Carnés de socio de "Hijas de Galicia", conservados en formato papel (fotocopias):
- Carné de socia de 1931
- Carné de socio de 1948
Carnés de socio de "Hijas de Galicia", conservados en formato papel (fotocopias):
Carnés de asociados do "Centro Gallego de La Habana" conservados en formato dixital. Dous pertencen ao antigo Presidente da sociedade "El Valle de Lemos", Eladio Vázquez Nieto.
El Valle de Lemos, Sociedad de instrucción, protección y recreoEsta revista societaria foi creada para informar aos socios da entidade editora das actividades da sociedade, así como das noticias e historia do seu concello natal e de Galicia.
Número conservado en microfilme:
A Secretaria, Gladys Raguet Orquín, e o Presidente, José Luis Sangiao Otero, da Unión de Asociaciones Gallegas de la República Argentina envían unha carta en febreiro de 2007 ao Presidente do Consello da Cultura Galega, Alfonso Zulueta, facéndolle chegar un exemplar do anuario Irmáns de 2006.
Unión de asociaciones gallegas de la República ArgentinaEduardo García Chorén, do Subcomité de Cultura e Prensa, e José Martínez-Romero, Presidente, da Unión de Asociaciones Gallegas de la República Argentina envían unha carta o 19 de novembro de 1996 ao Consello da Cultura Galega, facéndolle chegar un exemplar do boletín Irmáns.
Unión de asociaciones gallegas de la República ArgentinaO Secretario, Horacio Pegito Lobato, e o Presidente, Marcial Sánchez González, da Unión de Asociaciones Gallegas de la República Argentina envían unha carta en decembro de 1998 ao Conselleiro da Cultura Galega, na que informan da nova constitución da xunta directiva e achegan un exemplar do boletín número 7 Irmáns adicado a Xosé Neira Vilas.
Unión de asociaciones gallegas de la República ArgentinaCarta enviada polo Presidente da sociedade "Centro Gallego y Saviñao", José Picallo Durán, á Directora do Arquivo da Emigración Galega, María Xosé Rodríguez Galdo, o día 28/04/1997 en contestación á súa solicitude de información, indicando as celebracións nas que participa anualmente. Adxuntos á carta remitiron a seguinte documentación:
1 carta enviada polo Presidente da asociación Centro Betanzos, Osvaldo Dans Varela, ao Director da Radio Galega para adxuntarlle o programa de actos conmemorativos do 90º aniversario da entidade.
Adxunta copia dunha carta enviada ao Rector Magnífico da Universidade de Santiago de Compostela, Darío Villanueva, con motivo do 500 centenario da universidade.
Centro BetanzosManifesto do Comité da sociedade Galicia Hoxe manifestando o seu rexeitamento ás trabas impostas á participación dos emigrantes galegos en Suiza no referendum sobre o Estatuto de Autonomía de Galicia do 21 de decembro, conservado en formato papel.
Galicia Hoxe Grupo Cultural GalegoCarta enviada aos consocios da Casa de Galicia de París o 27/01/1970, para convidalos á Asemblea Xeral do día 22 de febreiro na que, entre outros puntos, se elixirá unha comisión revisora de contas e os postos da xunta directiva vacantes, conservada en formato papel (fotocopia).
Casa de Galicia de ParísCarta do Presidente da Asociación, Dalmiro Blanco Lage, enviada o 15/05/2000 ao Consello da Cultura Galega, coa composición da directiva para o bienio 2000-2002, conservada en formato papel (fotocopias).
Asociación cultural Hispano-Galega Caballeros de SantiagoCarta do Presidente da Asociación, Dalmiro Blanco Lage, enviada o 06/06/2002 ao Consello da Cultura Galega, coa composición da directiva para o bienio 2002-2004, conservada en formato papel (fotocopias).
Asociación cultural Hispano-Galega Caballeros de SantiagoCarta do Presidente da Asociación, Santiago Coelho Rodríguez Campo, enviada o 28/06/2007 ao Presidente do Consello da Cultura Galega, Ramón Villares, coa composición da directiva para o trienio 2007-2010, conservada en formato papel (fotocopias).
Asociación cultural Hispano-Galega Caballeros de SantiagoCarta enviada polo Presidente do Centro Galego en Burgos, Avelino Lorenzo Vidal, ao coordinador do Arquivo da Emigración Galega do Consello da Cultura Galega, Marcelino X. Fernández Santiago, o día 27 de xaneiro de 1999, para facerlle chegar a enquisa "As sociedades galegas no mundo" (8 páxinas), conservadas en formato papel.
Centro Gallego en BurgosCarta enviada pola Secretaria Xeral do "Centro Gallego de Mallorca", María del Carmen González Moreno, ao Coordinador do Arquivo da Emigración Galega do Consello da Cultura Galega, Marcelino X. Fernández Santiago, o día 02/11/1998, para remitirlle a enquisa "As sociedades galegas no mundo" cuberta e indicarlle o emblema antigo e o vixente da institución, conservadas en formato papel.
Centro Gallego de Mallorca Playa de PalmaCarta enviada polo Secretario, Pedro Soriano, e o Presidente, Enrique Labora Lesta, do "Centro Gallego de Mar del Plata, cultural, social, recreativo y deportivo" ao Coordinador do Arquivo da Emigración Galega, Marcelino X. Fernández Santiago, en contestación a un requerimento previo de información.
Xunto coa carta adxuntan a enquisa "As sociedades galegas no mundo".
Centro Gallego de Mar del Plata, cultural, social, recreativo y deportivoCarta enviada por Antonio Barbosa Fernández, membro da Xunta Directiva da Casa de Galicia en Valladolid, a Marcelino X. Fernández Santiago, coordinador do Arquivo da Emigración Galega do Consello da Cultura Galega, o día 30 de outubro de 1998, para remitirlle os Estatutos, a enquisa "As sociedades galegas no mundo" cuberta, o emblema societario e un exemplar da revista Abrente, conservados en formato papel.
Casa de Galicia de ValladolidCarta enviada o 09/11/1998 polo Presidente da Casa de Galicia en Santurce a Marcelino X. Fernández Santiago, coordinador do Arquivo da Emigración Galega do Consello da Cultura Galega, para remitirlle cuberta a enquisa "As sociedades galegas no mundo" (8 páxinas), conservadas en formato papel.
Casa de Galicia en SanturceCarta enviada por Víctor Valiño Arceo, Presidente do "Centro Gallego de Llodio", en Álava, a Marcelino X. Fernández Santiago, coordinador do Arquivo da Emigración Galega do Consello da Cultura Galega, en novembro de 1998, para facerlle chegar a enquisa "As sociedades galegas no mundo" (8 páxinas) cuberta e certa documentación societaria, conservada en formato papel.
Centro Gallego de LlodioCarta enviada por Abel Maseda, Presidente do Centro Galego Val do Rhin, a Maria Xosé Rodríguez Galdo, Directora do Arquivo da Emigración Galega do Consello da Cultura Galega, o día 12/11/1996, para facerlle chegar a enquisa cuberta, así como unha circular coa Xunta Directiva elixida en Asemblea Xeral o día 26/10/1996, os Estatutos de 04/1979 e 1 emblema societario, conservados en formato papel.
Centro Galego Val do Rhin