Acta de constitución da sociedade "Centro cultural y recreativo Brisas del Eume" de 17/07/1941, conservada en formato microfilme e dixital.
Centro cultural y recreativo Brisas del EumeESPAZOS E EVENTOS
2651 Descrición arquivística results for ESPAZOS E EVENTOS
Primeira asamblea xeral de constitución dun "Centro Gallego" en Bos Aires do día 02/05/1907, conservada en formato papel (fotocopias) e en formato microfilme.
Acta de constitución da "Asociación de Naturales del Ayuntamiento de Bayona" (1928-03-11), que cambiaría de nome en 1933 (Microficha).
Círculo social Valle MiñorActa de fundación da sociedade "Círculo de Villagarcía de Arosa" do día 09/07/1933, conservada en formato dixital.
Asociación Villagarcía de ArosaActa de constitución da entidade "Asociación de Jóvenes Savia Nueva", conservada en formato papel (fotocopias):
- Acta da Asemblea Constitutiva do día 20/03/1989 que incorpora os Estatutos societarios (13 páxinas)
Acta de constitución da Delegación nas Pontes de García Rodríguez o día 21/01/1923, conservada en formato dixital
Sociedad de Instrucción y Beneficencia Naturales del Ayuntamiento de Puentes de García RodríguezActa-certificado da reunión realizada o 10/08/1956 entre representantes do Concello de Cerdido e membros da Xunta Directiva da sociedade "Hijos del Ayuntamiento de Cerdido" sobre a cesión de edificios para escolas (2 páxinas), conservada en formato dixital e impreso.
Hijos del Ayuntamiento de CerdidoActa dunha reunión dos veciños de Trobe, pertencentes á sociedade
Sociedad agrícola, cultural y recreativa del municipio de Vedra en Buenos AiresActa de constitución de "Lar Gallego" conservada en formato dixital:
- Acta do día 15/04/1945 (4 páxinas) localizada no inicio do Libro de actas das xuntas xerais do Lar Gallego de Caracas: libro nº1 (15-04-1945 a 17-06-1956)
Acta da constitución do chamado Consello de Instrución de Lanzós, que actuaba como delegación da sociedade habaneira "Progreso de Lanzós" para realizar os proxectos educativos da entidade na súa parroquia natal:
- 1 documento no que se transcribe a Acta de constitución do Consello de Instrución de Lanzós para o ano 1930, aprobado en xunta xeral de socios do 13 de xaneiro de 1930. Aparecen todos os integrantes, con nome e apelidos e os cargos para os que son elixidos. Na segunda páxina aparece a destitución oficial do consello, aprobada en xunta xeral o 28 de outubro dese ano. (2 páxinas mecanografadas)
Acta da constitución do chamado Consello de Instrución de Lanzós, que actuaba como delegación da sociedade habaneira "Progreso de Lanzós" para realizar os proxectos educativos da entidade na súa parroquia natal:
- Acta de constitución do Consello de Instrución de Lanzós (24 de novembro de 1929) (1 páxina mecanografada)
Publicación societaria que informa das actividades da asociación, das súas seccións e da colectividade emigrada. Presta unha especial atención á difusión da cultura galega, neste sentido destaca a colaboración de importantes personalidades da emigración con numerosos artigos literarios (nas seccións "Nuestro cuento", "Poética"), páxinas ilustradas dedicadas a comarcas e cidades, notas históricas e bibliográficas de Galicia, comentarios da economía sobre a sociedade galega, etc. Dirixida nunha época polo galeguista Rodolfo Prada.
Números dixitalizados:
1920: n. 1-7
1921: n. 8-16
1922: n. 17-26
1923: n. 28-29, 32-33, 35-36, 39
1924: n. 42-44, 46-51
1925: n. 52-55, 57-58
Este xornal foi editado en Bos Aires desde 1926 e desde 1929 convértese no voceiro oficial da Federación de Sociedades Gallegas de Buenos Aires, tras a súa escisión da Federación de Sociedades Gallegas de la República Argentina.
A maior parte da publicación está dedicada á sección «Notas y Comunicados de las Sociedades» (novas das Sociedades federadas) e á información propia da Federación (comunicados, asembleas, notas do Consejo Federal, etc.), realizando continuas críticas á outra Federación. Aparecen outros artigos abordando a actualidade política española, sendo moitos deles reproducidos doutras publicacións. Tamén inclúe comunicados de organizacións de esquerda e comentarios diversos desde unha perspectiva republicana de esquerdas, moi crítica co goberno español e fortemente antinacionalista.
A publicación «Galicia : Portavoz de la Federación de Sociedades Gallegas» tivo que deixar de editarse baixo a súa denominación habitual por motivos políticos e tomou o nome dun antigo órgano oficial dos anos 20, «Acción Gallega». Aparece só desde o 1 de abril de 1944 ata o 29 de xullo. Continúan coa mesma liña editorial informando sobre a Federación e as sociedades que a integran, sobre temas de Galicia ou da colectividade. Tras este período volve editarse coa cabeceira «Galicia».
