Publicación editada con motivo da celebración do XVIII aniversario fundacional da entidade. Conta con dedicatorias de persoeiros como o cónsul de España en Lisboa ou a fotografía dedicada do Rei Alfonso XIII. Aparece tamén unha pequena historia da sociedade e algúns poemas dos pais da literatura galega como Rosalía de Castro, Curros Enríquez, Eduardo Pondal etc.
Recorte de prensa no que se anuncian os gañadores dos Xogos Florais do Idioma Galego.
En 1968 a colectividade galega de Bos Aires organiza, aproveitando a celebración do Día Nacional de Galiza, os Xogos Florais do Idioma Galego. Constaban de 4 premios (“Rosalía”, “Pondal”, “Rañas” e “Cornide”), e foron organizados por Manuel Puente. O seu mantedor foi Xosé Luís Méndez Ferrín. Os principais poetas premiados foron Celso Emilio Ferreiro, Xosé Sesto López e Manuel María Fernández Teixeiro.
Coral galega Os RumorososPublicación editada con motivo da celebración do XIX aniversario fundacional da entidade celebrado o 10 de novembro de 1927. Conta con dedicatorias de persoeiros como o cónsul de España en Lisboa, F. Somoza e fotografías dedicadas dos reis de España e do presidente do goberno, Miguel Primo de Rivera. Consta de noticias sobre as actividades da colectividade galega en Lisboa e da entidade. Hai artigos sobre Galicia e sobre a súa literatura, ademais da reprodución de poemas en galego de Rosalía de Castro, Curros Enríquez, Eduardo Pondal, Antonio Varela Noriega etc.
Vídeo institucional da sociedade, realizado en 2007.
Asociación cultural Hispano-Galega Caballeros de SantiagoFolleto "Valoración de Pondal" de Luis Tobío editado por Ronsel e Casa de Galicia de Montevideo, conservado en formato papel.
Casa de Galicia de MontevideoLibro de Actas das reunións das Xuntas Xerais de socios da "Sociedad de Instrucción Unión Barcalesa", conservados en formato dixital e impreso. Contén 83 actas dende o 22/01/1912 ata o 22/08/1929
Unión BarcalesaFolleto "Unha terra... un pobo... e unha fala : recital de poesías musicalizadas, complementado con aires populares y melódicos romances" editado pola sociedade "Centro Gallego de Montevideo", coa participación de Cristina Fernández, no 106 aniversario social, conservado en formato papel.
Centro Gallego de MontevideoRecorte de prensa no que se anuncia a traducción ao galego da epopeia arxentina "Martín Fierro" da man do escritor asturiano Bernaldo Souto.
Coral galega Os RumorososActa do 9 de xullo de 1917 coa toma de posesión da primeira xunta directiva da "Sociedad Estudiantil Concepción Arenal", que tivo lugar o 1 de xaneiro de 1917, conservada en formato dixital e impreso.
Sociedad Estudiantil Concepción Arenal1 Diploma honorífico co nomeamento de Tesoureiro de Honra a nome de Antonio Tenreiro Roca (1959) (1 páxina)
Sociedad de Instrucción y Protección "Progreso de Lanzós"Texto mecanografado "Miradoiro : (guía poética de Galicia)" escrito por Daniel Pato Movilla en 1990 e adicado á "Casa de Galicia en Valladolid", conservado en formato papel.
Casa de Galicia de ValladolidTarxeta societaria de José Rodríguez Gutiérrez, Presidente da Casa de Galicia de Bruselas, co emblema societario, conservada en formato papel.
Casa de Galicia de BruselasTarxeta da "Sociedade de socorros mútuos e beneficiente Rosalía de Castro", co emblema societario, conservada en formato papel.
Sociedade de socorros mútuos e beneficiente Rosalía de CastroTarxeta de presentación do "Coro Alborada" da Casa de Galicia de París, conservada en formato papel (fotocopia).
Casa de Galicia de ParísTarxeta social do Centro Galego A Nosa Terra de Zug co emblema societario, conservada en formato papel.
Centro Galego de Zug “A Nosa Terra”Tarxeta social da Comisión de Visita a Enfermos da "Sociedad de Beneficencia de Naturales de Galicia" co troquelado SBNG e o selo da "Federación de Sociedades Gallegas de Cuba y sus descend.", conservada en formato papel.
Sociedad de Beneficencia de Naturales de GaliciaTarxeta social do Presidente do "Centro deportivo y social de bolos Valle Miñor", Álvaro Alonso Valverde, conservada en formato papel.
Centro deportivo y social de bolos Valle MiñorTarxeta postal de felicitación de nadal enviada polo "Centro Gallego de Tres Cantos" (2010)
Centro Gallego de Tres CantosTarxeta Postal enviada pola "Casa de Galicia de El Puerto de Santa María Cádiz" para felicitar o Ano Novo 2005, conservada en formato papel.
Casa de Galicia de El Puerto de Santa MaríaTarxeta postal enviada dende a Casa de Galicia en Santurce como felicitación navideña, conservada en formato papel.
Casa de Galicia en Santurce