Carta do Presidente de "Lar Gallego de Pamplona", Rogelio Díaz Fernández, dirixida ao Director de Radio Galicia en xullo de 1996, para enviarlle o número vixente da revista que editan e convidarlle ao actos organizados con motivo da festividade de Santiago Apóstol, conservada en formato papel.
Lar Gallego de PamplonaEuropa
1799 Descrición arquivística resultados para Europa
Carta asinada polo Secretario, Xosé Pérez Ríos, e o Presidente, Miguel Palomo López, do "Centro Gallego de Bruselas", enviada o 11/04/1991 ao Consello da Cultura Galega, en resposta á súa solicitude de información, remitindo documentación societaria, conservada en formato papel.
Centro Gallego de BruselasCarta enviada polo Presidente, Ramón Pérez, e o Secretario, José Porto, do "Centro Benéfico-Social Hijos de La Estrada" a María Xosé Rodríguez Galdo, do Consello da Cultura Galega, para facerlle chegar información sobre a historia da sociedade, conservada en formato papel.
Centro Benéfico Social Hijos de La EstradaCarta enviada polo Presidente do "Centro Gallego de Marsella", José Calvo González, ao Presidente do "Centro Gallego de Bruselas", relativa a unha xuntanza de asociación de galegos en Europa próxima a celebrarse en París, na que explica as actividades desenvolvidas polo Centro e o seu interese en integrarse na XOGE, conservada en formato papel (fotocopias).
Centro Gallego de MarsellaCarta enviada dende o Centro Galego Recreativo-Cultural e.V. de Hannover a Juan Castellano Herrero, da Secretaría Xeral para as relacións coas comunidades galegas da Xunta de Galicia, o día 05/04/1994, para informalo da celebración do I Trofeo Xunta de Galicia, conservada en formato papel (fotocopias).
Centro Gallego de HannoverCarta enviada polo Presidente do Grupo folklórico Airiños da Terra de Rotterdam, J.P. Rey Landeira, ao Servizo co Exterior da Radio Televisión de Galicia, o 28/05/1993, conservada en formato papel.
Grupo folklórico Airiños da TerraO Presidente do "Hogar español de Montevideo", José Luis Peña Fernández, envía ao Presidente do Consello da Cultura Galega, Ramón Villares Paz, un convite e o programa de actos con motivo da celebración dunha romería anual en celebración do 45º aniversario social e da adhesión ao 9º "Congreso de la Emigración Gallega", a celebrarse o día 06/12/2009.
Hogar español de ancianosCarta enviada o 23/07/2002 por José Francisco Borges López, Presidente de "Puentedeume y su Partido. Sociedad Española de beneficencia y recreo" a Pilar Cagiao Vila, Directora do Arquivo da Emigración Galega, do Consello da Cultura Galega, conservada en formato papel.
Puentedeume y su Partido Judicial. Sociedad Española de Beneficencia y RecreoCarta enviada o día 29/10/1996 polo Presidente do "Centro Gallego de México, Asociación Civil", Manuel Martínez Pérez, á Directora do Arquivo da Emigración Galega e Secretaria Xeral do Consello da Cultura Galega, María Xosé Rodríguez Galdo, en contestación á súa previa do 15/10/1996, solicitando información, conservada en formato papel (fotocopias).
Adxunta á carta documentación relativa ao Centro:
- Escudo
- Estatutos vixentes
- 14 números da revista "Anduriña"
Carta enviada pola sociedade "Unión Hijos de Morgadanes residentes en el Plata" a Marcelino X. Fernández Santiago, coordinador do Arquivo da Emigración Galega o 12/11/1998, para facerlle chegar información societaria e o seguinte material:
- Estatutos
- Banderín
- Pin
Carta enviada polo Vocal de Cultura do Grupo Galego de Aarau, Pere Barrufet-Couñago, á asociación Galicia Hoxe de Xenebra o día 24/03/1981, en resposta á súa circular do día 20, mostrando a súa disconformidade coa visita do Presidente da Xunta de Galicia, Xosé Quiroga Suárez no Día de Galicia na Emigración, conservada en formato papel.
