Área de identidade
Código(s) de referencia
Título
Data(s)
- 1989 - (Creación)
Nivel de descrición
Extensión e medio
5 follas voandeiras
Área de contexto
Nome do creador
Historia administrativa
As orixes do Centro Galego de Barcelona remóntanse a 1892, pero no es hasta el 1923 que un grupo de emigrantes galegos deciden darlle forma legal á entidade. Foi inaugurado o ano 1923, como unha entidade de carácter recreativo, producíndose pronto problemas internos como a escisión no ano 31 dun grupo de socios que fundarían o "Centro Cultural Galego". Ambas entidades desapareceron a causa da guerra civil.
O 30 de xullo de 1946, como continuación da Peña Galega "A Casa da Troia" constituíuse a "Casa de Galicia", sendo o seu primeiro presidente Santiago Guisán Pardo. En maio de 1947 aproban os estatutos da sociedade artística "Cantigas e Aturuxos" e o 25 de xaneiro de 1948, en asembleia extraordinaria apróbase a fusión de ambalas dúas entidades creando o actual "Centro Gallego de Barcelona".
Ese mesmo ano aproban os estatutos donde aparecen os fins da nova entidade: crear e manter Centros e Seccións especiais de ensino e capacitación técnica en beneficio dos asociados; fomentar a divulgación das Artes entre todos os socios e simpatizantes, promovendo e protexendo a celebración de exposicións, conferencias, visitas, museos e coleccións, así como a formación de tertulias e demais actividades análogas; socorrer, dentro das súas posibilidades, a cantos galegos, transeúntes ou residentes en Barcelona o solicitasen; ofrecer previsión e mutua protección entre os socios, para o que se crean seccións de Montepío, Bolsa de Traballo; abrir un consultorio médico para dar asistencia clínica aos socios e crear un economato e outros similares.
En 1934 crean a Coral "Lonxe da Terra" baixo a batuta do mestre Castells e que sería refundada en 1989. O 4 de marzo de 1948 sae a luz o primeiro número de "Alborada", órgano oficial da entidade e que se segue a publicar hoxe en día.
Fundan baixo a dirección de Xosé Luís Foxo Rivas o ano 1977, unha escola de gaitas e danzas chamada "Toxos e Xestas" de gran repercusión cultural e artística en toda Cataluña e contan cun grupo de teatro "Lonxe da Terra".
O centro ten a súa sede nas Ramblas, Caputxins 35-37, que pasa a ser da súa propiedade no ano 1992. Alí está a biblioteca "Otero Pedrayo", inaugurada en 1979, cuns importantes fondos en literatura galega.
Actualmente organizan actividades recreativas e culturais como bailes, conferencias, exposicións; ofertan cursos de lingua galega e convocan un Premio de narrativa "Manuel Casado Nieto". Ademais, colabora na posta en marcha de emisoras de radio como "Radio Amistad", clausurada en xuño de 1985 e "Radio Celta", inaugurada en abril de 1985.
Repositorio
Historia do arquivo
Fonte inmediata de adquisición ou transferencia
Área de contido e estructura
Alcance e contido
Folletos sobre exposicións organizadas polo "Centro Gallego de Barcelona", conservados en formato papel:
- 1 folla voandeira (220 x 160 mm): Exposición de pintores galegos en Barcelona os días 11/03-02/04/1989.
- 1 folla voandeira (212 x 152 mm): Exposición de pintura de Pilar Carro Hernández os días 20/10-10/11/1990.
- 1 folla voandeira (214 x 134 mm): Mostra de pintura de Silvia González Armesto os días 20/10-10/11/1990.
- 1 folla voandeira (80 x 183 mm): Mostra de ilustración de autores galegos entre o 16/11/2006 e o 14/01/2007.
- 1 folla voandeira (110 x 138 mm): Mostra de pintura de Silvia González Armesto en decembro de 2006.
Valorización, destrucción e programación
Acumulacións
Aberto a novos ingresos
Sistema de arranxo
Área de condicións de acceso e uso
Condicións que rixen o acceso
Consulta en sala para investigadores e demais persoas interesadas na temática migratoria
Condicións
Permítese a súa reprodución dixital ou reprográfica
Idioma do material
Catalán
Español
galego
Escritura do material
latino
Language and script notes
Características físicas e requerimentos técnicos
Instrumentos de descrición
Área de materiais relacionados
Existencia e ubicación de orixinais
A propia institución e Arquivo da Emigración Galega - CdC
Existencia e localización de copias
Unidades de descrición relacionadas
Área de notas
Nota
Folla voandeira de 1989, doazón de Manuel Carrete, do Centro Galego de Barcelona.
Identificador(es) alternativo(s)
Puntos de acceso
Puntos de acceso á área temática
Nome dos puntos de acceso
- Centro Gallego de Barcelona (Tema)
Genre access points
Área de control da descrición
Identificador da descrición
Identificador da institución
Regras e/ou convencións usadas
NOGADA
Estado de elaboración
Nivel de detalle
Datas de creación revisión eliminación
Creado por Adriana Cousillas o 17/06/2019
Idioma(s)
galego
Escritura(s)
latino