Fondos en microfilme:
2ª época (rollo de microfilme con signatura AE/M-1):
1929: n. 37-39
1930: n. 40-59
1931: n. 59, 61-72
1932: n. 73-82
1933: n. 83-94
1934: n. 95-106
1935: n. 107-117
1936: n. 118-158 [i.e. 128]
Os números dos anos 1936-1942 consérvanse no rollo de microfilme con signatura AE/M-7-7
3ª época (rollo de microfilme con signatura AE/M-10.6):
1944: n. 1-18 (tamén dixitalizados)
Federación de sociedades gallegas de la república ArgentinaEsta revista foi creada e dirixida por Manuel Vidal para «estrechar los lazos con los países hispanos y especialmente la fraternidad hispano-mexicana». Aparecen numerosos artigos sobre o hispanoamericanismo pero tamén textos literarios, noticias e información sobre asociacións españolas creadas en México (especialmente do Centro Gallego de México e da Beneficencia Española), noticias sociais da colectividade española asentada no país azteca e de persoeiros destacados.
Números conservados en formato microfilme:
1924: n. 27-30, 34-35, 37
1925: n. 38, 40-41, 44-45
1926: n. 46, 50
1927: n. 51-55
1928: n. 56-57
1929: [n.s.] n. 4
1932: n. 1-2
1934: n. 1
Esta publicación societaria foi creada coa finalidade de informar das actividades da Casa de Galicia de Valladolid (festas, cursos, etc.) e tamén para achegar Galicia e a súa cultura a todos os galegos que viven na cidade vallisoletana, polo que inclúe numerosos artigos sobre diversos aspectos da cultura e da actualidade galega: lingua, literatura, folclore, contos, lendas, poesía, etc. Complétase con saúdos de persoeiros, páxinas de pasatempos, seccións gastronómicas, etc. Os primeiros números están dedicados a Santiago Apóstolo, coincidindo a saída da revista con esas datas de celebración das festas galegas.
Números conservados en formato papel:
1964: xullo
1985: xullo
1986: decembro
1987: decembro
1988: decembro
1989: decembro
1990: decembro
1991: decembro
1993/1994
1994/1995: n. 34
1996: n. 35/36
1997: n. 37
1998: n. 38
1999: n. 39
2000: n. 40
2001: n. 41
2002: n. 42
2003: n. 43
2004: n. 44
2006: n. 46
2008: n. 48
2009: n. 49
Esta revista societaria foi publicada coa finalidade de informar sobre temas de interese aos emigrantes galegos residentes en París. Creouse como o voceiro oficial da Casa de Galicia e unha boa parte da publicación está dedicada aos temas referidos a Galicia, á súa cultura, historia, lingua, etc., asumindo un compromiso cultural e político. Tamén analiza a situación da emigración; cómpre resaltar a información específica ofrecida aos traballadores galegos, sobre seguridade social, pensións e xubilacións en España e en Francia. No resto da publicación descríbense as actividades da asociación, incluíndo páxinas de pasatempos e de carácter humorístico.
Números conservados en formato papel:
1984: n. 2-3
Casa de Galicia de ParísPublicación societaria na que se informa sobre as diversas actividades da entidade, ademais de contar con pequenos artigos sobre Galicia, autores galegos, etc.
Número conservado en formato papel (fotocopias) e dixital:
1920: maio
Centro Gallego de CórdobaBoletín informativo editado polo Centro Gallego de Santander. «Es nuestra amapola que quiere ser anuncio de buenos tiempos. Está abierta a vuestra colaboración y sugerencias».
Número conservado en formato papel:
2005: n. 3 (novembro)
Centro Gallego de SantanderPublicación societaria na que aparecen noticias da entidade, artigos de cociña galega e saúdo do presidente.
Números conservados en formato papel:
1999: n. 2
2000: n. 3
2001: n. 4
2003: n. 6
2004: n. 7
2005: n. 8
2006: n. 9
2007: n. 10 (10º aniversario)
2009: n. 12
2010: n. 13
Esta publicación societaria pretende dar a coñecer o labor realizado pola institución e achegar á colonia galega residente en Bruxelas a realidade actual de Galicia. Inclúe basicamente información sobre a situación da colectividade e da entidade editora, así como das actividades organizadas pola mesma: balance económico, eventos recreativos, sociais, culturais, etc. Tamén contén artigos referidos á cultura galega en xeral (música, gastronomía, tradicións, política, economía, historia, etc.). Desde 1995 esta publicación aparece integrada na edición de «El Sol de Bélgica». Está escrita en catro linguas: galego, castelán, francés e flamengo.
Números conservados en formato papel:
1986: n. 2
1987: n. 4-7
1988: n. 8-10
1989: n. 11-14
1990: n. 15-17
1991: n. 19-21, 23
1992: n. 24-28
1993: n. 29
1994: n. 31-32
1995: n. 33-34
1999: n. 40
2003: n. 43
2006: n. 46
2007: n. 47
2008: n. 48-49
2009: n. 50
2010: n. 51-52