Grupo Galego de AarauCarta enviada polo Secretario do "Centro Orensano de Montevideo", Jesús Vázquez Martínez, a Manuel Suárez Suárez para facerlles chegar as seguintes enquisas con información societaria:
- "As Sociedades Galegas no Mundo"
- Censo Cultural, "Medios de Comunicación"
- Censo Cultural, "Entidades"
Carta enviada a María Xosé Rodríguez Galdo, Directora do Arquivo da Emigración Galega e Secretaria Xeral do Consello da Cultura Galega, por Iolanda Díaz Gallego, Presidenta da asociación "O Penedo Fogar Galego", o 19 de febreiro de 1997, en resposta á súa solicitude de información mediante a enquisa "Fontes documentais das sociedades galegas" (3 páxinas), conservada en formato papel (fotocopia).
O Penedo Fogar GalegoCarta enviada por Begoña Gómez Hernández, Bibliotecaria da sociedade "Lar Gallego de Pamplona" o día 30/10/1996 a María Xosé Rodríguez Galdo, Directora do Arquivo da Emigración Galega, en resposta á súa anterior no que enviaban unha enquisa e solicitude de información societaria.
Adxuntan a enquisa, un número da revista vixente, que incorpora o programa de festas patronais en honor de Santiago Apóstolo e os Estatutos societarios.
Lar Gallego de PamplonaCarta enviada por Carlos de Blas Armada, da "Enxebre Orden da Vieira" o día 09/12/1996 a María Xosé Rodríguez Galdo, Directora do Arquivo da Emigración Galega, en resposta á súa anterior no que enviaban unha enquisa e solicitude de información societaria.
Adxuntan a enquisa e unha memoria cos datos máis significativos da Orde, as actividades desenvolvidas e as súas publicacións.
Enxebre Orde da VieiraCarta enviada polo Presidente do Grupo Galego de Aarau, Evaristo Lago, a Marcelino X. Fernández Santiago, coordinador do Arquivo da Emigración Galega do Consello da Cultura Galega, o día 13/10/1998, en contestación á súa solicitude de información. Nela informan do seu recente cambio de dirección.
Documentación adxunta:
- Enquisa "As sociedades galegas no mundo", 8 páxinas, tamaño A4.
- Portada, índice e primeira páxina do número 1 (set. 1998) da revista "Unión do galego" (fotocopias)
- Emblema societario (fotocopias)
- Carné de socio do Presidente (fotocopias)
Carta enviada polo Presidente do Centro Galego Nós, Rogelio Martínez Lodos, a Anxos Sumai, da Área de Documentación do Consello da Cultura Galega, o día 09 de febreiro de 2004, para facerlles envío de documentos editados pola sociedade, conservada en formato papel.
Centro Gallego NósCarta enviada polo Alcalde de Viveiro, José Marqués, ao representante da sociedade, Justo Taladrid Catá, o día 30/04/1919, sobre a concesión da Cruz de 1ª clase da Orde civil de Beneficencia á sociedade, conservada en formato dixital.
Vivero y su comarcaCarta enviada pola Secretaria Xeral do Centro de Estudos Galegos, Madel Rosario Albán, ao Secretario do Consello da Cultura Galega, Manuel Suárez Suárez, o día 12/07/1991, para explicarlle o motivo polo que non respostaron á súa solicitude previa de información, conservada en formato papel.
Centro de Estudos Galegos de Salvador de BahiaCarta enviada o día 30/03/2000 por Jaime Souto Capelet, Delegado de Cultura da Casa de Galicia de Bilbao, ao Arquivo da Emigración Galega do Consello da Cultura Galega, para facerlles chegar unha memoria con información relativa á súa sociedade, conservada en formato papel.
Casa de Galicia de Bilbao