Europa

Área de elementos

Taxonomía

Código

Nota(s) de alcance

    Nota(s) de fonte

      Nota(s) de despregue

        Termos equivalentes

        Europa

          Termos asociados

          Europa

            28 Descrición arquivística resultados para Europa

            Recorte de prensa de "El Pueblo"
            ES. GA 15078 ACCG AEG-01-AE-UR-UHMor-02-04-02-01 · Unidade documental simple · 1918
            Parte de Fondos do Arquivo da Emigración Galega (AEG)

            Recorte de prensa do n. 220 (08/06/1918) do Seminario Independiente "El Pueblo", cunha nota sobre a próxima apertura dunha escola por parte da sociedade "Unión Hijos de Morgadanes residentes en el Plata", conservado en formato papel (fotocopias).

            Unión Hijos de Morgadanes residentes en el Plata
            ES. GA 15078 ACCG AEG-01-AE-CU-PrLanz-05-03-12 · Unidade documental simple · 1927-05-27
            Parte de Fondos do Arquivo da Emigración Galega (AEG)

            Inventario do mobiliario e material existente no edificio "Progreso de Lanzós" en Vilalba:

            • Relación dos enseres e materiais existentes no edificio mandado construír pola sociedade habaneira "Progreso de Lanzós" na parroquia de Lanzós (Vilalba). Neste documento consta a valoración económica de todos os materiais e da edificación (27 de maio de 1927) (1 páxina mecanografada e asinada polo presidente e secretario da delegación da entidade habaneira en Lanzós)
            Sociedad de Instrucción y Protección "Progreso de Lanzós"
            ES. GA 15078 ACCG AEG-01-AE-BR-CaEPor-05-05-01-01 · Unidade documental simple · 1979
            Parte de Fondos do Arquivo da Emigración Galega (AEG)

            Traballo realizado pola profesora Wilma Ferreira Kreling para obter o grao de maestría no Instituto de Filosofía e Ciências Humanas da Pontificia Universidade Católica do Rio Grande do Sul e dirixido polo profesor Olírio Plínio Colombo.

            Casa de Espanha de Porto Alegre
            ES. GA 15078 ACCG AEG-01-AE-BR-CabStgo-02-04-02-02 · Unidade documental composta · 200?
            Parte de Fondos do Arquivo da Emigración Galega (AEG)

            Tríptico sobre a aprendizaxe de español e danza no Centro "Caballeros de Santiago", conservado en formato papel:

            • Tríptico "Si no habla baila!"
            • Tríptico "Noite Espanhola"
            • Díptico "Aqui, quem nao aprende espanhol, dança"
            • Folla voandeira "La fuerza del español en el mundo"
            Asociación cultural Hispano-Galega Caballeros de Santiago
            Folletos do Instituto Cervantes
            ES. GA 15078 ACCG AEG-01-AE-BR-CaERio-02-04-02-02 · Unidade documental composta · 199?
            Parte de Fondos do Arquivo da Emigración Galega (AEG)

            Folletos editado pola "Casa de Espanha" para publicitar os cursos de español do Instituto Cervantes (223 x 163 mm), conservados en formato papel.

            Casa de Espanha de Rio de Janeiro
            Ficheiro de Socias Remidas
            ES. GA 15078 ACCG AEG-01-AE-BR-HESal-03-02-02-01 · Unidade documental composta · 1885 -
            Parte de Fondos do Arquivo da Emigración Galega (AEG)

            Ficheiro de Socias Remidas, que pola súa antigüedade como socias están eximidas de pago, da "Real sociedade espanhola de beneficência" (709 fichas), conservado en formato dixital.

            Real sociedade espanhola de beneficência , Hospital Espanhol de Bahia
            Ficheiro de Socias Falecidas
            ES. GA 15078 ACCG AEG-01-AE-BR-HESal-03-02-02-02 · Unidade documental composta · 1885 -
            Parte de Fondos do Arquivo da Emigración Galega (AEG)

            Ficheiro de Socias Falecidas da "Real sociedade espanhola de beneficência" (138 fichas), conservado en formato dixital.

            Real sociedade espanhola de beneficência , Hospital Espanhol de Bahia
            Ficheiro de Socias Contribuíntes
            ES. GA 15078 ACCG AEG-01-AE-BR-HESal-03-02-02-03 · Unidade documental composta · 1885 -
            Parte de Fondos do Arquivo da Emigración Galega (AEG)

            Ficheiro de Socias Contribuíntes da "Real sociedade espanhola de beneficência" (325 fichas), conservado en formato dixital.

