Área de identidad
Código de referencia
Título
Fecha(s)
- 1984? - (Creación)
Nivel de descripción
Volumen y soporte
1 boletín
Área de contexto
Nombre del productor
Historia administrativa
O Centro Espanhol de Santos é unha institución centenaria cunha historia que se confunde coa historia da cidade de Santos e a dos españois en Brasil.
Foi fundada na rúa Marqués de Herval. Alí tivo lugar unha reunión presidida por José V. Borjat, iniciador da idea, e con asistencia de José Pascual Gómez, Eduardo Bun Parada, Juan V. Borjat, Segundo Lobariñas Fernández e Evano Pérez Rodriguez, entre outros. Esta reunión tiña o obxectivo de fundar unha sociedade española que agrupase a todos os españois residentes en Santos e arredores. Xa dende o primeiro momento teñen a idea de mercar un solar onde edificar unha sede social da súa propiedade. Nun primeiro momento chaman a nova sociedade “Casino Espanhol de Santos”.
A súa primeira directiva estivo integrada por: Manuel Troncoso, como presidente; vicepresidente, Justino Flores Fernández; secretario, Geraldo Santiago Álvarez; vicesecretario, José V. Bojart; tesoureiro, Juan Estévez Martínez; contador, José María Molinos; procuradorees: Antonio Vázquez Quintela, Manuel Alonso Fernández, Felipe Vidal Ribas; vogais: Guillermo Linares, Eduardo Parada, Francisco Gimeno, José Rodríguez Pérez, Segundo Lobariñas, Juan V. Bojart, Francisco Gómez Fernández, José Fernández Domínguez,José Souto Domínguez, Rufino Fernández, Antonio Araújo e Juan Antonio Cividades; bibliotecario, José Pascual Gómez e síndicos: Antonio Alonso Fernández, Miguel García e Miguel Vázquez.
O 14 de marzo dese mesmo ano mercan un solar de 750m² situado na rúa Aguiar de Andrade, no barrio do Paquetá, onde pronto comezan a facer un gran palacete. Esta será a súa sede social ata o ano 1963. Nese ano tamén cambian o nome da entidade polo de Centro Espanhol de Santos.
Seguindo o seu exemplo, outro grupo de emigrantes, moitos socios da entidade, deciden crear unha nova asociación baixo o nome de “Sociedade Espanhola de Repatriaçâo de Santos”, co fin principal de dar axuda económica a aqueles asociados que tivesen que repatriarse ao terruño. Esta era unha das necesidades máis perentorias desa época entre a colectividade. En 1955 ambas as dúas entidades fusionánse e pasan a denominarse “Centro Espanhol e Repatriaçâo de Santos”.
Xa en 1971, a sociedade "Club e Juventud espanhola" se integra no Centro Espanhol para lograr unha maior presenza na colectividade e maiores logros na defensa dos seus intereses.
O Centro organiza numerosas actividades recreativas como bailes, banquetes, celebración de festas e datas festivas como o Día de Santiago Apóstol, a Festa da Hispanidade, San Xosé ou as chamadas "Noites galegas". Non esquece as actividades culturais como organizar ciclos de conferencias, etc.
Dende 1984, manteñen un colexio de ensinanza da lingua e cultura española chamado Alfonso X, el Sabio.
Conta cun grupo de baile e gaitas chamado "Semente Nova", formado polos fillos dos socios; e tamén un grupo folclórico "Caminos de España", con 6 músicos, 40 bailaríns e 7 membros do coro. Ambos grupos actúan en diversas festas da colectividade por todo Brasil e mesmo en Galicia.
Teñen tamén actividades deportivas como a práctica da natación, xinnasia, karate, escola de ping-pong, etc.
Non memos importantes son as numerosas accións asistenciais a favor dos socios: visitas a socios enfermos nas súas casas e hospitais; tramitar convenios e axudas para lograr descontos aos socios necesitados, en asistencia médica, en tendas ou supermercados, ópticas, librarías etc.
Como voceiro social editan o xornal "Hispanidad".
Institución archivística
Historia archivística
Origen del ingreso o transferencia
Área de contenido y estructura
Alcance y contenido
Esta publicación é o voceiro oficial do Centro Español y Repatriación de Santos para informar aos seus socios sobre as actividades organizadas por esta entidade e por outras como o Consejo de Residentes Españoles, o consulado español, etc. Aprecen tamén os horarios dos cursos organizados por eles ou do seu Consultorio médico, directorio, actividades deportivas, etc.
Números conservados en formato papel:
1989: xullo-setembro
1997: n. 5, 8, 11, 13, 15
1998: n. 16-18, 20, 22, 24-27
1999: n. 29-39
2000: n. 40-47, 50-51
2001: n. 52-53, 55-60, 62
2002: n. 63-64, 66
2003: n. 73-74
2004: n. 80 (especial)
Valorización, destrucción y programación
Acumulaciones
Aberto a novos ingresos
Sistema de arreglo
Área de condiciones de acceso y uso
Condiciones de acceso
Consulta en sala para investigadores e demais persoas interesadas na temática migratoria
Condiciones
Permítese a súa reprodución dixital ou reprográfica
Idioma del material
portugués de Brasil
Escritura del material
latín
Notas sobre las lenguas y escrituras
Características físicas y requisitos técnicos
Instrumentos de descripción
Área de materiales relacionados
Existencia y localización de originales
A propia institución e Arquivo da Emigración Galega - CdC
Existencia y localización de copias
Unidades de descripción relacionadas
Área de notas
Notas
Variacións no título:
Dende o n. 13 (1993) consta como: Jornal Hispanidad : Órgâo informativo do Centro Español y Repatriación de Santos
Dende o n. 73 (2003) consta como: Hispanidad : boletim infromativo bimestral do Centro Español y Repatriación de Santos
Identificador/es alternativo(os)
Puntos de acceso
Puntos de acceso por materia
Puntos de acceso por lugar
Puntos de acceso por autoridad
- Centro Espanhol e Repatriaçâo de Santos (Materia)
Tipo de puntos de acceso
Área de control de la descripción
Identificador de la descripción
Identificador de la institución
Reglas y/o convenciones usadas
NOGADA
Estado de elaboración
Nivel de detalle
Fechas de creación revisión eliminación
Creado por Adriana Cousillas o 10/05/2019
Idioma(s)
gallego
Escritura(s)
latín