ESPAZOS E EVENTOS

Área de elementos

Taxonomía

Código

Nota(s) de alcance

    Nota(s) de fonte

      Nota(s) de despregue

        Termos equivalentes

        ESPAZOS E EVENTOS

          Termos asociados

          ESPAZOS E EVENTOS

            2651 Descrición arquivística results for ESPAZOS E EVENTOS

            ES. GA 15078 ACCG AEG-01-AE-AR-HoGAn-07-01-01 · Subserie · 2002-
            Parte de Fondos do Arquivo da Emigración Galega (AEG)

            Revista societaria na que informan aos socios das actividades polo 59º aniversario fundacional e das visitas de políticos galegos ás súas instalacións. As páxinas centrais están dedicadas á residencia para a terceira idade que mantén a sociedade, cos servizos e instalacións que posúen. Teñen tamén un pequeno apartado cultural cunhas páxinas dedicadas a Fray Martín Sarmiento e algúns poemas

            Número conservado en papel:

            2002: diciembre

            Hogar gallego para ancianos
            Documentos das Xornadas Galegas
            ES. GA 15078 ACCG AEG-01-AE-SU-IrGaSu-05-02-01-04 · Unidade documental composta · 1974
            Parte de Fondos do Arquivo da Emigración Galega (AEG)

            Documentos das Xornadas Galegas organizadas pola Irmandade Galega na Suiza, conservados en formato papel:

            • "Escolma Poética" de Xosé Luis Méndez Ferrín, editada pola Irmandade Galega na Suiza co gallo das Xornadas Galegas de Xenebra de maio de 1974
            • Programa das IIª Xornadas de 1974
            Irmandade Galega na Suiza
            ES. GA 15078 ACCG AEG-01-AE-ES-CaGaSan-05-02-01-01 · Unidade documental composta · 1991 -
            Parte de Fondos do Arquivo da Emigración Galega (AEG)

            Documentos da semana cultural das letras galegas organizada pola Casa de Galicia de Santurce, conservados en formato papel:

            • Tríptico co programa da semana de 1991, en homenaxe a Álvaro Cunqueiro Mora
            • Convite á conferencia celebrada o 17/05/1991
            • Convite á obra de teatro celebrada o 18/05/1991
            • Tríptico co programa da semana de 1992, en homenaxe a Fermín Bouza-Brey
            • Tríptico co programa da semana de 1993, en homenaxe a Eduardo Blanco-Amor
            • Tríptico co programa da semana de 1994, en homenaxe a Luis Seoane
            • Cartaz co programa da semana de 1994, en homenaxe a Luis Seoane (495 x 343 mm)
            • Díptico co programa da semana de 1995, en homenaxe a Rafael Dieste
            • Tríptico co programa da semana de 1996, en homenaxe a Xesús Ferro Couselo
            Casa de Galicia en Santurce
            ES. GA 15078 ACCG AEG-01-AE-CU-PrLanz-05-03-09 · Unidade documental simple · 1930-12-12
            Parte de Fondos do Arquivo da Emigración Galega (AEG)

            Poder notarial feito pola sociedade habaneira "Progreso de Lanzós" para o Consello de Instrución de Lanzós, como delegados da entidade en Galicia:

            • 1 copia do documento notarial que concede poder legal á delegación de "Progreso de Lanzós" en Vilalba para actuar no nome da entidade habaneira (A Habana, 12 de decembro de 1930) (6 páxinas mecanografadas)
            Sociedad de Instrucción y Protección "Progreso de Lanzós"
            ES. GA 15078 ACCG AEG-01-AE-CU-PrLanz-05-03-10 · Unidade documental simple · 1932-02-22
            Parte de Fondos do Arquivo da Emigración Galega (AEG)

            Poder notarial feito pola sociedade habaneira "Progreso de Lanzós" para o Consello de Instrución de Lanzós, como delegados da entidade en Galicia:

            • 1 copia do documento notarial que concede poder legal á delegación de "Progreso de Lanzós" en Vilalba para actuar no nome da entidade habaneira (A Habana, 22 de febreiro de 1932) (5 páxinas mecanografadas)
            Sociedad de Instrucción y Protección "Progreso de Lanzós"
            ES. GA 15078 ACCG AEG-01-AE-CU-ValOro-02-04-01-01 · Unidade documental simple · 1946 -12-14
            Parte de Fondos do Arquivo da Emigración Galega (AEG)

            Documento notarial de doazón das escolas fundadas e financiadas pola sociedade "El Valle de Oro" aos concellos de Alfoz e O Valadouro, conservado en formato dixital e impreso (14 de decembro de 1946). Documento acreditado polo Secretario do concello de Alfoz en 1991.

