Unidad documental compuesta 02 - Folletos sobre presentacións de libros

Área de identidad

Código de referencia

ES. GA 15078 ACCG AEG-01-AE-ES-CGB-05-02-01-02

Título

Folletos sobre presentacións de libros

Fecha(s)

  • 2006 - (Creación)

Nivel de descripción

Unidad documental compuesta

Volumen y soporte

4 folletos

Área de contexto

Nombre del productor

(1892 ata a actualidade)

Historia administrativa

As orixes do Centro Galego de Barcelona remóntanse a 1892, pero no es hasta el 1923 que un grupo de emigrantes galegos deciden darlle forma legal á entidade. Foi inaugurado o ano 1923, como unha entidade de carácter recreativo, producíndose pronto problemas internos como a escisión no ano 31 dun grupo de socios que fundarían o "Centro Cultural Galego". Ambas entidades desapareceron a causa da guerra civil.
O 30 de xullo de 1946, como continuación da Peña Galega "A Casa da Troia" constituíuse a "Casa de Galicia", sendo o seu primeiro presidente Santiago Guisán Pardo. En maio de 1947 aproban os estatutos da sociedade artística "Cantigas e Aturuxos" e o 25 de xaneiro de 1948, en asembleia extraordinaria apróbase a fusión de ambalas dúas entidades creando o actual "Centro Gallego de Barcelona".
Ese mesmo ano aproban os estatutos donde aparecen os fins da nova entidade: crear e manter Centros e Seccións especiais de ensino e capacitación técnica en beneficio dos asociados; fomentar a divulgación das Artes entre todos os socios e simpatizantes, promovendo e protexendo a celebración de exposicións, conferencias, visitas, museos e coleccións, así como a formación de tertulias e demais actividades análogas; socorrer, dentro das súas posibilidades, a cantos galegos, transeúntes ou residentes en Barcelona o solicitasen; ofrecer previsión e mutua protección entre os socios, para o que se crean seccións de Montepío, Bolsa de Traballo; abrir un consultorio médico para dar asistencia clínica aos socios e crear un economato e outros similares.
En 1934 crean a Coral "Lonxe da Terra" baixo a batuta do mestre Castells e que sería refundada en 1989. O 4 de marzo de 1948 sae a luz o primeiro número de "Alborada", órgano oficial da entidade e que se segue a publicar hoxe en día.
Fundan baixo a dirección de Xosé Luís Foxo Rivas o ano 1977, unha escola de gaitas e danzas chamada "Toxos e Xestas" de gran repercusión cultural e artística en toda Cataluña e contan cun grupo de teatro "Lonxe da Terra".
O centro ten a súa sede nas Ramblas, Caputxins 35-37, que pasa a ser da súa propiedade no ano 1992. Alí está a biblioteca "Otero Pedrayo", inaugurada en 1979, cuns importantes fondos en literatura galega.
Actualmente organizan actividades recreativas e culturais como bailes, conferencias, exposicións; ofertan cursos de lingua galega e convocan un Premio de narrativa "Manuel Casado Nieto". Ademais, colabora na posta en marcha de emisoras de radio como "Radio Amistad", clausurada en xuño de 1985 e "Radio Celta", inaugurada en abril de 1985.

Institución archivística

Historia archivística

Origen del ingreso o transferencia

Área de contenido y estructura

Alcance y contenido

Folletos publicitarios e convites sobre presentacións de libros, conservados en formato papel:

  • Folla voandeira (95 x 214 mm): Convite á presentación do libro "Sueños y secretos de una saga" o 17/06/2006.
  • Díptico (96 x 213 mm): Convite á presentación do libro "O estado e a política en tempos de globalización" o 17/11/2006.
  • Díptico (100 x 213 mm): Convite á presentación do libro "Coloquio-homenaxe a Xosé Lois García" o 10/02/2007.
  • Políptico (210 x 210 mm): Publicidade da publicación en 2008 do libro "Máis que nós, ninguén" con motivo do 115º centenario do Centro Galego de Barcelona, co texto en galego, castelán e catalán.

Valorización, destrucción y programación

Acumulaciones

Aberto a novos ingresos

Sistema de arreglo

Área de condiciones de acceso y uso

Condiciones de acceso

Consulta en sala para investigadores e demais persoas interesadas na temática migratoria

Condiciones

Permítese a súa reprodución dixital ou reprográfica

Idioma del material

  • catalán

  • español

  • gallego

Escritura del material

  • latín

Notas sobre las lenguas y escrituras

Características físicas y requisitos técnicos

Instrumentos de descripción

Área de materiales relacionados

Existencia y localización de originales

A propia institución e Arquivo da Emigración Galega - CdC

Existencia y localización de copias

Unidades de descripción relacionadas

Descripciones relacionadas

Área de notas

Notas

O AEG conserva tres exemplares da publicidade de "Máis que nós, ninguén"

Identificador/es alternativo(os)

Puntos de acceso

Puntos de acceso por lugar

Puntos de acceso por autoridad

Tipo de puntos de acceso

Área de control de la descripción

Identificador de la descripción

Identificador de la institución

Reglas y/o convenciones usadas

NOGADA

Estado de elaboración

Borrador

Nivel de detalle

Parcial

Fechas de creación revisión eliminación

Creado por Adriana Cousillas o 17/06/2019

Idioma(s)

  • gallego

Escritura(s)

  • latín

Fuentes

Área de Ingreso