Portugal

Área de elementos

Taxonomía

Código

Nota(s) de alcance

    Nota(s) de fonte

      Nota(s) de despregue

        Termos xerárquicos

        Portugal

        Portugal

        Termos equivalentes

        Portugal

          Termos asociados

          Portugal

            51 Descrición arquivística results for Portugal

            51 results directly related Exclude narrower terms
            ES. GA 15078 ACCG AEG-01-AE-POR-XuvG-05-04-06 · Unidade documental simple · 1956-07-06
            Parte de Fondos do Arquivo da Emigración Galega (AEG)

            Cartel para informar aos socios e socias dun paseo fluvial a bordo do vapor Lisbonense organizado pola entidade no que haberá un baile amenizado pola orquestra Costa Rica. Terá lugar o 6 de xullo de 1956.

            Xuventude de Galicia. Centro Galego de Lisboa
            ES. GA 15078 ACCG AEG-01-AE-POR-XuvG-05-04-22 · Unidade documental simple · 1958-07-22
            Parte de Fondos do Arquivo da Emigración Galega (AEG)

            Informa das distintas actividades organizadas para celebrar o Día de Galicia, na festividade de Santiago Apóstolo. O 24 terá lugar unha conferencia titulada "Tres poetas galegos bilingües (Rosalía de Castro, Curros Enríquez e Eduardo Pondal)", impartida por Carlos A. Areán. O 25 misa en honor do santo e o 27 gran festa campestre de confraternización galego-miñota organizada pola Casa do Minho, para todos os socios e socias de ambas as dúas entidades.

            Xuventude de Galicia. Centro Galego de Lisboa
            ES. GA 15078 ACCG AEG-01-AE-POR-XuvG-05-04-19 · Unidade documental simple · 1958-05-20
            Parte de Fondos do Arquivo da Emigración Galega (AEG)

            Informa da Velada organizada pola Coral do centro "Anaquiños da Terra" en homenaxe ao seu director, Avelino Abuín de Tembra na que haberá unha representación teatral, a actuación da Coral "Cantos y Danzas de Galicia", xogos florais e un concurso de regueifas. A velada remata cun baile para todos os e as socias que queiran asistir. A homenaxe será o 25 de maio de 1958.

            Xuventude de Galicia. Centro Galego de Lisboa
            ES. GA 15078 ACCG AEG-01-AE-POR-XuvG-05-05-01-01 · Unidade documental simple · 1965-03-31
            Parte de Fondos do Arquivo da Emigración Galega (AEG)

            Diploma de socio de honor concedido pola Asemblea de socios da entidade a Ramiro Vidal Carrera, socio fundador número 1 e membro das primeiras directivas da sociedade. A distinción foi outorgada na Asemblea xeral de socios celebrada o 31 de marzo de 1965. O diploma está asinado polo presidente da entidade, Domingo Vázquez Vázquez e o secretario, Gabino Castro Gil .

            Xuventude de Galicia. Centro Galego de Lisboa
            ES. GA 15078 ACCG AEG-01-AE-POR-XuvG-05-04-01 · Unidade documental simple · 1930-06-08
            Parte de Fondos do Arquivo da Emigración Galega (AEG)

            Invitación para asistir a unha conferencia organizada pola entidade co título de "Galicia y sus problemas" impartida por Ramón Salgado. Ademais falarán do mesmo tema Enrique Peinador, Amado Garra, Antonio Prieto Ribas e Ramiro Vidal Carrera. A conferencia terá lugar o 8 de xuño de 1930 na sede da entidade, na Rúa Madalena, nº 259, 1ºA.

            Xuventude de Galicia. Centro Galego de Lisboa
            ES. GA 15078 ACCG AEG-01-AE-POR-XuvG-05-04-25 · Unidade documental simple · 1959-05-10
            Parte de Fondos do Arquivo da Emigración Galega (AEG)

            Invitación para participar nunha homenaxe ao coro da entidade "Anaquiños da Terra". Esta homenaxe está organizada xunto co Centro Español de Lisboa na Festa de Confraternización de ambas entidades de emigrantes.

            Xuventude de Galicia. Centro Galego de Lisboa
            ES. GA 15078 ACCG AEG-01-AE-POR-XuvG-05-04-18 · Unidade documental simple · 1958-05-23
            Parte de Fondos do Arquivo da Emigración Galega (AEG)

            Invitación para asistir a unha conferencia organizada pola entidade co título de "A obra dos galegos na América" impartida polo profesor Luís Soto Fernández. A conferencia tivo lugar o 23 de maio de 1958 na sede da entidade, na Rúa Madalena, nº 259, 1ºA.

            Xuventude de Galicia. Centro Galego de Lisboa
            ES. GA 15078 ACCG AEG-01-AE-POR-XuvG-05-04-17 · Unidade documental simple · 1958-04-19
            Parte de Fondos do Arquivo da Emigración Galega (AEG)

            Invitación para asistir ao festival artístico e danzante que se vai celebrar nos salóns de "Espelho da Agua" para os socios. Haberá actuación da coral galega "Anaquiños da Terra" integrada polos socios e socias da entidade e un baile.

            Xuventude de Galicia. Centro Galego de Lisboa