            El Valle de Oro. Sociedad de Instrucción, Recreo y Protección Mutua
            Documentación societaria
            ES. GA 15078 ACCG AEG-01-AE-CU-UBal-05-05-01-02 · Unidade documental composta · 1937 -
            Parte de Fondos do Arquivo da Emigración Galega (AEG)

            Documentación da sociedade "Unión de Baleira", conservada en formato dixital:

            • Certificado de inscrición da sociedade no Rexistro de Contribuíntes do Ministerio de Facenda de Cuba do 01/03/1937 (1 páxina)
            • Ficha do socio Ramón Cabezas López (1 páxina)
            • Convocatoria e orde do día á Xunta Directiva do día 15/01/1973 (1 páxina)
            Unión de Baleira
            ES. GA 15078 ACCG AEG-01-AE-CU-UVill-02-03-01 · Unidade documental composta · 1928 -
            Parte de Fondos do Arquivo da Emigración Galega (AEG)

            Documentación da sociedade "Unión Villalbesa y su Comarca" relativa ao Panteón societario, conservada en formato dixital:

            • 1 libro de rexistro de inhumacións dende 01/1928 ata 11/1976 (57 páxinas)
            • 1 listaxe do Osario da sociedade dende o 03/04/1928 ata o 02/12/1970 (1 páxina) e do Osario de "San Lorenzo de Árbol y su Comarca" dende o 11/08/1937 ata o 20/11/1968 (2 páxinas)
            • 1 autorización de sepultura do 04/09/1968 (1 páxina)
            • 1 listaxe do Mausoleo da sociedade dende o 04/09/1968 ata o 04/06/1971 e do Mausoleo de "San Lorenzo de Árbol y su Comarca" dende o 29/08/1968 ata o 16/07/1971 (1 páxina)
            Monterroso y Antas de Ulla
            ES. GA 15078 ACCG AEG-01-AE-ES-CUGAB-05-02-01-01 · Unidade documental composta · 1997 - 2004
            Parte de Fondos do Arquivo da Emigración Galega (AEG)

            Documentación relativa á "Xuntanza de coros galegos de Catalunya", conservada en formato papel:

            Folletos co programa:

            • Tríptico da 1ª xuntanza: 19/04/1997
            • Tríptico da 2ª xuntanza: 13/06/1998
            • Tríptico da IIIª xuntanza: 17/04/1999
            • Tríptico da IVª xuntanza: 27/05/2000
            • Folla voandeira da 5ª xuntanza: 16/06/2001
            • Tríptico da VIª xuntanza: 25/05/2002
            • Tríptico da VIIª xuntanza: 17/05/2003
            • Tríptico da VIIIª xuntanza: 05/06/2004

            Relación mecanografada das cancións interpretadas por cada coro nas 8 xuntanzas.

            Coro Universitario Galego de Barcelona
            ES. GA 15078 ACCG AEG-01-AE-AR-SocSill-02-04-01-01 · Unidade documental composta · 1917 -
            Parte de Fondos do Arquivo da Emigración Galega (AEG)

            Documentación varia sobre a escola "Rosalía de Castro". Escola nº 1, situada na parroquia de San Salvador de Laro, no lugar de Freixeiro, fundada pola "Sociedad hijos de Silleda de protección mutua" en 1917.

            Documentación conservada en formato papel:

            • Escritura de venta (01/06/1913)
            • Pliegos de condicións para a construcción da escola
            • Proxecto de escola: alzados e planta (en papel e en tea)
            • Programa escolar (tamaño A3)
            • Libro de contabilidade da escola (22/10/1929)
            • Inventario de bens (30/06/1932)
            Sociedad hijos de Silleda de protección mutua
            ES. GA 15078 ACCG AEG-01-AE-AR-SocSill-02-04-01-03 · Unidade documental composta · 1921 -
            Parte de Fondos do Arquivo da Emigración Galega (AEG)

            Documentación varia sobre a escola "Francisco Giner de los Ríos". Escola nº 3, situada na parroquia de San Salvador de Escuadro, no lugar de Marco, fundada pola "Sociedad hijos de Silleda de protección mutua" en 1921.

            Documentación conservada en formato papel:

            • Listaxe de alumnos (1925-1926 e 1931-1932)
            Sociedad hijos de Silleda de protección mutua
            ES. GA 15078 ACCG AEG-01-AE-AR-SocSill-02-04-01-02 · Unidade documental composta · 1927 -
            Parte de Fondos do Arquivo da Emigración Galega (AEG)

            Documentación varia sobre a escola "Escola Bernardino Rivadavia". Escola nº 2, situada na parroquia de San Salvador de Escuadro, no lugar de A Penadauga, fundada pola "Sociedad hijos de Silleda de protección mutua" en 1927.