            Real sociedade espanhola de beneficência , Hospital Espanhol de Bahia
            ES. GA 15078 ACCG AEG-01-AE-CU-PrLanz-05-03-09 · Unidade documental simple · 1930-12-12
            Parte de Fondos do Arquivo da Emigración Galega (AEG)

            Poder notarial feito pola sociedade habaneira "Progreso de Lanzós" para o Consello de Instrución de Lanzós, como delegados da entidade en Galicia:

            • 1 copia do documento notarial que concede poder legal á delegación de "Progreso de Lanzós" en Vilalba para actuar no nome da entidade habaneira (A Habana, 12 de decembro de 1930) (6 páxinas mecanografadas)
            Sociedad de Instrucción y Protección "Progreso de Lanzós"
            ES. GA 15078 ACCG AEG-01-AE-CU-PrLanz-05-03-10 · Unidade documental simple · 1932-02-22
            Parte de Fondos do Arquivo da Emigración Galega (AEG)

            Poder notarial feito pola sociedade habaneira "Progreso de Lanzós" para o Consello de Instrución de Lanzós, como delegados da entidade en Galicia:

            • 1 copia do documento notarial que concede poder legal á delegación de "Progreso de Lanzós" en Vilalba para actuar no nome da entidade habaneira (A Habana, 22 de febreiro de 1932) (5 páxinas mecanografadas)
            Sociedad de Instrucción y Protección "Progreso de Lanzós"
            ES. GA 15078 ACCG AEG-01-AE-CU-PrLanz-05-03-03 · Unidade documental composta · 1928-1930
            Parte de Fondos do Arquivo da Emigración Galega (AEG)

            7 cartas da correspondencia mantida entre a sociedade habaneira e a delegación da entidade en Lanzós así como cos veciños da parroquia sobre o alugueiro da primeira planta do edificio social construído en Lanzós polos emigrantes desta parroquia residentes na illa de Cuba (22 páxinas):

            • 1 Carta enviada dende A Habana polo presidente da xunta directiva de "Progreso de Lanzós" á súa delegación en Galicia explicando os motivos da súa decisión de alugar a planta baixa do edificio da sua propiedade ao concello de Vilalba por 5 anos para o seu uso como escola (19 de xaneiro de 1928) (2 páxinas mecanografadas e asinadas polo presidente, Antonio Tenreiro Piñeiro)
            • 1 Carta enviada dende A Habana polo presidente da xunta directiva de "Progreso de Lanzós" á súa delegación en Galicia ratificando a decisión de alugar a planta baixa do edificio da sua propiedade ao concello de Vilalba por 5 anos para o seu uso como escola. Decisión aprobada en xunta xeral de socios. (3 de febreiro de 1928) (1 páxina mecanografada e asinada polo secretario da sociedade, Antonio Castro)
            • 1 Acta do Consejo de Instrucción de Lanzós, enviada á entidade da Habana do 19 de agosto de 1928, no que fan constar a súa postura contraria a alugar o edificio (1 páxina mecanografada e asinada por Cosme Sacido como presidente e o secretario, Enrique Ramil).
            • 1 Carta enviada polo Sindicato "Juventud Agraria de Lanzós" á sociedade habaneira. Trata sobre a reunión que fixeron no seu edificio os veciños das parroquias de San Martiño e San Salvador de Lanzós para tratar o tema da «Escuela Nacional» que o concello quere instalar no edificio social de "Progreso de Lanzós", feito do que son contrarios (14 de decembro de 1930) (6 páxinas mecanografadas e asinadas por Crisanto Ramudo como presidente e José Carballeira, secretario).
            • 1 Carta enviada dende Lanzós á sociedade "Progreso de Lanzós" de A Habana por un grupo de veciños para amosar a súa oposición a instalar no edificio "Progreso de Lanzós" dúas escolas «regidas por el Estado» e solicitan que non aluguen o edificio a tal fin. A carta leva a sinatura de moitos dos veciños da parroquia de Lanzós. (20 de setembro de 1930) (2 páxinas mecanografadas e con sinaturas autógrafas).
            • Carta enviada dende A Habana polo presidente da xunta directiva de "Progreso de Lanzós" á súa delegación en Galicia na que transcriben a carta enviada polo alcalde de Vilalba solicitando o alugueiro do edificio social (20 de marzo de 1930) (2 páxinas mecanografadas)
            • 1 Carta enviada dende A Habana da sociedade "Progreso de Lanzós" aos veciños de Lanzós, titulada MANIFESTO explicando os motivos da súa decisión (2 de novembro de 1930) (3 páxinas mecanografadas)
            Sociedad de Instrucción y Protección "Progreso de Lanzós"
            Convite a nomeamento
            ES. GA 15078 ACCG AEG-01-AE-ES-Pene-05-05-02-01 · Unidade documental simple · 1990
            Parte de Fondos do Arquivo da Emigración Galega (AEG)

            Convite ao nomeamento como Presidenta de Honra da sociedade "O Penedo Fogar Galego" á Condesa de Fenosa, Carmela Arias Díaz de Rábago, o día 01/12/1990, conservado en formato papel.

            O Penedo Fogar Galego