximo órgano directivo do Centro Gallego.
Número conservado en formato papel (fotocopias) e en formato dixital:
1960: 7 de outubro
Centro Gallego de La Habana. Sociedad de instrucción, recreo y asistencia sanitariaEste boletín societario ten un marcado carácter político de orientación nacionalista, reivindicando a autodeterminación para Galicia; recolle nas súas páxinas as actividades que neste sentido se desenvolven na emigración.
Números conservados en formato papel:
1966: n. I
1967: n. II-III
Esta publicación de carácter político foi editada pola Casa de Galicia de París, coa pretensión de difundir as ideas nacionalistas, centrándose en moitas ocasións no problema da lingua galega. Complétase con novas de carácter artístico e literario e información deportiva.
Números conservados en formato papel:
[1977] (orixinal)
[1978] (fotocopias)
Boletín editado polo "Centro Gallego de Mar del Plata, cultural, social, recreativo y deportivo" con motivo da 39ª semana galega do ano 1995. Incorpora noticias sobre a sociedade, as súas actividades e información sobre Galicia.
Centro Gallego de Mar del Plata, cultural, social, recreativo y deportivoEste boletín societario está editado para informar aos seus socios das actividades realizadas pola entidade, das súas instalacións, e do directorio médico ao que poden acudir en caso de necesidade. Tamén aparecen noticias sobre a sociedade, coa composición da directiva e un editorial do presidente.
Números conservados en formato dixital:
1960: n. 1
1963: n. 5-6
1964: n. 7
1965: n. 9-10
1966: n. 11-14
1967: n. 15-18
1968: n. 19-22
1969: n. 23-24
1970: n. 27
1973: n. 38
1974: n. 41
1977: n. 54-55
1978: n. 57, 59-60
1979: n. 61-64
1980: n. 65-68
1981: n. 69-70
Números conservados en formato papel:
1961: n. 2
1962: n. 3-4
1972: n. 35
1978: n. 58
1982: n. 73, 76
1983: n. 77-78
1984: n. 81-82
Esta revista está dirixida aos emigrantes galegos e socios que residen no Principado de Andorra. Comezou a editarse en 1999 coa pretensión de mantelos informados das actividades e noticias sobre a actualidade en Galicia. Ofrecen artigos sobre a literatura galega, sobre persoeiros históricos ou sobre a historia dun concello galego. Teñen seccións fixas de humor, cociña galega, pasatempos, entrevistas e cartas e escritos dos socios.
Números conservados en formato papel:
1999: n. 1-3
2000: n. 4-6
2001: n. 7-8
2002: n. 9
Esta revista foi editada para informar do labor societario da entidade editora, así como das novas da colectividade. Complétase con notas sobre o concello de Boiro e sobre a actualidade cultural galega e española.
Números conservados en papel:
1965: agosto (fotocopiado)
1967
2005: xaneiro
Esta revista segue o esquema típico da prensa societaria, incluíndo información relativa á composición e organización da entidade editora, con noticias sobre directivas, socios, comités internos, etc. e sobre os diferentes aspectos da vida social e cultural da mesma.
Número conservado en formato papel:
1979: n. 5
Hermandad Gallega de VenezuelaArtigo dedicado a Domingo Maza Calvo (pp. 1274-1277) da monografía de Alberto Vilanova Rodríguez: "Los Gallegos en la Argentina. Buenos Aires: Galicia, 1966. Vol. II". Este escultor galego realizou un busto de Castelao por encargo desta entidade.
Centro BetanzosEsta publicación societaria pretende servir de vínculo entre os emigrantes betanceiros e a súa comarca natal, informando das actividades realizadas polo Centro Betanzos e sobre outros temas de interese para os seus integrantes. Tamén inclúe diferentes colaboracións e artigos sobre temas galegos: historia, nacionalismo, economía, lingua, educación, música, emigración, etc. Por último, recolle información da actualidade galega, especialmente da comarca de Betanzos.
Número conservado en microfilme:
[1947]: n. 42
Números conservados en papel e en microfilme:
1948: n. 43 (fotocopias)
1949: n. 44
1951: n. 45
1962: n. 58
1978: n. 65
1980: n. 69
1981: n. 70
1989
1990: 85º aniversario
1992: 86º aniversario