            Documentación conservada en formato papel:

            • Listaxe de alumnos (1920-1921)
            • Planos da escola
            Sociedad hijos de Silleda de protección mutua
            ES. GA 15078 ACCG AEG-01-AE-CU-USant-02-04-01-05 · Unidade documental composta · 1927-1968
            Parte de Fondos do Arquivo da Emigración Galega (AEG)

            Documentación relativa á casa-escola de Fontepisón promovida pola sociedade "Liga Santaballesa", conservada en formato impreso (fotocopia) e dixital:

            • Licencia de obras para construír a casa-escola de Fontepisón concedida polo concello de Vilalba (1/07/1927) (2 páxinas)
            • Alzado e plano da casa-escola de Fontepisón feitos polo arquitecto Antonio Campello (Santabaia, 17/03/1927) (2 páxinas)
            • Prego de condicións para a carpintaría da casa-escola (1927) (1 páxina manuscrita)
            • Prego de condicións para a cantaría da casa-escola (28/07/1927) (4 páxinas manuscritas e asinadas)
            • Presuposto do canteiro Ramón Ramudo para realizar os traballos necesarios na casa-escola segundo indicacións (23/07/1927) (1 páxina manuscrita)
            • Prego de condicións para o peche de luces da casa-escola de Fontepisón (22/02/1928) (2 páxinas manuscritas e asinadas)
            • Presuposto dos carpinteiros Vicente e Antonio Gundín para traballar na casa-escola de Fontepisón (26/02/1928)
            • Informe dos gastos realizados na construción da casa-escola de Fontepisón (1927-1931) (3 páxinas manuscritas)
              Actas das xuntas administrativas entrantes aprobando a contabilidade da casa-escola levada a cabo polas saíntes:
            • Acta do 06/01/1953
            • Acta do 17/03/1961
            • Acta do 18/01/1968

            Conservada en formato impreso (fotocopia):

            • Listaxe de contribuíntes para construír o centro educativo
            • Recibís
            • Facturas
            • Correspondencia
            • Recortes de prensa
            Liga Santaballesa de Educación e Instrucción
            ES. GA 15078 ACCG AEG-01-AE-CU-PrLanz-05-03-16 · Unidade documental composta · 1931-1936
            Parte de Fondos do Arquivo da Emigración Galega (AEG)

            PDF coa correspondencia mantida entre a sociedade habaneira "Progreso de Lanzós" e os veciños da parroquia sobre a construción da estrada de Ramil (5 cartas):

            • Carta dun grupo de veciños dos lugares de Aponte, Ramil, Escairo, Escairo do Monte, Caldas, Rego e Rivado solicitando axuda económica á entidade habaneira para a construción da estrada de Ramil (1 páxina mecanografada, asinada polos veciños) (25 de agosto de 1931)
            • Carta de agradecemento polo envío de 2500 pesetas para o proxecto da estrada de Ramil (1 páxina mecanografa e asinada) (29 de decembro de 1931)
            • Carta informando dos adiantos da construción da estrada e agradecendo de novo o envío de cartos para tal fin (1 páxina mecanografada e asinada) (18 de xuño de 1932)
            • Carta da comisión "Pro-carretera de Ramil" agradecendo un novo envío de cartos da sociedade habaneira (2500 pesetas) (1 páxina mecanografada e asinada) (7 de decembro de 1932)
            • Carta da comisión "Pro-carretera de Ramil" agradecendo un novo envío de cartos (2000 pesetas) da sociedade habaneira (1 páxina manuscrita e asinada) (3 de xullo de 1936)
            Sociedad de Instrucción y Protección "Progreso de Lanzós"
            ES. GA 15078 ACCG AEG-01-AE-AR-HPLa-05-01-01 · Unidade documental composta · 1908-1912
            Parte de Fondos do Arquivo da Emigración Galega (AEG)

            Documentación da sociedade "Hijos del partido de Lalín en Buenos Aires" relativa á construcción do Hospital-Asilo de Lalín.

            Conservada en formato orixinal: anos 1908-1912.

            Conservada en microfilm: correspondencia dos anos 1910-1911.

            Hijos del partido de Lalín en Buenos Aires
            ES. GA 15078 ACCG AEG-01-AE-AR-SocVed-02-04-01-02 · Unidade documental composta · 1926 -
            Parte de Fondos do Arquivo da Emigración Galega (AEG)

            Documentación relativa ás Casas-Escuela:

            • Relación dos contribuíntes da suscrición "Pro casa-escuela de Puente Ulla" (1926) (1 páxina)
            • Fotografía da Casa-Escuela de San Pedro de Sarandón (1934) (1 páxina)
            • Orzamento de material escolar para escola de nova creación (2 páxinas)
            Sociedad agrícola, cultural y recreativa del municipio de Vedra en Buenos Aires